15 de outubro
data
<< | Outubro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2023 Todos os días |
O 15 de outubro é o 288º día do ano do calendario gregoriano (289º nos anos bisestos). Quedan 77 días para finalizar o ano.
AcontecementosEditar
- 982: Bermudo II é erixido rei de Galiza na Catedral de Santiago.[1]
- 1385: Batalla de Valverde co triunfo de Nuno Álvares Pereira sobre os casteláns en Valverde de Mérida, dentro das agresións portuguesas en territorio castelán, tras o seu éxito en Aljubarrota, que non concluirían ata a firma do Tratado de Ayllón (Segovia) en 1411.
- 1783: Seres humanos soben por vez primeira nun dos globos aerostáticos dos irmáns Montgolfier.
- 1917: Executada en París a espía e bailarina holandesa Mata Hari acusada de espionaxe a favor da Alemaña.
- 1936: Fusilados en Pontevedra os republicanos da Estrada José Cortés Fernández e José Gómez Rivas.
- 1940: Fusilamento de Lluís Companys, pola ditadura franquista, no Castelo de Montjuic, Barcelona.
- 1987: Asasinado nun golpe de Estado Thomas Sankara, presidente de Burkina Faso (1983-1987).
- 1993: Nelson Mandela e Frederik de Klerk reciben o Premio Nobel da Paz por acabar co apartheid.
- 2007: Convócase por primeira vez o Blog Action Day [1]. A proposta para este primeiro ano é que tódolos blogs publiquen algún comentario sobre o conservación e preservación do ambiente.
NacementosEditar
- -70 - Virxilio, poeta latino (m. -19).
- 1608 - Evangelista Torricelli, físico e matemático italiano (m. 1647).
- 1612 - Isaac de Benserade, escritor francés (m. 1691).
- 1814 - Mikhail Lérmontov, escritor ruso (m. 1841).
- 1844 - Friedrich Nietzsche, filósofo alemán.
- 1869 - Francisco Largo Caballero, sindicalista e político español (m. 1946).
- 1880 - Marie Stopes, autora, paleobotánica, investigadora, euxenicista escocesa (m. 1958
- 1908 - John Kenneth Galbraith, economista estadounidense.
- 1913 - Klaus Barbie, axente da Gestapo.
- 1920 - Mario Puzo, escritor e guionista estadounidense (m. 1999).
- 1922 - Agustina Bessa-Luís, escritora portuguesa (m. 2019).
- 1923 - Italo Calvino, escritor italiano.
- 1926 - Michel Foucault, filósofo francés.
- 1935 - Manuel Cabada Castro, filósofo e escritor galego.
- 1949 - Thomas Sankara, político e revolucionario burquinés.
- 1958 - José Manuel Chapela Seijo, político galego.
- 1979 - Olalla Cociña, escritora galega.
- 1980 - Tom Boonen, ciclista belga.
MortesEditar
- 1917 - Margaretha Geertruida Zelle, "Mata Hari", espía holandesa, fusilada en Vincennes (n. 1876).
- 1922 - José María Riguera Montero, escritor e xornalista galego (n. 1844).
- 1929 - Antón Losada Diéguez, escritor galego (n. 1884).
- 1940 - Lluís Companys, político catalán (n. 1882).
- 1954 - Maurice Bedel, escritor e xornalista francés (n. 1883).
- 1987 - Xosé Otero Espasandín, científico e escritor galego (n. 1900).
- 1987 - Thomas Sankara, presidente de Burkina Faso (n. 1949).
- 1993 - Dan Turèll, escritor de Dinamarca (n. 1946).
Festas e celebraciónsEditar
- Día Mundial da Concienciación sobre a Morte Xestacional e Perinatal [2]
- Día Internacional das Mulleres Rurais[2]
SantoralEditar
- Santa Teresa de Xesús.
Véxase taménEditar
NotasEditar
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 28.
Fuit ordinatus in sede sancti Iacobi apostoli, idus octobris era millesima vicessima
- ↑ "International Day of Rural Women". UN Women (en inglés). Consultado o 2021-10-14.