Imperial College London
O Imperial College London (oficialmente The Imperial College of Science, Technology and Medicine é unha prestixiosa universidade británica con sede en Londres, especializada en ciencia, tecnoloxía, medicina e economía.
Imperial College London | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Imperial College está clasificado adoito entre as mellores universidades do mundo, superando nalgúns casos mesmo a Oxford e Cambridge. En particular, en 2014 clasificouse segundo a escala mundial nos QS World University Rankings. Os campos máis salientables desta universidade son a enxeñaría e a tecnoloxía. Neste sector, o Imperial College obtivo o sexto lugar do mundo nos QS World University Rankings [1] e o oitavo lugar no Academic Ranking of World Universities [2].
Anteriormente, esta institución formaba parte da Universidade de Londres, pero independizouse dela o 8 xullo de 2007, no centésimo aniversario da súa fundación.[3]
Campus
editarO seu campus principal está en South Kensington, entre o Royal Borough of Kensington and Chelsea e a City of Westminster. Está situado nunha área cunha alta concentración de istitucións académicas e culturais, entre elas o Museo de Historia Natural, o Museo de Ciencia, o Museo Vitoria e Alberte, o Royal College of Art, o Royal College of Music, a Royal Geographic Society e o Royal Albert Hall. O Imperial College ten outros dous campus, en Silwood Park e en Wye.
A Imperial College NHS Trust é unha fundación que forma parte do sistema sanitario británico e xestiona varios hospitais en todo Londres, e nela desenvólvese tamén actividade académica.
Entre os proxectos recentes de mellora está a costrución do Imperial College Business School e do centro deportivo Ethos, para uso gratuíto por todos os seus estudantes.[4]
Admisión
editarO Imperial College está entre as universidades máis selectivas do Reino Unido.[5]
A taxa de admisión para os estudantes universitarios en 2007 foi do 15,3 %,[6] entanto que para os estudos de máster foi do 19,5 %.[6]
Reputación academica
editarMalia ser unha universidade puramente científica, o Imperial College mantén unha posición alta nas clasificacións xerais e está nos primeiros postos nas clasificacións de ciencia, enxeñaría e medicina.
Está no segundo posto [7] na clasificación das mellores universidades do mundo nos QS World University Rankings de 2014 e no vixésimo segundo [8] no Shanghai Jiao Tong Academic Ranking of World Universities de 2014.
Segundo o último Research Assessment Exercise, unha clasificación para a avaliación da calidade da investigación na universidade británica, cinco carreiras son as mellores no Reino Unido en termos de investigación a nivel internacional: Matemáticas, Epidemioloxía e Saúde Pública, Enxeñaría Química, Enxeñaría Civil e Mecánica, e Enxeñaría Aeronáutica.[9]
Nesta universidade traballaron 15 premios Nobel, dous posuidores de medalla Fields e outros 6.000 académicos, entre os que hai 66 pertencentes á Royal Society, 71 á Real Academia de Enxeñaría e 62 á Academia de Ciencias Médicas.
Notas
editar- ↑ "QS World University Rankings by Faculty 2014 - Engineering and Technology".
- ↑ "Academic Ranking of World Universities in Engineering/Technology and Computer Sciences - 2014". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2015. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "Imperial College Leaves University of London.". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "Sport Imperial: Ethos". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2011. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "Alexandra Frean .". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 "Statistics Pocket Guide 2007-08." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "QS World University Rankings 2014".
- ↑ "Shanghai Jiao Tong Academic Ranking of World Universities 2014". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 05 de abril de 2016.
- ↑ "Alexandra Frean.". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 05 de abril de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperial College London |