Escribenta das hortas
Escribenta das hortas | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Emberiza hortulana' Linnaeus, 1758 |
A escribenta das hortas,[2] ou escribente hortelán[3], de nome científico Emberiza hortulana, é unha ave da familia das Emberizidae.
Morfoloxía e hábitos
editarÉ unha ave duns 16,5 centímetros de lonxitude e 25 gramos de peso. OS machos presentan unha cabeza gris cunha carúncula ocular marela. A gorxa e queixo son tamén amarelos. O lombo e a rabadilla son pardos, namentres a parte inferior do corpo é cor canela. As femias e xoves son máis discretos e con cores máis esluídas.
É unha ave frecuente nas zonas de agro con árbores dispersas. Tamén se atopa en extensións agrarias amplas e de secaño. Xeralmente o seu límite de distribución son os 1500 metros de altitude, aínda que excepcionalmente pode chegar ós 2000 metros. Aliméntase de sementes e insectos.
Reprodución
editarO período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 4-6 ovos. O niño, con forma de cunca, adoita estar preto do chan. O tempo de incubación é de 13 días. Os polos permanecen no niño entre 9 e 13 días trala eclosión.
Distribución
editarDe abril a setembro é unha ave común en Asia Menor, o Cáucaso e en toda Europa, excepto nas Illas Británicas, o sur da Península Ibérica, o sur de Suecia e amplas zonas de Francia, Alemaña e os Países Baixos. Hiberna na África Tropical. A migración realízaa polas noites.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Emberiza hortulana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 440.
- ↑ Definición de Escribenta das hortas no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.