Alfred North Whitehead
Alfred North Whitehead, OM, nado en Ramsgate o 15 de febreiro de 1861 e finado en Cambridge, Massachusetts o 30 de decembro de 1947, foi un matemático e filósofo inglés.
Alfred North Whitehead | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de febreiro de 1861 |
Ramsgate | |
Falecemento | 30 de decembro de 1947 |
Cambridge | |
Soterrado | Trinity College Chapel |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Trinity College, Sherborne School e Universidade de Cambridge |
Ocupación | filósofo, matemático, físico e teólogo |
Cónxuxe | Evelyn Ada Maud Rice Willoughby-Wade |
Fillos | Thomas North Whitehead |
Irmáns | Henry Whitehead |
Coñecido por | Principia Mathematica de Whitehead e Russell e Process and Reality |
Premios | membro da Royal Society, honorary doctor of the University of St Andrews, honorary doctor of Harvard University, Medalha Sylvester, James Scott Prize Lectureship, Butler Medal, Ordem de Mérito e Membro da Academia Britânica |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
TraxectoriaEditar
Nado en Ramsgate (Kent, Inglaterra), faleceu en Cambridge, Massachusetts, (Estados Unidos). Publicou traballos sobre álxebra, lóxica, fundamentos das matemáticas, filosofía da ciencia, física, metafísica, epistemoloxía e educación. O traballo máis coñecido, do que é coautor con Bertrand Russell é Principia Mathematica, nese tempo partindo dunha teoría relacionista (o máis ben relativista) do espazo centrou a súa epistemoloxía na natureza das cousas, e mantivo tal postura ata ós 1930s a partir de entón, a súa obra tomou visos metafísicos.
Whitehead foi profesor nas universidades de Londres e de Cambridge na que destacou polos seus estudos lóxico-matemáticos, logo nos Estados Unidos foi director da cátedra de filosofía na Universidade Harvard tendo entre os seus discípulos a Quine.
Principais obrasEditar
- Álxebra universal (1898),
- Principia Mathematica (1910–1913) en coautoría con Russell.
- Sobre os conceptos matemáticos do mundo material (1905),
- O concepto de natureza (1920),
- Proceso e realidade (1929)
- Aventuras das ideas (1933),
- Modos de coñecemento (1938).
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |