Abrir o menú principal

Xoán Acuña

futbolista galego
(Redirixido desde "Juan Acuña")

Xoán Acuña Naya,[1] tamén coñecido como Xanetas, nado na Coruña o 14 de febreiro de 1923 e finado na mesma cidade o 30 de agosto de 2001, foi futbolista galego. Xogaba de porteiro e permaneceu toda a súa carreira deportiva no Deportivo da Coruña. Foi internacional coa selección española.

Xoán Acuña
Juan Acuña, A Coruña.jpg
Escultura adicada a Juan Acuña nas inmediacións do estadio de Riazor
Información persoal
Nome completo Xoán Acuña Naya
Nacemento 4 de febreiro de 1923
  A Coruña
Falecemento 30 de agosto de 2001
  A Coruña
Nacionalidade España
Altura 1,79 m.
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Sporting Coruñés
Eureka
1938–1956 Deportivo da Coruña 279 (0)
1954–1955 Xuvenil 8 (0)
Selección nacional
1941 España 1 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica.† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu primeiro equipo foi o Sporting Coruñés, pasando logo ao Eureka. O primeiro partido co Deportivo xogarao en Ferrol en 1938. Ao ano seguinte firma contrato co equipo coruñés con 300 pesetas de soldo.

Aos 16 anos xa se gañou a titularidade na portería deportivista e ao pouco tempo xa se converteu para os mellores dianteiros da liga de fútbol no porteiro máis difícil de bater.

Unha das súas características máis destacadas, as saídas, comeza a causarlle desgustos desde os seus primeiros anos como deportivista. En 1940 sofre unha luxación de ombreiro. Aínda así convértese nunha peza clave no ascenso do Deportivo da Coruña a Primeira en 1941 nun partido contra o Real Murcia. Ese mesmo ano, en decembro, é internacional contra a Suíza en Valencia, ao substituír a metade do segundo tempo ao porteiro titular.

A partir de 1945, Acuña comezou a ter problemas de peso. Na tempada 1949–50 foi un dos destacados no Deportivo que conseguiu o subcampionato de Liga. Esa mesma tempada en Valladolid, ao arroxarse aos pés dun dianteiro, produciulle unha fortuíta fractura de perna, o que deu lugar a unha forte campaña contra Acuña, que permaneceu sancionado sen xogar varias xornadas.

Foi preseleccionado para o Mundial de Río de Xaneiro como suplente de Eizaguirre, pero o seleccionador decidiuse finalmente por Antoni Ramallets para este posto.

Acuña converteuse no mellor porteiro da súa época e deulle ao Deportivo catro trofeos Zamora. Acuña foi o porteiro menos batido entre as tempadas 1941–1943 e as 1949–1951, e o terceiro porteiro con máis trofeos Zamora ás súas costas logo de Ramallets e Víctor Valdés.

No verán de 1961 ofrecéuselle na Coruña un partido de homenaxe entre dous equipos de vellas glorias vascas e galegas seguido dun encontro entre o Dépor e o CD Ourense. En 1990 o Dépor creou o trofeo que leva o seu nome, e que se disputaba cada ano na pretemporada en Riazor.

Acuña pasou os seus case vinte anos de vida deportiva de forma íntegra no club coruñés.

Selección nacionalEditar

Acuña xogou un único partido coa selección española, o 28 de decembro de 1941, nun amigable contra Suíza. Entrou no minuto 74 en substitución de Alberto Martorell, nun partido que acabou con vitoria (3–2). Foi chamado para o Mundial de Brasil en 1950, pero non xogou ningún encontro.

PalmarésEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar