Antonio Villar Chao

futbolista galego

Antonio Villar Chao, nado na Coruña o 26 de marzo de 1921 e finado nos Estados Unidos o 23 de maio de 2000, foi un futbolista e adestrador galego. Xogaba de dianteiro.

Chao
Información persoal
Nome Antonio Villar Chao
Nacemento 26 de marzo de 1921
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 23 de maio de 2000
Lugar de falecemento Estados Unidos de América
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1939–1949 Deportivo da Coruña 177 (58)
1949–1951 CD Málaga 26 (3)
1951–1953 América 24 (4)
1954 Xuvenil 5 (3)
Adestrador
1955–1956 Xuvenil
1956–1957 Fabril
1957–1958 Galicia (xuvenil)
1959–1960 Deportivo Celta
1960 Deportivo Galicia
Sporting Coruñés (Venezuela)
1970–1971 Galicia (xuvenil)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Fillo do galeguista Antón Villar Ponte, destacou principalmente no Deportivo da Coruña, no que xogou durante dez tempadas e tivo un destacado papel na tempada do primeiro ascenso do club á Primeira División, con 18 goles. Posteriormente militou no Málaga, o América de México e o Xuvenil, antes de comezar unha carreira de adestrador na propia Galicia e en Venezuela.

Traxectoria editar

Xogou como infantil e xuvenil na Unión Sportiva de Santa Lucía e en 1939 pasou ao Deportivo.[1][2] Na tempada 1941–42 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, estreándose da man do adestrador Celso Mariño na xornada 4, nunha derrota fronte o Celta de Vigo a domicilio (2–1), no que supuxo o primeiro derbi entre dous equipos galegos na máxima categoría. O seu primeiro tanto chegou na xornada 13, nun empate fronte o Real Oviedo (1–1). Foi un habitual da dianteira coruñesa, compartindo posto con Cuca, Caballero e Elícegui. O equipo logrou un cuarto posto na táboa.

Co Deportivo viviu dous descensos a Segunda División (nas tempadas 1944–45 e 1946–47), con ascensos consecutivos. O seu récord goleador logrouno na tempada 1940–41, a do primeiro ascenso a Primeira do club, na que logrou 18 tantos en Segunda División, tres deles na fase de promoción. Ao remate da tempada 1948/49, na que anotou 10 goles en Primeira, abandonou a disciplina branquiazul despois dunha década e sendo naquel entón o segundo máximo goleador histórico do club, con 68 goles, só por detrás do seu compañeiro Guimeráns.

Na tempada 1949–50 fichou polo CD Málaga, onde permaneceu dúas campañas. En 1950 xogou en México coa selección de España B e acabou pasando ao fútbol mexicano, ingresando no Club América en 1951.[3] Na súa primeira tempada no equipo mexicano tivo como adestrador a José Luis Borbolla, ex compañeiro seu do Deportivo. Con todo, nin Borbolla nin o seu substituto uns meses despois, Donato Alonso, contaron moito co xogador galego, que disputou só 5 partidos esa tempada. Coa chegada do técnico Octavio Vial Chao comezou a xogar habitualmente e a marcar goles ata que unha lesión lle fixo perder case todo o que restaba de tempada.[4]

Volveu a Galicia en 1953, e xogou no Xuvenil os últimos partidos da tempada 1953/54, marcando un triplete no partido contra o Atlético Zamora en Riazor e contribuíndo ao ascenso do equipo coruñés á Segunda División.[5][6]

Comezou despois a súa carreira como adestrador, facéndose cargo en xullo de 1955 do Xuvenil, ao que adestrou ata a súa dimisión en abril de 1956.[7][8] Na tempada 1956/57 adestrou o Fabril e logo estivo á fronte da selección galega de xuvenís.

En 1958 emigrou a Venezuela, onde adestrou en Primeira División ao Deportivo Celta e logo ao seu sucesor, o Deportivo Galicia.[9] Máis tarde adestrou o Sporting Coruñés, co que se proclamou campión do Torneo Ibérico na tempada 1967/68.[10] Regresou a Galicia en 1970,[11] volvendo poñerse á fronte da selección galega xuvenil ata 1971, cando marchou de novo a Venezuela.[12]

Morreu nos Estados Unidos mentres se trataba dunha infección.

Vida persoal editar

Era fillo do galeguista Antón Vilar Ponte, sobriño de Ramón Villar Ponte e curmán do pintor José Ramón Villar Chao.

Notas editar

  1. Xan Fraga Rodríguez "Chao, a esquerda galeguista do Deportivo" Arquivado 07 de xullo de 2018 en Wayback Machine.. Terra e Tempo, 29 de agosto de 2011
  2. "El rapaz de Santa Lucía". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de decembro de 1992. p. 102. 
  3. "Las figuras europeas que han pasado por el América" Yahoo Deportes, 2 de xaneiro de 2018
  4. "Chao, un español tratando de conquistar América" (en castelán). 24 de agosto de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  5. "Chao vuelve al futbol y mañana jugará con el juvenil en Marín". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1954. p. 4. 
  6. "Chao se emocionó al jugar nuevamente en el estadio". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 1954. p. 7. 
  7. "Chao, nuevo entrenador del Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 1955. p. 4. 
  8. "La dimisión de Chao". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de maio de 1956. p. 5. 
  9. "Camilo Temes también dijo presente en el fútbol de colonias en Venezuela" (en castelán). 20 de outubro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  10. "Los coruñeses, en el fútbol de Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de decembro de 1963. p. 5. 
  11. "Chao regresa de Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 1970. p. 18. 
  12. "Carlos Torres ya fue seleccionador en Venezuela". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xaneiro de 1971. p. 12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar