Cuqui Bienzobas
Anastasio Bienzobas Ocáriz, máis coñecido como Cuqui Bienzobas, nado en Donostia o 2 de maio de 1913 e finado o 15 de outubro de 1982, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de centrocampista e desenvolveu case toda a súa carreira como xogador no Osasuna e no Deportivo da Coruña. Como adestrador dirixiu a varios equipos, a maioría deles na Segunda División.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1913 Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 15 de outubro de 1982 (69 anos) Donostia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1931 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Paco Bienzobas |
Traxectoria
editarComo futbolista
editarComezou a xogar ao fútbol nas praias de Donostia, onde o viron os técnicos da Real Sociedad, que o fixeron ingresar no equipo infantil do club.[1] Na tempada 1931–32 debutou co primeiro equipo en Primeira División, xogando un único partido esa campaña, na xornada 16, nunha derrota a domicilio fronte ao Racing de Santander (2–1). Naquel partido coincidiu cos seus dous irmáns máis vellos, Custodio e Paco, que tamén militaban no equipo donostiarra.
Ao ano seguinte fichou xunto cos seus dous irmáns polo Osasuna, en Segunda División. Xogou seis tempadas no club navarro e participou no primeiro ascenso a Primeira da historia do club, así como no seu debut na máxima categoría, na tempada 1935–36.
Para a tempada 1941–42 fichou polo Deportivo da Coruña, formando parte do equipo que debutou na máxima categoría.[2] Na súa primeira campaña no club coruñés, adestrado por Celso Mariño, participou en 15 encontros. Afianzouse na titularidade nos seguintes anos, nos que disputou 161 partidos oficiais, vivindo un descenso a Segunda na tempada 1944–45, un novo ascenso ao ano seguinte, para novamente descender na campaña 1946–47 e volver ascender na seguinte. Durante a súa estadía no Deportivo logrou o seu primeiro gol na máxima categoría, na xornada 4 da tempada 1942–43, nun empate contra o Valencia no vello campo de Riazor (2–2).[3]
Selección nacional
editarEn 1936 foi convocado para un amigable coa selección española, sen chegar a debutar.
Adestrador
editarNa tempada 1948–49, relegado á suplencia no Deportivo da Coruña, comezou a adestrar o Fabril na Serie A rexional, e en abril de 1949 colleu as rendas do Deportivo na Primeira División desde a xornada 24, logo da destitución de Gabriel Andonegui. Logrou a salvación grazas a unha vitoria por 1-4 na derradeira xornada contra o Gimnàstic de Tarragona no campo da Avenida de Cataluña, cun triplete de Chao.[4]
Na campaña 1949/50 marchou a Ourense para adestrar a Orensana, que acababa de ascender á Segunda División.[5] Levou con el a varios xogadores coruñeses, como Docampo, Maristany, Amaro ou Díez, e rematou a tempada nunha cómoda oitava praza. A continuación regresou ao Osasuna, ao que dirixiu durante as seguintes dúas tempadas en Segunda, antes de fichar polo Caudal de Mieres, da mesma categoría.[1] Volveu contar con varios futbolistas galegos como Alonso, Seijas, Regueira, Fernández ou Pavón, e conseguiu a permanencia na súa primeira tempada. Con todo, tras un mal arranque de liga na seguinte tempada, foi destituído.
Pouco despois de saír do Caudal, foi contratado polo novo CD Ourense, en substitución do cesado Gallart.[6] Dirixiu o equipo ourensán o que restaba de tempada e tres máis, quedando campión do seu grupo de Terceira dous anos seguidos e outra vez subcampión, pero sen conseguir ascender a Segunda, ao perder nas fases de promoción contra Sestao, El Entrego e Deportivo da Coruña. Deixou o club en xuño de 1958.[7]
Para a tempada 1959/60 fichou polo Pontevedra, tamén da Terceira División,[8] e na súa primeira tempada logrou o ascenso a Segunda División, o primeiro na historia do club, despois de rematar campión do seu grupo e gañar na promoción de ascenso ao Caudal e ao Burgos. Adestrou o club granate nas dúas seguintes campañas na categoría de prata, tendo como mellor resultado o quinto posto da 1960/61.
Persoal
editarEra irmán dos tamén futbolistas Custodio e Francisco Bienzobas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Cuqui Bienzobas manifiesta que sus mejores actuaciones las ha tenido en el Deportivo". La Noche (en castelán) (10157). 15 de setembro de 1953. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Cuqui Bienzobas y Cabezo pertenecen al Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán) (7788). 12 de agosto de 1941. p. 2. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo empata con el Valencia en Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán) (6080). 20 de outubro de 1942. p. 5. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Con su victoria en Tarragona (4-1), el Deportivo sigue en la Primera División". El Correo Gallego (en castelán) (24031). 19 de abril de 1949. p. 4. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Bienzobas, entrenador de la Orensana". La Noche (en castelán) (8749). 30 de maio de 1949. p. 54. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Gallart cesó como entrenador de C.D. Orense. Cuqui Bienzobas se hará cargo del equipo". El Pueblo Gallego (en castelán) (10214). 1 de novembro de 1954. p. 9. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Bienzobas se va hoy le será ofrecida una comida íntima". El Pueblo Gallego (en castelán) (11304). 2 de xullo de 1958. p. 11. Consultado o 17 de decembro de 2021.
- ↑ "Cuqui Bienzobas en Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (11670). 11 de xuño de 1959. p. 10. Consultado o 17 de decembro de 2021.