Lingua neerlandesa

lingua xermánica falada principalmente nos Países Baixos e Bélxica
(Redirección desde «Lingua holandesa»)

O neerlandés[2] é unha lingua de orixe xermánica. Forma parte do grupo xermánico occidental, e está próxima ao baixo alemán e un pouco máis afastado do frisón. Fálano aproximadamente uns 30 millóns de persoas no mundo, fundamentalmente nos Países Baixos e en Bélxica.

Neerlandés
Nederlands, Vlaams
Outros nomes:Holandés, flamengo
Falado en: Países Baixos, Bélxica, Francia, Alemaña, Suriname, Antillas Holandesas, Aruba, Indonesia
Total de falantes: 23 millóns
Posición: 40
Familia: Indoeuropeo
 Xermánica
  Xermánica occidental
   Saxónica baixa
    Franconia baixa
     Neerlandés
Status oficial
Lingua oficial de: Aruba
Antillas Neerlandesas
Bélxica
Países Baixos
Suriname
Unión Europea
Regulado por: Nederlandse Taalunie
Códigos de lingua
ISO 639-1: nl
ISO 639-2: dut
ISO 639-3: nld
SIL: DUT
Mapa


Mapa das áreas neerlandés falantes do mundo
Status

O neerlandés está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O neerlandés é idioma oficial nos Países Baixos, así como en Bélxica, nas dependencias neerlandesas do alenmar (Antillas Neerlandesas e Aruba), e na antiga colonia neerlandesa de Suriname.

Ademais, unhas 60.000 persoas fálano no noroeste de Francia, na zona fronteiriza con Bélxica. Tamén se fala reducidamente nalgunhas partes de Indonesia, onde fora a lingua da administración pública colonial neerlandesa.

Estandarización

editar

A norma culta denomínase AN (Algemeen Nederlands ou "neerlandés xeral"), termo considerado menos elitista ca ABN (Algemeen Beschaafd Nederlands ou "neerlandés xeral culto"), utilizado antigamente. A Unión da Lingua Neerlandesa (Nederlandse Taalunie) encárgase de fixar a norma.

Dialectoloxía

editar

Os grupos dialectais principais do neerlandés son cinco: o flamengo, o holandés, o baixo saxón, o brabantés e o limburgués. Os falares flamengos son os propios da parte suroccidental dos Países Baixos e do oeste de Bélxica, así como da zona neerlandófona de Francia. Ás veces, dende unha perspectiva histórica, denomínase flamengo o neerlandés de Bélxica, independentemente de que este sexa lingüisticamente flamengo, brabantés ou limburgués.

Véxase o mapa da situación dos dialectos e as linguas rexionais. Trátase dunha clasificación ampla, coa maioría dos dialectos de transición non están incluídos. Polo tanto, está destinada soamente a crear unha imaxe global da propagación dos dialectos do neerlandés. A fronteira entre dialecto e lingua é moi problemática na zona lingüística xermano-occidental, sobre todo nos Países Baixos e Flandres. Hai que ter precaución ao uso deste mapa, xa que non se indica onde se fala a lingua con fluidez, e pode non ser respaldado por tódolos expertos (sobre todo os límites do limburgués e o baixosaxón).

 
Dialectos neerlandeses.
 
Suriname.
 
Antillas Neerlandesas.

A. Grupo dialectal occidental meridional (Zelandés/Flamengo occidental)

1. Flamengo occidental, inclúe o Flamengo francés e o Flamengo Zelandés
2. Zelandés

B. Grupo dialectal occidental setentrional (Holandés)

3. Holandés meridional
4. Westhoeks
5. Waterlandés* e Volendamés*
6. Zanés*
7. Kennemerlandés
8. Friso-holandésl*
9. Biltés chamado Biltsk polos nativos, Midislandés, Frisón urbano e Amelandés*

C. Grupo dialectal oriental setentrional (Baixosaxón)

10. Kollumerlandés
11. Groninxio e Noordenvelds
12. Stellingwerfs
13. Drentés central
14. Drentés meridional
15. Tuentés
16. Twents-Graafschaps
17. Gelders-Overijssels (Achterhoeks) e Urks
18. Veluws

D. Grupo dialectal central setentrional

19. Utrechts-Alblasserwaards

E. Grupo dialectal central meridional

20. Gelderés meridional
21. Brabantés setentrional e Limburgués setentrional
22. Brabantés
23. Flamengo oriental

F. Grupo dialectal oriental meridional

24. Limburgués

G. Surinamés

25. neerlandés surinamés

H. Neerlandés das Antillas e Aruba

26. o neerlandés antillano

Outros

FL. Provincia de Flevolanda. Aquí non se formou ningún dialecto. Máis ben o que hai é unha mestura de varios falares, sobre todo do sur, de Ámsterdam (en Lelystad e Almere). Véxase tamén o neerlandés dos IJsselmeerpolders. O norte e en particular en Urk e arredores foi tradicionalmente unha zona dos dialectos falados do baixosaxón.

* Os dialectos marcados cun asterísco, aínda que incluído baixo o holandés, pero ten tradicionalmente un moi forte substrato do frisón.[3] Porén, as investigacións do dialectólogo Harrie Scholtmeijer do Instituto Meertens de Dronten amosan que os mozos falan holandés sen acento.[4]

A maioría dos dialectos aproxímanse cada vez máis ao neerlandés estándar, xa que este é o que se utiliza nos medios de comunicación, tanto en Bélxica como nos Países Baixos. Estes dialectos están a perder as súas características, as palabras de seu, e ás veces incluso a pronunciación. Os dialectos que están máis afastados do estándar son o limburgués e o groninxio. No mapa pódese ver que incluso o afrikaans está máis cerca da norma que estes dialectos.

[5]

Linguas relacionadas

editar

O afrikaans é unha das linguas oficiais na República de Suráfrica, e en Namibia, en orixe era unha variedade local do neerlandés.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neerlandés.
  3. D. Smakman, R. van Bezooijen, "Een verkenning van populaire ideeën over de standaardtaal van Nederland", Taal en Tongval, themanummer 10, 1997
  4. "ABN niet in Haarlem, maar in Dronten?" website Onze Taal
  5. De gegevens zijn grotendeels overgenomen van de indeling die dialectologe Jo Daan[1] Arquivado 17 de febreiro de 2007 en Wayback Machine. maakte. Deze indeling is (nog) steeds een onderwerp van discussie binnen de dialectologie, maar wordt door veel dialectologen en taalkundigen (deels) onderschreven.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar