Abrir o menú principal

O Club Atlético Osasuna (en éuscaro Osasuna significa saúde ou vigor) é un club deportivo de España con sede en Pamplona, en Navarra. Ten seccións de natación e pelota vasca, pero a máis coñecida é a de fútbol, onde actualmente xoga na Primeira División.

Osasuna
NomeClub Atlético Osasuna
Alcume(s)Rojillos;
Gorritxoak
Fundación24 de outubro de 1920
EstadioEl Sadar, Pamplona
Inauguración2 de setembro de 1967
Capacidade19.800
PresidenteEspaña Luis Sabalza
AdestradorEspaña Jagoba Arrasate
LigaPrimeira División
2018–19 (Segunda División)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

É o club de fútbol máis importante de Navarra por palmarés e historia, cun total de 30 tempadas en Primeira División, 33 en Segunda e 12 en Terceira[1]. Historicamente, é o 16° mellor equipo de España[1][2]. Foi subcampión da Copa do Rei nunha ocasión, e participou nunha fase previa da Liga de Campións e en catro edicións da Copa da UEFA, competición na que acadou as semifinais en 2007. En decembro de 2006 foi nomeado club do mes do mundo pola IFFHS despois de catro vitorias consecutivas en Liga e outra na Copa da UEFA.[3]

É un dos catro únicos equipos profesionais de España, xunto con Athletic Club, FC Barcelona e Real Madrid, que non é unha sociedade anónima deportiva, de maneira que a propiedade do club recae nos seus socios.[4]

Índice

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón azul mariño, medias azuis.
  • Segundo equipamento: Camiseta laranxa, pantalón laranxa e medias laranxas.

EstadioEditar

 
Estadio El Sadar
Artigo principal: Estadio El Sadar.

O Osasuna xoga os seus partidos como local no Estadio El Sadar, coñecido como Reyno de Navarra entre 2005 e 2011 por motivos publicitarios, que ten unha capacidade de 19.800 espectadores sentados. Foi inaugurado o 2 de setembro de 1967 e as súas dimensións son 105 m de longo e 67,5 m de ancho.

Datos do clubEditar

XogadoresEditar

Cadro actualEditar

Actualizado a 11 de xaneiro de 2013.

Posto País Xogador
1 POR   Asier Riesgo
2 DEF   Marc Bertrán
3 DEF   Rubén
4 DEF   Miguel Flaño Bezunartea  
5 DEF   Lolo
6 MED   Miguel de las Cuevas
7 DIA   Kike Sola
8 MED   Masoud Shojaei
9 DIA   Emiliano Armenteros
10 MED   Patxi Puñal  
11 MED   Anthony Annan
12 DIA   Joseba Llorente
13 POR   Andrés Fernández
14 DEF   Alejandro Arribas
Posto País Xogador
15 DEF   Oier Sanjurjo
16 MED   Álvaro Cejudo
17 DIA   Nino
18 DIA   Manuel Onwu
19 MED   Nano
20 MED   Francisco Silva
21 MED   Roberto Torres
22 MED   David Timor
23 MED   Raoul Loé
24 DEF   Damiá
25 POR   Ricardo López
MED   Sisi
DEF   Jon Echaide

  •   = Capitán.
  • Os xogadores con dorsais a partir do 25 poden alternar o primeiro equipo co filial.
  • Os equipos españois están limitados a ter no equipo un máximo de tres xogadores sen pasaporte da Unión Europea. A lista inclúe só a principal nacionalidade de cada xogador; algúns dos xogadores non europeos teñen dobre nacionalidade dalgún país da UE.

PalmarésEditar

Osasuna BEditar

Artigo principal: Club Atlético Osasuna B.

O Club Atlético Osasuna B é o equipo filial do club. Foi fundado en 1962 e xoga na Segunda división B española (Grupo III). Tamén se lle coñece como "Osasuna Promesas".

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Guía Marca da Liga 09 Datos do CA Osasuna. Diario Marca.
  2. Spanish Premier Division All-Time Table 1928-2008 (77 Leagues)
  3. "O Club do Mes do Mundo". IFFHS. 22 de outubro de 2013. 
  4. "Madrid e Barça deben ser S.A.D para competir en igualdade". El Mundo. 6 de marzo de 2009. Consultado o 23 de setembro de 2010. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar