Colonización española de América

A colonización española de América foi o proceso polo que se implantou no Novo Mundo unha administración que pretendía ser imitación ou duplicado da administración peninsular contemporánea.[1] Este período estendeuse desde o 12 de outubro de 1492, día do descubrimento de América, até o 13 de agosto de 1898, cando a bandeira española foi arriada en San Xoán de Porto Rico.

Colonización española de América
Entrada de Hernán Cortés na cidade de Potonchán ou Tabasco.
Entrada de Hernán Cortés na cidade de Potonchán ou Tabasco.
Trece cabaleiros da illa do Galo.
Trece cabaleiros da illa do Galo.
A Captura de Atahualpa, como parte da conquista do Imperio Inca.
A Captura de Atahualpa, como parte da conquista do Imperio Inca.

A colonización de América foi efectuada substancialmente pola Coroa de Castela (ligada ós reinos indianos dinasticamente) e é a continuación dunha primeira expansión e experiencia colonizadora do Reino de Castela nas Illas Canarias, na cal ensaiou por primeira vez a certa escala a experiencia de conquistar, repoboar e administrar un territorio novo, habitado por pobos descoñecidos, asimilándoos e cristianizándoos no proceso. Así, as tres últimas grandes illas das Canarias foron completamente sometidas nos anos 1478-1483 (Gran Canaria), 1492-1493 (A Palma) e 1494-1496 (Tenerife) aínda que o impulso colonizador arrinca moito antes, nas outras illas do arquipélago. Esta experiencia e a existencia de fórmulas desenvolvidas para solucionar os problemas de fundación de novas cidades, pactos e enfrontamentos cos naturais do país, designación e atribucións dos Adiantados militares, engrenaxe dos aparellos administrativos: relixioso, civil e militar, foron logo amplamente usadas en América, teñen os seus antecedentes afastados na experiencia da Reconquista e repoboación da Península Ibérica e explican en parte o éxito da colonización.

A partir do século XV, os territorios e indíxenas foron incorporados pola Monarquía Española a través da Conquista de América, formando parte dun proceso histórico máis amplo denominado mercantilismo, dando lugar ó Imperio Español en América. Ó longo do século XIX, coa caída do absolutismo e a transformación de España nun Estado liberal, ten lugar a independencia hispanoamericana.

Grazas á soada bula do papa Paulo III Sublimis Deus de 1537 que declara Ós indíxenas homes con todos os efectos e capacidades de cristiáns, houbo un gran contraste entre a colonización española, a anglosaxoa e francesa en América.[2] No Imperio Español a unidade social concibíase a través da unidade da Fe da Igrexa católica.

Unha das importantes consecuencias desta colonización foi a mestizaxe en América. Os reis españois estabeleceron unha política exterior común marcada por enlaces matrimoniais con varias familias reais europeas que resultaron na hexemonía dos Habsburgo en Europa durante os séculos XVI e XVII. Por outra banda o descubrimento de América a partir de 1492 modificou profundamente a historia.

  1. José Luis Gómez Navarro. Historia universal. La administración de los territorios americanos fue una copia del modelo de la administración hispana. 
  2. Contraste entre la colonización española, la anglosajona y francesa en América