Panamá

Coordenadas: 9°N 80°O / 9, -80

A República de Panamá é un país de América central, localizado entre Costa Rica e Colombia, o mar Caribe e o Océano Pacífico. A súa principal fonte de ingresos é o portádego da Canle de Panamá dende 1999, en que deixou de ser estadounidense e pasou a ser propiedade do Goberno de Panamá a través da empresa pública Autoridade da Canle de Panamá (ACP).

República de Panamá
Bandeira de Panamá
Escudo de Panamá
BandeiraEscudo
Panama (orthographic projection).svg
Lema: Pro Mundi Beneficio
(latín: ‘Polo beneficio do mundo’)
Capital
 Poboación
Panamá
451 121 (2005)
Cidade máis poboadaPanamá
Linguas oficiaisEspañol
Forma de gobernoRepública presidencialista
Laurentino Cortizo
Isabel Saint Malo
 • De España
 • De Colombia
28 de novembro de 1821
3 de novembro de 1903
SuperficiePosto 118º
 • Total78 200 km²
Fronteiras555 km
Costas2 490 km
PoboaciónPosto 129º
 • Total (2006 est.)3 283 959 hab.
 • Densidade37 hab./km²
PIB (nominal)Posto 92º
 • Total (2007)19 280 millóns de dólares
 • per cápita5 211 de dólares (2006)
PIB (PPA)Posto 104º
 • Total (2007)31 411 millóns de dólares
 • per cápita9 000 dólares
MoedaBalboa (PAB)
IDH (2006)0.812 (61º) – alto
Xentiliciopanameño, panameña
Fuso horarioUTC–5
 • Horario de veránUTC–5
Dominio de Internet.pa
Prefixo telefónico+507
Prefixo radiofónicoH3A-H3Z, HOA-HPZ, H8A-H9Z, 3EA-3FZ
Código ISO591 / PAN / PA
Membro de: Grupo de Río, ONU, OEA, AEC

A capital do país é Cidade de Panamá, oficialmente Panamá.

XeografíaEditar

A República do Panamá está situada no istmo que une a América Central con América do Sur. O país, dividido polo Canal do Panamá, está percorrido no centro por cadeas montañosas a maneira dun elevado espiñazo, mentres desde estas ás costas se desenvolven alturas de transición até as chairas costeiras, que son percorridas por ríos de curto percorrido.

No oeste do país érguese a serra de Talamanca, que se prolonga desde a veciña Costa Rica. Nela se levantan as maiores altitudes do país, que superan os 3.000 m, como o Cerro Echande (3.168 m), o volcán Chiriquí ou Barú (3.475 m) ou o Cerro Fábrega (3.335 m). Estas cimas son continuadas pola serra de Tabasará, con cimas de menor altura (Cerro Chorcha, 2.238 m; Cerro Chicú, 1.764 m). No lado sur-oriental do istmo as alturas son tamén menores (serra de San Blas, serra do Sapo, serranía do Darién).

Panamá conta con varias illas, das que cómpre citar na costa caribeña o arquipélado de Bocas del Toro pecha a lagoa litoral de Chiriquí. No Océano Pacífico sitúanse as illas Secas, a illa de Coiba, a de Jicarón e a de Cebaco a oeste; no leste, dentro do golfo de Panamá, as illas das Perlas e a illa de San Miguel.

Os ríos son curtos debido á relativa escasa distancia entre os cordais montañosos e o mar. Entre os cursos fluviais que desaugan no Mar Caribe, salientan o Sixaola, o Chagres e o Toabré. Na vertente do Océano Pacífico cabe citar o Chiriquí, o Santa María e, xa no Darién, o Tuira (cun importante afluente, o Chucunaque) e río Sambu. Hai tamén algúns lagos, como os que serviron para facilitar a construción da grande canle transoceánica; fóra deles o Alajuela e oBayano son os maiores.

Xeografía políticaEditar

 
Mapa de Panamá con indicación das nove provincias e máis das tres comarcas indíxenas

Panamá está dividido en nove provincias e tres zonas indíxenas con status de provincias denominadas, comarcas indíxenas (correntemente ditas soamente comarcas). Os indios son 10% da poboación, outros 10% son pardos (indios e africanos). 17% está composta de negros e mulatos (africanos e europeos), 3% en afro-antilhanos. 5% son chineses. 42% son mestizos normais (indios e europeos). E resto son descendentes puros de europeos sen mestura.

Hai ademais dúas comarcas no interior de provinias e quee son consideradas equivalentes a un correxemento.

As provincias (entre parénteses as capitais respeitivas) son:

  1. Bocas del Toro (Bocas del Toro).
  2. Chiriquí (David).
  3. Coclé (Penonomé).
  4. Colón (Colón).
  5. Darién (La Palma).
  6. Herrera (Chitré).
  7. Los Santos (Las Tablas).
  8. Panamá (Panamá).
  9. Veraguas (Santiago de Veraguas).

As tres comarcas indíxenas son:

  1. Emberá (Unión Choco).
  2. Kuna Yala (El Porvenir).
  3. Ngöbe-Buglé (Chichica).

As dúas comarcas subprovinciais son:

  1. Kuna de Madugandí (Akua Yala).
  2. Kuna de Wargandí (Nurra).

HistoriaEditar

EconomíaEditar

Artigo principal: Economía de Panamá.