Julián Cuenca
futbolista español
Julián Cuenca Sánchez, nado en Madrid o 14 de novembro de 1923 e finado o 3 de febreiro de 1969, foi un futbolista español.[1] Xogaba de centrocampista.
Julián Cuenca | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Julián Cuenca Sánchez | ||
Nacemento | 14 de novembro de 1923 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Falecemento | 3 de febreiro de 1969 | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1944–1950 | Atlético Aviación | 94 | (7) |
1950–1957 | Deportivo da Coruña | 135 | (10) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarDesenvolveu toda a súa carreira entre o Atlético de Madrid e o Deportivo da Coruña, destacando especialmente neste último, co que xogou 154 partidos entre 1950 e 1957.
O 29 de maio de 1955 recibiu unha homenaxe no estadio de Riazor cun partido amigábel entre o Deportivo e o Vasco da Gama brasileiro. O xogador do Real Madrid Alfredo Di Stéfano, así como os célticos Pablo Olmedo e Carlos Torres participaron naquela homenaxe xogando coa camisola do Deportivo da Coruña.[2][3]
Faleceu a consecuencia dun cancro.[4]
Notas
editar- ↑ Ficha en bdfutbol.com
- ↑ "El Vasco da Gama venció al Deportivo, en partido homenaje a Cuenca (6-1)". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1955. p. 1. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ "En los vestuarios de Riazor". La Noche (en castelán). 30 de maio de 1955. p. 4. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ ""Julián Cuenca - colchonero.com". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2014.