Epidemioloxía
A epidemioloxía é a disciplina científica que estuda a distribución, frecuencia, determinantes, relacións, predicións e control dos factores relacionados coa saúde e enfermidade en poboacións sensibles.
Historia
editarA epidemioloxía xurdiu do estudo das epidemias de enfermidades infecciosas; de aí o seu nome. Xa no século XX os estudos epidemiolóxicos se estenderon ás enfermidades e problemas de saúde en xeral, analizados mediante diversos métodos, entre os cales os da demografía e a estatística son especialmente relevantes.
Características
editarA epidemioloxía ocupa un lugar especial na intersección entre as ciencias biomédicas e as ciencias sociais e aplica os métodos e principios destas ciencias ao estudo da saúde e a enfermidade en poboacións humanas ou animais determinadas. Porén, existe tamén unha epidemioloxía veterinaria e tamén podería falarse dunha epidemioloxía zoolóxica e botánica, esta última intimamente relacionada coa ecoloxía.
A epidemioloxía considérase unha ciencia básica da medicina preventiva e unha fonte de información para a formulación de políticas de saúde pública. A epidemioloxía estuda, sobre todo, a relación causa-efecto entre exposición e enfermidade. As enfermidades non se producen de forma aleatoria; teñen causas, moitas delas sociais, evitábeis. Xa que logo, moitas enfermidades poderían previrse se se coñecesen as súas causas. Os métodos epidemiolóxicos foron cruciais para identificar numerosos factores etiolóxicos que asemade xustificaron a formulación de políticas sanitarias encamiñadas á prevención de enfermidades, lesións e mortes prematuras.