Theo van Doesburg
Christian Emil Marie Küpper, coñecido como Theo van Doesburg, nado en Utrecht o 30 de agosto de 1883 e finado en Davos (Suíza) o 7 de marzo de 1931, foi un pintor, arquitecto e teórico da arte neerlandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de agosto de 1883 Utrecht, Países Baixos (en) |
Morte | 7 de marzo de 1931 (47 anos) Davos, Suíza |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | Meudon (1930–1931) Antrain (1929–1929) Estrasburgo (1926–1928) Clamart (1924–1930) Illa de Rügen (1922–1922) Weimar (1921–1924) Leiden (1916–1921) Utrecht (1915–1916) Groesbeek (en) (1915–1915) Ámsterdam (1899–1914) Heemskerk (pt) Apeldoorn Zoeterwoude (pt) París Belle-Isle (pt) Auvers-sur-Oise Amersfoort A Haia Donostia Davos |
Ocupación | poeta, fotógrafo, teórico da arte, deseñador, deseñador gráfico, arquitecto, escritor, pintor, deseñador de mobles |
Período de actividade | 1899 - 1931 |
Membro de | |
Movemento | Expresionismo e De Stijl |
Catálogo crítico | Theo Van Doesburg - Oeuvrecatalogus (en) (2000) |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Theo van Doesburg |
Participou en | |
16 de xullo de 1955 | documenta (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Nelly van Doesburg (1928–1931) Lena Milius (1917–1923) Agnita Feis (1910–1917) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century (en) Obálky knih, |
Traxectoria
editarFillo dun fotógrafo, iniciou a súa carreira como pintor colaborando cos arquitectos Oud e Wils. A súa primeira exposición de cadros foi na Haia en 1908. Busca representar a tridimensionalidade pictórica. No 1916 funda con Leyda e Oud o grupo Sphinx, practicando arte concreta. Un ano despois, en 1917, fundou xunto con Piet Mondrian, e outros, o movemento artístico denominado De Stijl.
En 1931, xunto a Antoine Pevsner, Naum Gabo, Auguste Herbin e Georges Vantongerloo, crearon o movemento Abstracción-Creación, en París.
No 1955 foi homenaxeado postumamente na Documenta 1 de Kassel.
Arquitecto e activista
editarVan Doesburg exerceu outras actividades ademais da pintura e promover De Stijl: probou as súas forzas en arquitectura, proxectando casas para artistas; en colaboración conGeorges Vantongerloo, ambos dous deseñaron a decoración do Café Aubette en Estrasburgo, Francia. Xunto con El Lissitzky e Kurt Schwitters, van Doesburg buscou reunir unha Internacional das Artes en dous congresos celebrados en Düsseldorf e Weimar en 1922. Un alfabeto xeometrizado, creado por van Doesburg en 1919, ten sido revitalizado en formato dixital como Architype Van Doesburg.
Obra
editarA obra de van Doesburg pode ser ollada en:
- Centraal Museum en Utrecht
- Guggenheim Museum e Museo de Arte Moderna, ambos en Nova York
- Gemeentemuseum Den Haag na Haia
Galería
editar-
Composición VIII (A vaca) ca. 1918. Óleo sobre lenzo, 37.5 x 63.5 cm.
-
Composición IX (variación de 'Xogadores de cartas', 1917. 116 x 106 cm, Gemeentemuseum Den Haag