A tundra (do saami "tunturi", chaira desprovista de árbores) é un terreo aberto e chan, de clima subglacial e subsolo xeado, carente de vexetación arbórea; solo cuberto de musgos e liques, e ás veces pantanoso.

Tundra de Alasca en verán

Características editar

Localización editar

Esténdese principalmente polo hemisferio norte: en Siberia, Alasca, norte do Canadá, sur de Groenlandia e a costa ártica de Europa. No hemisferio sur maniféstase con temperaturas moito máis parellas durante o ano e en lugares como o extremo sur de Chile e a Arxentina, illas subantárticas como Xeorxia do Sur e Kerguelen, e en pequenas zonas do norte da Antártida preto ao nivel do mar.

Tamén existe a tundra por efecto de altura, como no Tíbet e en diversos niveis das montañas arredor do mundo.

Clima editar

As tundras atópanse en rexións preto dos polos, onde os invernos son extremadamente fríos, os veráns curtos e frescos. Nelas viven animais como os osos polares, lobos mariños, focas etc.

Vexetación editar

O delgado manto de vexetación está composto de liques, pastos e xuncos con raíces pouco profundas (porque o solo está sempre xeado) o que permite o desenvolvemento dunha extraordinaria fauna.

En verán, co desxeo, aparecen bases e pradarías de plantas anuais. Ademais da escasa vexetación, as poucas plantas que se conservan están acondicionadas para sobrevivir coa escasa calor diúrna e conservan auga no seu interior.