Mércores
terceiro día da semana
O mércores, corta feira, ou cuarta feira[1] é o terceiro día da semana. O termo "mércores" vén do latín Mercurii (dies) ou día de Mercurio, deus romano do comercio e mensaxeiro dos deuses, e os termos "corta feira" e "cuarta feira" proceden do latín quarta feria (ou feria quarta).
Nomes noutras linguas
editarLingua | Nome | Significado |
---|---|---|
Alemán | Mittwoch | O medio da semana |
Búlgaro | Cpяда/Sriada | O medio da semana |
Catalán | Dimecres | Día de Mercurio |
Checo | Středa | O medio da semana |
Chinés Tradicional | 星期三/Xīng Qī Sān | Tres da semana |
Español | Miércoles | Día de Mercurio |
Éuscaro | Asteazken | O último da semana |
Francés | Mercredi | Día de Mercurio |
Holandés | Woensdag | Día de Woden |
Inglés | Wednesday | Día de Woden |
Irlandés | Dé Chéadaoin | O primeiro xaxún da semana |
Islandés | Miðvikudagur | O medio da semana |
Italiano | Mercoledì | Día de Mercurio |
Noruegués | Onsdag | Día de Óðinn |
Quechua | Qoyllor P'unchay | Día do luceiro |
Portugués | Quarta-feira | Cuarto día |
Romanés | Miercuri | Día de Mercurio |
Ruso | Среда/Sreda | Día do medio |
Xaponés | 水曜日/Suiyoubi | Día da auga |
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mércores |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de mércores |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de corta feira |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de cuarta feira |