Oliver Sacks

neurólogo e escritor británico

Oliver Wolf Sacks, nado en Londres o 9 de xullo de 1933 e finado en Nova York o 30 de agosto de 2015, foi un neurólogo inglés que escribiu importantes libros sobre os seus pacientes, seguidor da tradición, propia do século XIX, das «anécdotas clínicas» (historias de casos clínicos contadas a través dun estilo literario informal). O seu exemplo favorito é The Mind of a Mnemonist (Pequeno libro dunha gran memoria: A mente dun mnemonista[1]), de Alexander Luria.

Oliver Sacks
Nome completoOliver Wolf Sacks
Nacemento9 de xullo de 1933
Lugar de nacementoWillesden
Falecemento30 de agosto de 2015
Lugar de falecementoGreenwich Village
Causaliver metastasis
NacionalidadeReino Unido
Relixiónateísmo
Alma máterThe Queen's College, St Paul's School e Hall School
Ocupaciónescritor, químico, médico escritor, neurólogo, divulgador científico, guionista, profesor universitario e médico
Coñecido porThe Man Who Mistook His Wife for a Hat e Awakenings
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Comandante da Orde do Imperio Británico, George Polk Award, Prêmio Lewis Thomas, Hawthornden Prize, Prêmio Oskar Pfister, Emperor Has No Clothes Award, honorary doctorate from the Pontifical Catholic University of Peru, Fellow of the AAAS e Bodley Medal
Na rede
http://www.oliversacks.com/
IMDB: nm0755312 Allocine: 76059 Allmovie: p288921
Facebook: oliversacks Twitter: OliverSacks Youtube: UCAV8cRQzDrcGh43MGuLxZyg TED: oliver_sacks Last fm: Oliver+Sacks Musicbrainz: 5dabb41f-da95-426f-be70-73f4af22a0dd Allmusic: mn0001195198 WikiTree: Sacks-101 Find a Grave: 151438715 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Graduouse no Queen's College da Universidade de Oxford e doutorouse en neuroloxía na Universidade de California. Viviu en Nova York dende 1965. Foi profesor clínico de neuroloxía na Escola de Medicina Albert Einstein, profesor adxunto de neuroloxía na Facultade de Medicina da Universidade de Nova York e neurólogo de consulta para as Irmanciñas dos Pobres. Exerceu na cidade de Nova York.

Sacks describiu os seus casos con pouco detalle clínico, concentrándose na experiencia fenomenolóxica (vivencia subxectiva) do paciente. Algunhas das alteracións descritas son condicións crónicas ou alteracións moi severas con deterioración significativa do funcionamento do individuo, non obstante, Sacks enfatizou como os pacientes realizan adaptacións compensatorias que lles permiten corrixir ou atenuar os seus déficits na vida cotiá.

No seu libro máis coñecido, Awakenings (Espertares, dun de cuxos casos se fixo unha película, que leva o mesmo título), relata as súas experiencias no uso dunha substancia natural que viña de ser descuberta, a L-dopa, en pacientes afectados pola epidemia de encefalite letárxica acaecida nos anos 1920. Tamén foi o tema da primeira película feita para a serie documental Discovery da BBC.

Noutros libros describiu casos da síndrome de Tourette e os efectos da enfermidade de Parkinson. O relato que dá título a The Man Who Mistook His Wife for a Hat (O home que confundiu a súa muller cun sombreiro) versa sobre un músico que sofre unha agnosia visual (prosopagnosia) que tamén foi o personaxe protagonista dunha ópera de Michael Nyman presentada en 1987). A historia Un antropólogo en Marte, que forma parte do libro do mesmo nome, trata, entre outras, a historia de Temple Grandin, unha profesora coa síndrome de Asperger. As obras de Sacks foron traducidas a 21 idiomas.

Obras editar

  • Migraine, 1970.
  • Awakenings, 1973.
  • A Leg to Stand On, 1984.
  • The Man Who Mistook His Wife for a Hat, 1985.
  • Seeing Voices: A Journey Into The Land of the Deaf, 1989.
  • An Anthropologist on Mars: Seven Paradoxical Tales, 1995.
  • The Island of the Colour-blind (total congenital color blindness in an island society, 1997.
  • Uncle Tungsten: Memories of a Chemical Boyhood, 2001.
  • Oaxaca Journal, 2002.
  • Musicophilia: Tales of Music and the Brain, 2007.
  • The Mind's Eye, 2010.
  • Hallucinations, 2012.

Cine editar

Notas editar

  1. "Editado en 2009 por KRK Ediciones". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2009. Consultado o 04 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar