Berkeley, California
cidade de California, famosa pola súa universidade, na baía de San Francisco
Coordenadas: 37°52′18″N 122°16′22″O / 37.87167, -122.27278
Berkeley é unha cidade do condado de Alameda, no estado de California (Estados Unidos).

A cidade é famosa pola súa universidade, a Universidade de California en Berkeley, que está recoñecida como unha das mellores do mundo.
Xeografía editar
Situada na baía de San Francisco, xunto a Oakland, e enfronte da cidade de San Francisco, a unha altitude de 52 msnm.[1] a cidade ocupa unha superficie de 45,73 km2.
Segundo o censo de 2020 contaba cunha poboación de 124 321 habitantes,[2] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 2 718,5 hab./km².
Evolución da poboación de Berkeley entre os anos 2000 e 2005 editar
Ano | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 103 044 | 103 824 | 103 159 | 101 893 | 101 307 | 100 744 |
Notas editar
- ↑ "Berkeley". Geographic Names Information System. United States Geological Survey. Consultado o 7 de marzo de 2022.
- ↑ US Census Bureau. QuickFacts Berkeley city, California.