Troglodítidos
Troglodytidae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Campylorhynchus brunneicapillus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Véxase o texto |
Os troglodítidos (Troglodytidae) son unha ampla familia de aves insectívoras moi numerosa que comprende aproximadamente 80 especies en 19 xéneros. Está distribuída por todo o mundo, pero cun maior número de especies nas Américas, de onde é orixinaria a familia. En Galicia vive a especie Troglodytes troglodytes, o carrizo.
Características
editarA maioría son aves insectívoras, que se alimentan de larvas,eirugas, arañas... pero algunhas especies comen tamén froitos, bagas, moluscos etc.
Aínda que no inverno poden comersementes se falta o alimento, teñen o típico pico fino e puntiagudo das aves insectívoras, que lles permite a caza en voo dos insectos que inxeren. Entre as súas especies están os paxaros máis pequenos de envergadura. Adoitan ser de plumaxe gris, marrón ou avermellado mesturados, como moito, con parches negros ou brancos. Os verdes, amarelos ou azuis están completamente ausentes dentro deste grupo de aves. Son tamén aves con ton apagado e pouco rechamante, para mellorar o seu camuflaxe.
Morfoloxía e hábitat
editarNa familia existen grupos con grandes diferenzas de costumes e morfoloxía. Habitan mesmo enillas remotas e nas partes extremas de rexións árticas, hai especies adaptadas ao clima de alta montaña. Varias especies son divagantes cubrindo grandes distancias desde a súa área de alimentación á súa área de cría.[1]
Xéneros e especies
editarEsta familia agrupa a 19 xéneros e aproximadamente 80 especies, das cales Troglodytes troglodytes é a única non oriúnda de América. Estes son os xéneros e especies que conforman esta familia de acordo cos estudos xenéticos e filoxenéticos e segundo a orde da clasificación do Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC - Versión 4.4, 2014) e de Clements Checklist:[2][3]
Notas
editar- ↑ Mann, Nigel I.; Barker, F. Keith; Graves, Jeff A.; Dingess-Mann, Kimberly A. & Slater, Peter J. B. (2006) Molecular data delineate four genera of "Thryothorus" wrens Arquivado 02 de decembro de 2007 en Wayback Machine.; Molecular Phylogenetics and Evolution 40: 750–759.
- ↑ Martínez Gómez, Juan E.; Barber, Bruian R. & Peterson, A. Townsend (2005) Phylogenetic position and generic placement of the Socorro Wren (Thryomanes sissonii); Auk 122(1): 50–56.
- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, C. L. Wood, and D. Roberson. 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Troglodítidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Troglodítidos |
Bibliografía
editar- Mann, Nigel I.; Barker, F. Keith; Graves, Jeff A.; Dingess-Mann, Kimberly A.; Slater, Peter J. B. (2006). "Molecular data delineate four genera of "Thryothorus" wrens". Molecular Phylogenetics and Evolution 40: 750–759. PMID 16750640. doi:10.1016/j.ympev.2006.04.014.
- Martínez Gómez, Juan E.; Barber, Bruian R.; Peterson, A. Townsend (2005). "Phylogenetic position and generic placement of the Socorro Wren (Thryomanes sissonii)" (PDF). Auk 122 (1): 50–56. doi:10.1642/0004-8038(2005)122[0050:PPAGPO]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2008. Consultado o 28 de xaneiro de 2017.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Vídeos, imaxes e sons Arquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine. - Colección de paxaros, (en inglés).