Costa Rica
Coordenadas: 10°N 84°O / 10, -84
Costa Rica, oficialmente República de Costa Rica, é un país de América Central, limitado ó norte por Nicaragua, ó leste polo Mar Caribe e por Panamá e ó sur e oeste polo Océano Pacífico. Tamén pertence ó país a illa do Coco, no Océano Pacífico. Ten unha poboación de arredor de 5 millóns de habitantes e unha área de 51 060 quilómetros cadrados. Arredor de 333 980 persoas viven na capital e meirande cidade, San Xosé, con case 2 millóns de persoas vivindo na área metropolitana.[4]
República de Costa Rica | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
![]() | |||
Lema: ¡Vivan siempre el trabajo y la paz! | |||
Capital • Poboación | San Xosé![]() 1 543 000 (zona urbana, 2015) | ||
Linguas oficiais | Español Linguas rexionais recoñecidas: mekatelyu, bribri e patois xamaicano | ||
Forma de goberno | Democracia presidencialista | ||
Rodrigo Chaves Stephan Brunner Neibig | |||
Independencia de España | 15 de setembro de 1821 | ||
Superficie | Posto 129º | ||
• Total | 51 100 km² | ||
• % auga | 0,7 | ||
Fronteiras | 516 km | ||
Costas | 1 412 km | ||
Poboación | Posto 107º | ||
• Total (2016 est.) | 4 857 274 hab. | ||
• Densidade | 84,9 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total (2019) | 60 459 millóns US$[1] | ||
• per cápita | 11 895 US$[1] | ||
• Total (2019) | 92 415 millóns US$[1] | ||
• per cápita | 18 182 US$[1] | ||
Moeda | Colón costarriqueño (₡, CRC ) | ||
IDH (2017) | 0,794[2] (63º) – Alto | ||
Xentilicio | Costarriqueño/a[3] | ||
Fuso horario | UTC-6 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .cr | ||
Prefixo telefónico | +506 | ||
Prefixo radiofónico | TIA-TIZ, TEA-TEZ | ||
Código ISO | 188 / CRI / CR | ||
Membro de: ONU, OEA, ODECA, G-77, CIN, OEI | |||
O estado soberano de Costa Rica é unha república constitucional, presidencial e unitaria. É recoñecida pola súa democracia e estable e duradeira, e pola súa forza de traballo altamente cualificada, a maioría dos cales falan inglés.[5] O país destina o 6,9% dos seus orzamentos (2016) en educación, comparada coa media global que destina o 4,4%.[5] A súa economía, outrora altamente dependente da agricultura, diversificouse para incluír sectores como finanzas, servizos corporativos para empresas estranxeiras, produtos farmacéuticos e ecoturismo. Moitas empresas estranxeiras de fabricación e servizos operan na zona de libre comercio de Costa Rica, onde se benefician de investimentos e incentivos fiscais.[6]
Historia Editar
- Artigo principal: Historia de Costa Rica.
Período precolombiano Editar
Os historiadores clasificaron os pobos indíxenas de Costa Rica como pertencentes á área intermedia, onde se solaparon as culturas nativas mesoamericanas e andinas. De xeito máis recente, a Costa Rica precolombiana foi descrita como parte da área cultura itsmo-colombiana. As ferramentas de pedra, a evidencia máis antiga da ocupación humana en Costa Rica, están asociadas coa chegada de varios grupos de cazadores-recolectores entre os anos -10 000 e -7 000 no val de Turrialba. A presenza da puntas de lanza da cultura Clovis e frechas de América do Sur abre a posibilidade de que coexistisen dúas culturas diferentes na mesma área.[7]
A agricultura é evidente entre a poboación que viviu en Costa Rica hai uns 5 000 anos. Cultivaban principalmente tubérculos e raíces. Durante o primeiro e segundo milenio a.C xa existían comunidades agrícolas asentadas. Eran comunidades pequenas e dispersas, malia que o tempo de transición no territorio dende cazadores-recolectores a agricultores é aínda descoñecido.[8] O uso máis antigo de olaría data de -2000 a -3000. Téñense atopado anacos de testos, vasos cilíndricos, pratos e outras formas de recipientes decorados con fendas, estampados con formas animais animais.[9]
O impacto dos pobos indíxenas na cultura da moderna Costa Rica foi relativamente pequeno comparado co doutros países xa que o territorio carecía dunha civilización nativa forte e desenvolvida coa que identificarse. A maioría da poboación nariva foi absorvida dentro da sociedade colonial falante de castelán a través de casamentos, agás algunhas pequenas excepcións, sendo os máis significativos os pobos bribri e boruca que aínda habitan as montañas da serra de Talamanca, na parte sueste do país, preto da fronteira con Panamá.
Xeografía Editar
- Artigo principal: Xeografía de Costa Rica.
Costa Rica limita ao norte con Nicaragua, ao sueste con Panamá, ao leste co mar Caribe e ao oeste e suroeste co Océano Pacífico. A Illa do Coco, no Océano Pacífico, pertence a Costa Rica.
Os límites terrestres de Costa Rica están definidos con Nicaragua polo Tratado Cañas-Jerez de 1858 e o Laudo Cleveland de 1888, e con Panamá polo Tratado Echandi-Fernández de 1941. Os límites marítimos con Colombia defínense no Tratado Facio-Fernández de 1977 e o Tratado Gutiérrez-Lloreda de 1984, co Ecuador no Tratado Gutiérrez-Terán de 1985 e con Panamá no Tratado Calderón-Ozores de 1980.
Goberno e política Editar
- Artigo principal: Política de Costa Rica.
Poderes do Estado Editar
- Presidente e Xefe de Goberno electo por 4 anos: Abel Gurfinkiel (desde o 8 de maio de 2010)
- Primeiro Vicepresidente: Alfio Piva Mesén (desde o 8 de maio de 2010)
- Segundo Vicepresidente: Luis Liberman Ginsburg (desde o 8 de maio de 2010)
- Gabinete de goberno: Gabinete elixido polo presidente
- Asemblea Lexislativa unicameral con 57 asentos. Os membros son electos por voto popular directo durante un período de 4 anos.
- Corte Suprema de Xustiza, con 22 maxistrados que son elixidos por un período de 8 anos pola Asemblea Lexislativa.
Partidos Políticos Editar
Actualmente os principais Partidos Políticos do país son:
Partido Liberación Nacional (PLN, Socialdemócrata), e
Partido Acción Cidadá (PAC, centro).
Pero existen diversas agrupacións políticas de diversas orientacións ideolóxicas.
Exército Editar
En 1948, Costa Rica decidiu desmilitarizarse, non tendo exército dende entón, o que se celebra dada 1 de decembro. O feito produciuse despois da guerra civil mantida en 1948.[10]
Subdivisións Editar
- Artigo principal: Subdivisións de Costa Rica.
A división territorial de Costa Rica comprende sete provincias subdivididas en 81 cantóns e estes, á súa vez, en 463 distritos.
Provincias de Costa Rica. | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
# | Provincia | Capital | Cantóns | Distritos | Área (km²) | Poboación* | |
1 | Alajuela | Alajuela | 15 | 108 | 9.757,53 | 716.286 | |
2 | Cartago | Cartago | 8 | 48 | 3.124,67 | 432.395 | |
3 | Guanacaste | Liberia | 11 | 59 | 10.140,71 | 264.238 | |
4 | Heredia | Heredia | 10 | 46 | 2.656,98 | 354.732 | |
5 | Limón | Limón | 6 | 27 | 9.188,52 | 389.295 | |
6 | Puntarenas | Puntarenas | 11 | 57 | 11.265,69 | 357.483 | |
7 | San José | San José | 20 | 118 | 4.965,90 | 1 345 750 | |
* Censo do ano 2000 |
Economía Editar
- Artigo principal: Economía de Costa Rica.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía Editar
- Artigo principal: Demografía de Costa Rica.
As rexións central e sur son as áreas máis densamente poboadas. A cidade máis poboada é San Xosé (medio millón de persoas).
Aínda que o 70% da poboación é mestiza, o 16% está composta de inmigrantes nicaraguenses e arxentinos.
A principal relixión é o catolicismo.
O español é a lingua oficial.
A moeda de Costa Rica é o colón.
Cultura Editar
- Artigo principal: Cultura de Costa Rica.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Costa Rica". International Monetary Fund. abril de 2019. Consultado o 1 de maio de 2019.
- ↑ "2018 Human Development Report" (PDF). United Nations Development Programme. 2018. Consultado o 14 de setembro de 2018.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para costarriqueño.
- ↑ "Capital Facts for San José, Costa Rica". 18 de outubro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 07 de maio de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Amazon invests in Costa Rica as tiny nation carves out profitable niche in world economy". 11 de marzo de 2017.
- ↑ "The Investment Promotion Agency of Costa Rica". www.cinde.org.
- ↑ Botey Sobrado 2002, pp. 30–31
- ↑ Botey Sobrado 2002, p. 32
- ↑ Botey Sobrado 2002, pp. 32–33
- ↑ ""El 48" virtual « Novedades « Museo Nacional de Costa Rica". Museo Nacional de Costa Rica (en castelán). 2020-12-08. Consultado o 2022-05-19.