Donald Davidson
Donald Herbert Davidson nado en Springfield, Massachusetts, o 6 de marzo de 1917 e finado o 30 de agosto de 2003 en Berkeley (California), foi un dos filósofos que abriu o pensamento analítico a novos horizontes máis pragmáticos.
Donald Davidson | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1917 |
Lugar de nacemento | Springfield |
Falecemento | 30 de agosto de 2003 |
Lugar de falecemento | Berkeley |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | Universidade Harvard e Staten Island Academy |
Ocupación | filósofo e profesor universitario |
Premios | Bolsa de estudos Guggenheim, Hegel Prize, Prêmio Jean Nicod e Carus Lectures |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Formado na Universidade Harvard, deu clases posteriormente na Stanford, Princeton, Rockefeller, Chicago, e California.
A súa obra exerceu considerable influencia en diversas áreas da filosofía a partir dos anos 1960, en especial nas áreas da filosofía da mente, filosofía da linguaxe, e teoría da acción.
Pensamento editar
Davidson entende que hai un interpretar comprensivo na comunicación intersubxectiva que se relaciona coas condicións de verdade dun enunciado. Davidson vai impugnar o empirismo do seu mestre Willard Van Orman Quine, non existe un dualismo entre subxectividade e mundo obxectivo, entende que non existen un presunto material neutro á espera de ordenación conceptual. Toma distancia fronte a unha ciencia que ve como omniabarcadora e que acabará coa filosofía mesma.
Existe un modo lexítimo de coñecemento distinto da ciencia física que permite abordar filosoficamente os sentimentos, os desexos, as intencións e todo un discurso mental desprezado polo empirismo. Sendo un externalista (existen conexións entre o mundo exterior e o contido dos nosos pensamentos), afirma porén que interpretamos un experimento como interpretamos calquera outra cousa. Davidson segue afincado no materialismo fisicista pero entende que existen descricións verdadeiras dende o punto de vista epistemolóxico que non se se cinguen a leis físicas. O pensamento esixe elementos compartidos de verdade e obxectividade, existe un contexto público intersubxectivo ao que a mente se ve dalgún xeito sometida. Non podemos entender a outro se non compartimos o seu mundo e non o vemos tan lóxico como o somos nós (principio de caridade). A fonte da obxectividade é a intersubxectividade (trangulación).
Relaciona tamén a filosofía práctica coa filosofía da linguaxe ao estudar a acción. Considera que a conduta intencional obedece a un proceso causal pero isto non impide que existan contradicións no suxeito debido á mente parcelada onde se mesturan desexos e arelas en seccións mentais semiautónomas.
Obras editar
- Inquiries into Truth and Interpretation, 2001
- Subjetive, Intersubjetive, Objetive, 2001