Sociedade anónima deportiva

Unha sociedade anónima deportiva é un tipo especial de sociedade anónima en España, creada coa Lei 10/1990 do 15 de outubro e desenvolvida co Real Decreto 1251/1999 do 16 de xullo.

Necesidade da lexislación específica

editar

A Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte, co seu preámbulo, comenta sobre a necesidade de crear esta nova figura societaria o seguinte:

(...) Nun primeiro nivel, a Lei propón un novo modelo de asociacionismo deportivo que persegue, por unha banda favorecer o asociacionismo deportivo de base, e por outro, establecer un modelo de responsabilidade xurídica e económica para os clubs que desenvolven actividades de carácter profesional. O primeiro preténdese lograr mediante a creación de clubs deportivos elementais, de constitución simplificada. O segundo, mediante a conversión dos clubs profesionais en Sociedades Anónimas Deportivas, ou a creación de tales sociedades para os equipos profesionais da modalidade deportiva que corresponda, nova forma xurídica que, inspirada no réxime xeral das sociedades anónimas, incorpora determinadas especificidades para adaptarse ao mundo do deporte. (...)

Con esta nova figura societaria, o lexislador quere mellorar a transparencia económica e xurídica das empresas que operan no mundo do deporte profesional en España, e abrir a posibilidade de que estas sociedades coticen en bolsa tal como o fan diferentes sociedades futbolísticas italianas.

Ata a actualidade ningunha sociedade anónima deportiva saíra a bolsa, en parte debido a que os clubs deportivos que máis ingresos obteñen, o Real Madrid Club de Fútbol e o Futbol Club Barcelona, seguen sendo asociacións deportivas non mercantís.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo, sobre sociedades anonimas deportivas.
  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte.