Fernando Pavón

futbolista galego

Fernando Pavón Losada, nado en Monforte de Lemos o 3 de marzo de 1928 e finado o 17 de marzo de 1985, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.

Pavón
Información persoal
Nome Fernando Pavón Losada
Nacemento 3 de marzo de 1928
Lugar de nacemento Monforte de Lemos
Falecemento 17 de marzo de 1985
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1945– Lemos
Centro Aragonés
Bonanova
1950–1951 Fabril
1951–1952 Xuvenil
1952–1955 Deportivo da Coruña 4 (0)
1953–1954 Caudal 16 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol en equipos modestos de Monforte, pasando logo ao Lemos,[1] co que debutou en decembro de 1945.[2] Posteriormente residiu en Barcelona, onde xogou no Centro Aragonés de Sarrià e no Bonanova. Destinado na Coruña para realizar o servizo militar,[1] ingresou nas filas do Fabril, onde coincidiu entre outros con Carlos Torres e Arsenio.[3] Xogou a continuación no Xuvenil e en 1952 fichou polo Deportivo da Coruña.

Debutou co Deportivo na primeira xornada da tempada 1952/53 da Primeira División, contra o FC Barcelona no campo de Les Corts, formando no medio do campo xunto con Cuenca.[4] Disputou un total de catro encontros esa tempada, saíndo cedido na seguinte ao Caudal de Mieres, da Segunda División, xunto ao gardameta Alonso.[5] Disputou 16 encontros co club asturiano, onde tivo como adestrador a Cuqui Bienzobas e onde coincidiu con outros futbolistas galegos como Seijas, Regueira e Fernández. Regresou ao Deportivo para a tempada 1954/55 pero non contou con minutos no equipo adestrado por Toba, deixando o club en xuño de 1955.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Fernando Pavón Losada, otro do los nuevos jugadores del C. D. Juvenil". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 1951. p. 5. 
  2. "Lemos, 0; Turista, 1". El Pueblo Gallego (en castelán) (6949). 4 de decembro de 1945. p. 5. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  3. Leirachá, Vicente (6 de abril de 1951). "El Fabril venció al Polvorín por 4-1". La Voz de Galicia (en castelán). 
  4. "El Deportivo dió mucha guerra en las Corts". El Pueblo Gallego (en castelán) (9604). 16 de setembro de 1952. p. 4. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 
  5. "Pavón y Alonso, al Caudal de Mieres". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xullo de 1953. p. 5. 
  6. "Jugadores del Deportivo que se van". La Noche (en castelán). 20 de xuño de 1955. p. 2. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar