30 de agosto
data
<< | Agosto | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2024 Todos os días |
O 30 de agosto é o 242º día do ano do calendario gregoriano e o 243º nos anos bisestos. Quedan 123 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1483 . Os Reis Católicos recoñecen e amplían a Universidade Luliana da illa de Mallorca.
- 1918: na Unión Soviética a anarquista e revolucionaria Fanni Kaplán dispara a Lenin logo dun discurso deste en Moscova. Como resultado o Consello de Comisarios do Pobo inicia a inicios de setembro o chamado Terror Vermello.
- 1991 - Acerbaixán declárase independente da Unión Soviética.
- 1999 - O pobo de Timor Leste vota pola súa independencia.
- 2007 - O Goberno Galego expropia a Illa de Sálvora
Nacementos
editar- 1797 - Mary Shelley, escritora británica (m. 1851).
- 1811 - Théophile Gautier, escritor francés.
- 1869 - Daniel Vázquez-Gulías Martínez, arquitecto galego.
- 1871 - Ernest Rutherford, físico británico (m. 1937).
- 1883 - Theo van Doesburg, pintor e arquitecto holandés.
- 1884 - Theodor Svedberg, químico sueco.
- 1888 - Leandro Carré Alvarellos, escritor galego (m. 1976).
- 1912 - Edward Mills Purcell, físico norteamericano (m. 1997).
- 1913 - Richard Stone, economista inglés.
- 1924 - Óscar Martínez Castro, escritor galego.
- 1929 - Manuel Dourado Deira, escritor galego (m. 2012).
- 1943 - Robert Crumb, historietista e ilustrador estadounidense.
- 1946 - Miro Casabella, músico galego.
- 1951 - Gediminas Kirkilas, primeiro ministro de Lituania.
- 1959 - Luís Martínez-Risco Daviña, ensaísta e historiador galego.
- 1972 - Cameron Diaz, actriz estadounidense.
Mortes
editar- 1936 - José López Bouza, político republicano galego.
- 1920 - Wilhelm Wundt, fisiólogo, psicólogo e filósofo alemán (n. 1832).
- 1940 - Joseph John Thomson, físico británico, Premio Nobel (n. 1856).
- 1957 - Josep Lluís Facerías, guerrilla antifranquista catalán (n. 1920).
- 1991 - Jean Tinguely, pintor e escultor suízo (n. 1925).
- 2001 - Juan Acuña, futbolista galego (n. 1923).
- 2003 - Donald Davidson, filósofo norteamericano (n. 1917).
- 2004 - Fred Lawrence Whipple, astrónomo estadounidense (n. 1906).
- 2006 - Naguib Mahfús, escritor exipcio.
- 2013 - Seamus Heaney, escritor irlandés (n. 1939).
- 2013 - Benxamín Casal, economista e político galego (n. 1935).
- 2015 - Oliver Sacks, neurólogo e escritor inglés (n. 1933).
Festas e celebracións
editarOutros
editar- Santoral: San Félix e Santo Adauto. Santo Ero da Armenteira.