Emberícidos

(Redirección desde «Emberizidae»)
Emberícidos
(Emberizadae)

Emberiza citrinella
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Emberizidae
Vigors, 1835
Xéneros

ver texto

A dos emberícidos[1] (Emberizidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes presente en todos os continentes excepto en Oceanía e na Antártida.

O grupo ten maior biodiversidade nas Américas, e os seus membros reciben o nome de escribentes[2], escribidoras[2] ou escribentas (e en Noreamérica, ás veces, pardais (sparrows) do Novo Mundo, aínda que constitúa un clado distinto da familia dos pardais, os paséridos).

Comprende uns 30 xéneros e 179 especies, cuxa clasificación aínda se encontra en debate e, ás veces, agrúpanse cos frinxilídos.

O grupo ocupa unha enorme diversidade de hábitats terrestres, en climas temperados, tropicais e subtropicais e nas rexións polares, que inclúen zonas áridas, desérticas, agrícolas, de bosque, de tundra e pantanosas.

Características

editar

Os emberícidos son aves de pequeno a mediano tamaño, de entre 10 e 25 cm de lonxitude. Os machos son un pouco maiores que as femias e, nas especies onde o dimorfismo sexual está presente, teñen cores máis brillantes. O bico é curto e cónico, adaptado a unha alimentación a base de sementes e insectos (estes últimos, especialmente nos individuos novos). A maior parte das especies non beben auga.[3]

A época de reprodución ocorre no verán ou, nas zonas tropicais, na época das chuvias. A maioría das especies forman parellas monogámicas, aínda que hai excepcións.[4] O niño constrúeno no solo ou en árbores, con anacos de pólas e follas, e nunca é reaproveitado. As femias poñen entre 3 e 5 ovos de cor branca ou azulada, que incuban soas ao longo dun período de 11 a 14 días. Os polos son bastante precoces e fanse independentes en menos dun mes, atinxindo a madurez sexual ao fin do primeiro ano de vida.

Os embericídos son aves diúrnas e bastante territoriais na época da reprodución. Algunhas especies, especialmente as que viven en elevadas latitudes, son migratorias. Dentro do grupo só os machos emiten vocalizacións.

A IUCN non lista ningunha especie do grupo en perigo de extinción pero as poboacións de emberícidos están declinando a escala mundial, debido á perda de hábitats e á deforestación.

Pénsase que os emberícidos evolucionaron en América, migrando despois para Asia e Europa vía estreito de Bering.

Sistemática

editar

A clasificación dos emberícidos está nun proceso de profunda revisión.[5][6][7][8]

Xéneros

editar

Os xéneros que tradicionalmente se inclúen nesta gran familia son:

En Galicia

editar

En Galicia están presentes as seguintes especies:[9][10]

Emberizidae
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC [11]
Distribución
Imaxe
Notas
Emberiza citrinella
Lacépède, 1804
Escribenta real
VU [12]
    Especie de interese especial. Sedentaria.
Emberiza cirlus
Lacépède, 1804
Escribenta liñaceira
LC [13]
    Especie de interese especial. Sedentaria.
Emberiza cia
Lesson, 1828
Escribenta riscada
LC
    Especie de interese especial. Sedentaria.
Emberiza hortulana
Linnaeus, 1758
Escribenta das hortas
VU
    Especie de interese especial. Sedentaria. Presenza rara.
Emberiza schoeniclus
Linnaeus, 1758
Escribenta das canaveiras
VU
    Especie de interese especial. Sedentaria. Presenza escasa.
Miliaria calandra
Schreber, 1774
Trigueiro común
LC
    Especie de interese especial. Sedentaria.

Ademais das consignadas no cadro anterior, hai citas doutras dúas especies, ambas as dúas de distribución moi setentrional: a escribenta das neves, ou nival, Plectrophenas nivalis (Linné), que, aínda que escasa, pode considerarse como visitante habitual nas costas galegas, especialmente en invernos moi fríos, e a Calcarius lapponicus (Linné), que foi observada accidentalmente na costa de Bares.[14]

  1. Definición de Emberícidos no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escribente.
  3. Baptista, Luis F. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds. (Joseph Forshaw, ed.). London: Merehurst Press. ISBN 1-85391-186-0, pp. 210-212.
  4. Baptista, L. F. Op. cit.
  5. Burns, K. J., S. J. Hackett, e N. K. Klein (2002): "Phylogenetic relationships and morphological diversity in Darwin's finches and their relatives". Evolution 56 (6): 1240-1252.
  6. Lougheed, S.C., J. R. Freeland, P. Handford e P. T. Boag. (2000): "A molecular phylogeny of warbling-finches (Poospiza): paraphyly in a Neotropical emberizid genus". Mol. Phylogenet. Evol. 17: 367-378.
  7. Burns, K. J., S. J. Hackett, e N. K. Klein. (2003): "Phylogenetic relationships of Neotropical honeycreepers and the evolution of feeding morphology". J. Avian Biology 34: 360-370.
  8. Yuri, T., e D. P. Mindell (2002): "Molecular phylogenetic analysis of Fringillidae, "New World nine-primaried oscines" (Aves: Passeriformes)". Mol. Phylogen. Evol. 23: 229-243.
  9. Consello da Cultura Galega/Sociedade Galega de Historia Natural (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo II. Aves.. Santiago de Compostela: CCG/SGHN. ISBN 84-87172-89-X, pp. 554-562.
  10. Penas Patiño, Xosé M., Carlos Pedreira López e Carlos Silvar (1991): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Bahia/Edicións. ISBN 84-87674-06-2, pp. 308-311.
  11. Estado de conservación.
  12. Vulnerábel.
  13. Pouco preocupante.
  14. Penas Patiño et. al., Op. cit, p. 306-307.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar