Vicerreinado de Nova Granada

O Vicerreinado de Nova Granda (en castelán: Virreinato de Nueva Granada), tamén coñecido como Vicerreinado de Santafé ou Vicerreinado do Novo Reino de Granada, foi unha entidade territorial, integrante do Imperio Español, estabelecida pola Coroa (1717-1723, 1739-1810 e 1816-1819) na derradeira fase da colonización española de América. Foi creado polo rei Filipe V en 1717 dentro da nova política dos borbóns e suspendido en 1723, por problemas financeiros, sendo reinstaurado en 1739 até que o movemento independentista o disolve de novo en 1810. En 1815, foi reconquistado polo exército do rei Fernando VII, sendo novamente restaurado, até que o exército libertador logrou a súa independencia definitiva do poder español en 1819.

Modelo:Xeografía políticaVicerreinado de Nova Granada

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 4°39′N 74°03′O / 4.65, -74.05
Estado históricoImperio Español Editar o valor en Wikidata
CapitalBogotá Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de outubro de 1717 Editar o valor en Wikidata
Disolución27 de setembro de 1819 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porGran Colombia Editar o valor en Wikidata
MoedaReal español Editar o valor en Wikidata

A capital do vicerreinado foi Santafé (Bogotá).[1] O escudo de armas do vicerreinado foi herdado por Bogotá, que o conserva como insignia.

  1. "Se restablece el Virreinato de la Nueva Granada". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 5 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar