Abrir o menú principal

Josep Lluís Facerías

político español

Josep Lluís Facerías, tamén coñecido como Face ou Petronio, nado o 6 de xaneiro de 1920 en Barcelona e finado o 30 de agosto de 1957 na mesma cidade, xunto a Quico Sabaté foi un dos máximos expoñentes da guerrilla antifranquista nos anos corenta e cincuenta do século XX.

Josep Lluís Facerías
Nacemento6 de xaneiro de 1920
 Barcelona
Falecemento30 de agosto de 1957
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico, anarquista, anarcosindicalista e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aos 16 anos afiliouse á Confederación Nacional do Traballo, CNT, e ás Xuventudes Libertarias do barrio de Poble Sec (Barcelona). Ao comezo da Guerra Civil alistouse na Columna Ascaso, combatendo na fronte de Aragón ata que o fan prisioneiro en 1939, co exército republicano xa en retirada. Ese mesmo ano perdeu á súa compañeira e filla de meses, asasinadas cando fuxían cara Francia.

Preso, pasou por diversos campos de concentración e batallóns de traballo. Porén ao ser chamada a súa quinta ao servizo militar cambiou a condición de preso pola de soldado, destinado a unha Unidade de Transportes Militares en Barcelona. Finalmente licenciouse en 1945, cando se incorporou ao Sindicato de Industrias Gráficas da CNT, sendo un dos membros máis activos en accións e organización das Xuventudes Libertarias de Cataluña, as cales volven publicar Ruta, o seu voceiro.

O 17 de agosto de 1946 foi detido xunto a outros compañeiros e encarcerado na Modelo, ata xullo de 1947. Chegou entón á conclusión de que a loita armada era o camiño máis rápido para obter un soporte económico para o Sindicato e para os militantes presos e as súas familias, polo que formou o coñecido como Partida de maquis de Facerías, sendo a súa primeira acción un atraco á fábrica Hispano-Olivetti.

Dos atracos cabe destacar oito que realizou en 1946 e dos que recadou 3 000 000 de pesetas, entre os que destacaban bancos, pero tamén houbo outros de menor escala, dende fábricas a xoierías e Meublés frecuentados por xente adiñeirada. Tamén levou a cabo numerosos actos de sabotaxe, contra cuarteis, depósitos de gasolina ou a colaboración con Sabaté para colocar explosivos nas embaixadas dos países favorábeis ao ingreso da España franquista na ONU.

Os seus compañeiros foron caendo pouco a pouco, como Guillermo Ganuza Navarro, Antonio Franquesa ou César Saborit. En 1951 trala captura de tres membros do seu grupo a policía conseguiu unha cita á que debería asistir Facerías, porén conseguiu escapar, ao igual que ás medidas de excepción que se aplicaron os días seguintes na cidade condal.

A comezos de 1952 fuxiu a Francia e despois a Italia, onde colaborou activamente co movemento anarquista. En 1953 decidiu volver a Barcelona xunto a dous compañeiros a pesar de que a liña oficial da CNT xa desautorizara a loita armada como vía. Ao pouco de entrar no país os dous compañeiros foron capturados e Facerías foi delatado e morreu o 30 de agosto de 1957 nunha emboscada da policía franquista, no cruzamento dos actuais paseos Verdún e Urrutia coa Rúa Pi i Molist de Barcelona.

No lugar da súa morte está colocada unha placa conmemorativa que di:

Josep Lluís Facerias. Militant llibertari. Mort en aquest lloc en una emboscada de les forces de la dictadura el 30 d'agost de 1957 a les 10.45 del Matí

Véxase taménEditar