13 de agosto
data
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 13 de agosto é o 225º día do ano do calendario gregoriano e o 226º nos anos bisestos. Quedan 140 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1521 - Hernán Cortés recibe o título de gobernador de Nova España (dominios españois en Norteamérica).
- 1882 - A posta en escena na Coruña da obra A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, constitúe a primeira representación teatral en galego da que hai noticia.
- 1898 - Auguste Honoré Charlois, dende Niza, e por Gustav Witt dende Berlín descobren o asteroide 433 Eros.
- 1905 - En plebiscito decidese a separación de Noruega e Suecia
- 1913: Harry Brearley produce por primeira vez aceiro inoxidábel.
- 1961 - Iníciase a construción do Muro de Berlín separando a Alemaña Oriental da Alemaña Occidental
- 2001 - Matthew J. Holman, John J. Kavelaars, Dan Milisavljevic, e Brett J. Gladman descobren Ferdinando e Trínculo, dúas pequenas lúas do planeta Urano. O descubrimento de Ferdinando sería confirmado no ano 2003, mentres có de Trínculo sería confirmado no ano 2002. Matthew J. Holman, Brett J. Gladman e algúns colaboradores de ambos descubriron ese mesmo día a lúa Francisco (tamén de pertencente a Urano), este descubrimento sería confirmado no 2003.
- 2002 - M. Holman, J.J. Kavelaars, T. Grav, W. Fraser e D. Milisavljevic descobren a lúa do planeta Neptuno, Laomedeia.
Nacementos
editar- 1814 - Anders Jonas Ångström, astrónomo sueco (m. 1874).
- 1819 - George Gabriel Stokes, matemático e físico irlandés (m. 1903).
- 1871 - Víctor Said Armesto, escritor e catedrático galego (m. 1914).
- 1872 - Richard Willstätter, químico alemán, Premio Nobel (m. 1942).
- 1888 - John Logie Baird, inventor escocés da televisión (m. 1946).
- 1899 - Alfred Hitchcock, cineasta británico (m. 1980).
- 1912 - Salvador Luria, biólogo italiano, Premio Nobel (m. 1991).
- 1913 - Makarios III, arcebispo e presidente de Chipre (m. 1977).
- 1918 - Frederick Sanger, químico británico, Premio Nobel.
- 1926 - Fidel Castro, primeiro ministro de Cuba dende 1961.
- 1967 - Amélie Nothomb, escritora belga.
Mortes
editar- 1856 - José María Estrada, presidente de Nicaragua (n. 1802).
- 1863 - Eugène Delacroix, pintor francés (n. 1798).
- 1912 - Jules Massenet, compositor francés (n. 1842).
- 1917 - Eduard Buchner, químico alemán, Premio Nobel (n. 1860).
- 1936 - Camilo Palmeiro Fernández, mestre e político galego.
- 1946 - H. G. Wells, escritor británico (n. 1868).
- 1952 - Wilm Hosenfeld, oficial alemán da Wehrmacht (n. 1895).
- 1990 - Bibiano Fernández Osorio-Tafall, científico galego (n. 1902).
- 1996 - António de Spínola, presidente de Portugal (n. 1910).
- 1998 - Julien Green, escritor estadounidense (n. 1900).
- 2005 - David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (n. 1942).
- 2017 - Basilio Martín Patino, director de cine español (n. 1930).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Ponciano e Santo Hipólito.