Manuel Dourado Deira

escritor galego

Manuel Dourado Deira, nado en Santa Baia do Araño (Rianxo) o 30 de agosto de 1929 e finado no mesmo concello o 26 de decembro de 2012[1], foi un escritor galego.

Infotaula de personaManuel Dourado Deira
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1929
Santa Baia do Araño, Rianxo, Galicia Galicia
Morte26 de decembro de 2012 (83 anos)
Rianxo, Galicia Galicia
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalMaxisterio e Dereito
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 447 Dialnet: 4163764

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha humilde familia labrega, practicando a labranza na casa de seus pais até a puberdade. Estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo tamén o título de Licenciado en Dereito na mesma Universidade. Foi profesor de EXB no colexio Castelao de Rianxo.

Ten exercido tamén o periodismo, particularmente o de opinión, en medios como Faro de Vigo e La Voz de Galicia, e desde 1988, en El Correo Gallego, O Correo Galego e Galicia Hoxe. Foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.

Obras editar

Ensaio editar

  • Conversas con Teresa Castelao (Anecdotario dun século de vida), 1999, Sotelo Blanco.
  • A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva, sobre Maruxa Villanueva, 2009, Deputación da Coruña.
  • O primeiro retorno de Castelao, 2014, Axóuxere Editora.

Obras colectivas editar

Premios editar

  • Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.

Notas editar

  1. "Pesar en Rianxo por la muerte del profesor y escritor Manuel Dourado Deira a los 83 años". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2012. Consultado o 26 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar