Epistemoloxía
A epistemoloxía[1] (do grego, ἐπιστήμη (epistéme), "coñecemento"; λόγος (logos) , "teoría") é unha rama da filosofía que trata sobre os problemas filosóficos relacionados coa teoría do coñecemento.
Historia e características
editarO sentido da palabra epistéme é mellor comprendido se se compara co seu oposto, δόξα (dóxa), segundo Platón. Dóxa significa "opinión", "maneira de ver", "parecer", "crenza" etc., sendo o seu significado próximo a sentido común; esa opinión ten a connotación de coñecemento falso, ou baseado en algo falso, mal-construído, inconsistente etc. Así, a dóxa é aquel tipo de coñecemento van, vago, inútil, que expresa non a verdade, senón determinado punto de vista parcial e máis comprometido coa subxectividade de quen emite ese punto de vista que coa verdade do asunto do cal trata.
Contraposta á dóxa, a epistéme é o coñecemento, o logos, o enunciado comprometido co verdadeiro, e non cun punto de vista subxectivo e parcial (o cal, para Platón, era moi próximo da mentira). Este termo foi introducido por filósofos alemáns dentro da denominada Erkenntnistheorie ou teoría do coñecemento.
O Coñecemento é unha crenza da que estamos seguros,e ademais, podemos demostrar. O coñecemento divídese en grupos:
- O coñecemento teórico: tamén denominado episteme, é o conxunto de todas aquelas informacións que describen e explican o mundo natural e social que nos rodea. Este coñecemento consiste en describir, explicar e predicir unha realidade, isto é, analizar o que ocorre, determinar o porqué e utilizar estes coñecementos para anticipar unha realidade futura.
- O coñecemento práctico: é un saber actuar no mundo que nos fornecen as normas para vivir e ser felices.
O problema do coñecemento, xa que é unha crenza verdadeira, é que presenta algunhas dificultades á hora de recoñecer, o que é ou non verdadeiro. A verdade é un feito xustificable, esta ten dous sentidos.
- Verdade de feitos: tipo de verdade demostrable que se confunde coa realidade. A verdade de feitos pode ser auténtica, se explica os feitos do mundo tal e como son realmente, ou aparentes, se explica como aparece ou se manifesta na realidade.
- Verdade de proposición: tipo de verdade que non só se atribúe á realidade, senón, sobre todo, ás afirmacións que facemos sobre ela. As verdades de proposición poden ser de dous tipos: empíricas e formais.
A verdade de proposición empírica é a que afirma algo dos feitos e acontecementos do mundo. A verdade como correspondencia considera que unha proposición é verdadeira cando hai unha adecuación entre o que a proposición expresa e a realidade á que se refire. A verdade como suceso considera que unha proposición é verdadeira cando é útil e, polo tanto, conduce ao suceso. Por outra parte se atopa a verdade das proposicións formais que non afirman nada a respecto da realidade. É un tipo verdade de coherencia, que considera que unha proposición é verdadeira se non entra en contradición co resto das proposicións aceitas.
A epistemoloxía tamén estuda os criterios para recoñecer e estar seguros da verdade: a evidencia, sentimento que temos de seguranza da verdade tan claro, que non existe dúbida; e tamén a intersubxectividade, que defende a idea de que as nosas crenzas ten de ser aceptadas por calquera suxeito racional se queremos que sexan admitidas como verdadeiras e que constitúan coñecemento.
Posicionamentos
editarAnte a posibilidade do coñecemento existen diferentes actitudes que son as seguintes:
- Dogmatismo; actitude filosófica defendida por Descartes segundo a cal podemos adquirir coñecementos seguros e universais, e ter absoluta certeza diso.
- Escepticismo; actitude filosófica oposta ao dogmatismo a cal dúbida de que sexa posible un coñecemento firme e seguro. Esta postura foi defendida por Pirro.
- Criticismo; actitude filosófica intermedia entre o dogmatismo e o escepticismo, que admite a posibilidade de atopar a verdade, mais esta verdade non é definitiva senón que é unha verdade criticable, esta postura foi defendida por Immanuel Kant.
- Relativismo; actitude filosófica defendida polos sofistas que nega a existencia dunha verdade absoluta e defende a idea de que cada individuo posúe a súa propia verdade. Esta verdade depende do espazo e o tempo.
- Perspectivismo; actitude filosófica que defende a existencia dunha verdade absoluta mais pensa que ningún de nós podemos chegar a ela senón que chegamos a unha pequena parte. Cada ser humano ten unha visión da verdade. Esta postura desenvolveuna Friedrich Nietzsche.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para epistemoloxía.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Epistemoloxía |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- Annis, David (1978). "A Contextualist Theory of Epistemic Justification". American Philosophical Quarterly 15: 213–219.
- Ayer, Alfred Jules. 1936. Language, Truth, and Logic.
- BonJour, Laurence. 2002. Epistemology: Classic Problems and Contemporary Responses. Lanham, MD: Rowman & Littlefield.
- Boufoy-Bastick, Z. (2005). "Introducing 'Applicable Knowledge' as a Challenge to the Attainment of Absolute Knowledge". Sophia Journal of Philosophy 8: 39–51.
- Bovens, Luc & Hartmann, Stephan. 2003. Bayesian Epistemology. Oxford: Oxford University Press.
- Butchvarov, Panayot. 1970. The Concept of Knowledge. Evanston, Northwestern University Press.
- Cohen, Stewart (1998). "Contextualist Solutions to Epistemological Problems: Skepticism, Gettier, and the Lottery". Australasian Journal of Philosophy 76 (2): 289–306. doi:10.1080/00048409812348411.
- Cohen, Stewart. 1999. "Contextualism, Skepticism, and Reasons", in Tomberlin 1999.
- Dancy, Jonathan. 1991. An Introduction to Contemporary Epistemology (Second Edition). John Wiley & Sons. ISBN 0-631-13622-3
- DeRose, Keith (1992). "Contextualism and Knowledge Attributions". Philosophy and Phenomenological Research 15: 213–19.
- DeRose, Keith. 1999. "Contextualism: An Explanation and Defense", in Greco and Sosa 1999.
- Descartes, Rene. 1641. Meditations on First Philosophy
- Feldman, Richard. 1999. "Contextualism and Skepticism", in Tomberlin 1999, pp. 91–114.
- Gettier, Edmund. 1963. "Is Justified True Belief Knowledge?", Analysis, Vol. 23, pp. 121–23. Online text.
- Greco, J. & Sosa, E. 1999. Blackwell Guide to Epistemology, Blackwell Publishing.
- Harris, Errol E. 1970. Hypothesis And Perception, George Allen and Unwin, Londres, Reprinted 2002 Routledge, Londres.
- Harwood, Sterling (1989). "Taking Skepticism Seriously – And In Context". Philosophical Investigations 12 (3): 223–233. doi:10.1111/j.1467-9205.1989.tb00275.x.
- Hay, Clare. 2008. The Theory of Knowledge: A Coursebook, The Lutterworth Press, Cambridge. ISBN 978-0-7188-3088-5
- Hawthorne, John. 2005. "The Case for Closure", Contemporary Debates in Epistemology, Peter Sosa and Matthias Steup (ed.): 26–43.
- Hendricks, Vincent F. 2006. Mainstream and Formal Epistemology, Nova York: Cambridge University Press.
- Kant, Immanuel. 1781. Critique of Pure Reason.
- Keeton, Morris T. 1962. "Empiricism", in Dictionary of Philosophy, Dagobert D. Runes (ed.), Littlefield, Adams, and Company, Totowa, NJ, pp. 89–90.
- Kierkegaard, Søren. 1844. Philosophical Fragments.
- Kirkham, Richard. 1984. "Does the Gettier Problem Rest on a Mistake?" Mind, 93.
- Klein, Peter. 1981. Certainty: a Refutation of Skepticism, Minneapolis, MN: University of Minnesota Press.
- Kyburg, H.E. 1961. Probability and the Logic of Rational Belief, Middletown, CT: Wesleyan University Press.
- Korzybski, Alfred. 1994 (1933). Science and Sanity: An Introduction to Non-Aristotelian Systems and General Semantics, Fifth Edition. Ft. Worth, TX: Institute of General Semantics.
- Lewis, David (1996). "Elusive Knowledge". Australian Journal of Philosophy 74 (4): 549–67. doi:10.1080/00048409612347521.
- Morin, Edgar. 1986. La Méthode, Tome 3, La Connaissance de la connaissance (Method, 3rd volume : The knowledge of knowledge)
- Morton, Adam. 2002. A Guide Through the Theory of Knowledge (Third Edition) Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 1-4051-0012-5
- Nelson, Quee. 2007. The Slightest Philosophy, Indianapolis, IN: Dog Ear Publishing, 296 pages.
- Niiniluoto, Ilkka. 2002. Critical Scientific Realism, Oxford: Oxford Univ. Press.
- Plato. Meno.
- Popper, Karl R. 1972. Objective Knowledge: An Evolutionary Approach, Oxford: Oxford Univ. Press.
- Preyer, G./Siebelt, F./Ulfig, A. 1994. Language, Mind and Epistemology, Dordrecht: Kluwer Academic Publishers.
- Rand, Ayn. 1979. Introduction to Objectivist Epistemology, Nova York: Meridian.
- Russell, Bertrand. 1912. The Problems of Philosophy, Nova York: Oxford University Press.
- Russell, Bertrand. 1940. An Inquiry into Meaning and Truth, Nottingham: Spokesman Books.
- Santayana, George. 1923. Scepticism and Animal Faith, Nova York: Charles Scribner's Sons – Londres: Constable and Co.
- Spir, African. 1877. Denken und Wirklichkeit: Versuch einer Erneuerung der kritischen Philosophie (Thought and Reality: Attempt at a Renewal of Critical Philosophy), (Second Edition) Leipzig: J. G. Findel.
- Schiffer, Stephen (1996). "Contextualist Solutions to Skepticism". Proceedings of the Aristotelian Society 96: 317–33.
- Steup, Matthias. 2005. "Knowledge and Skepticism", Contemporary Debates in Epistemology, Peter Sosa and Matthias Steup (eds.): 1–13.
- Tomberlin, James (ed.). 1999. Philosophical Perspectives 13, Epistemology, Blackwell Publishing.
- Turri, John (2016). Knowledge and the Norm of Assertion: An Essay in Philosophical Science. Cambridge: Open Book Publishers.
- Wittgenstein, Ludwig. 1922. Tractatus Logico-Philosophicus, Frank P. Ramsey and C.K. Ogden (trns.), Dover. Online text.