Manuel Cabada Castro
Manuel Cabada Castro, nado en Sabucedo (A Estrada) o 21 de outubro de 1935, é un filósofo e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de outubro de 1935 (89 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade Pontificia Comillas |
Actividade | |
Ocupación | filósofo |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Traxectoria
editarTras estudar no Colexio dos xesuítas de Camposancos, Carrión de los Condes, Palencia e Salamanca, licenciouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Comillas, en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid, en Teoloxía pola Universidade de Innsbruck e doutor en Filosofía polas universidades de Múnic (cunha tese sobre o filósofo e pedagogo Gustav Siewerth dirixida polo seu mestre o teólogo Karl Rahner), e Complutense de Madrid. Foi profesor de Metafísica-Teodicea na Universidade Pontificia Comillas desde o curso 1969-1970 e de Antropoloxía Filosófica (desde o curso 1978-1979) na Universidade Complutense de Madrid ata a súa xubilación en 2005. Colaborou en Encrucillada, Grial e na revista filosófica Pensamiento, da que foi secretario de redacción.
Obra en galego
editarEnsaio
editar- A rapa das bestas de Sabucedo: historia e antropoloxía dunha tradición, 1992, Ir Indo.
- Paixón poética e militancia galeguista. Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936), 2001, Ediciós do Castro.
- Galicia. Raíces e compromiso, 2016, Ir Indo.
- Recompondo un país magoado (2023). Santiago: Laiovento. 228 páxs. ISBN 978-84-8487-631-1.
Edicións
editar- Xosé Manuel Cabada Vázquez. Obra completa. Poemas e outros escritos, 2001, Fundación Cultural da Estrada.
Obras colectivas
editar- A menciña da palabra. Datos antropolóxicos, en Manuel Reimóndez Portela na lembranza, 1996, Ediciós do Castro.
- Terra de Montes e o simbolismo dos montes, en Forcarei, historia fotográfica do século XX, 2005, Deputación de Pontevedra.
- Piroloxía reflexiva de urxencia, en Á procura da nosa identidade. Terra de Montes, 2007, Deputación de Pontevedra.
- A rapa das bestas de Sabucedo, en Tempos de Festa en Galicia. Tomo II: Entre o Corpus e o mes de agosto, 2008, Fundación Caixa Galicia.
- 0 Padre Seixas desde dentro. Unha aposta progresista, galeguista e universalista, 2013, SEPT.
Obra en castelán
editarEnsaio
editar- El humanismo premarxista de Ludwig Feuerbach, 1975.
- Feuerbach y Kant: dos actitudes antropológicas, 1980.
- Querer o no querer vivir. El debate entre Schopenhauer, Feuerbach, Wagner y Nietzsche sobre el sentido de la existencia humana, 1994.
- La vigencia del amor: afectividad, hominización y religiosidad, 1994.
- Recuperar la infinitud. En torno al debate histórico-filosófico sobre la limitación o ilimitación de la realidad, 2008.
- El animal infinito. Una visión antropológica y filosófica del comportamiento religioso, 2009.
Libros sobre o autor
editar- Ser querido y querer. Ensayos en homenaje a Manuel Cabada Castro, 2007, Salamanca, Editorial San Esteban.
Obra en alemán
editarEnsaio
editar- Sein und Gott bei Gustav Siewerth, 1971.
Recoñecementos
editar- Insignia do Salmón de Ouro e Pregoeiro da XIX Festa do Salmón da Estrada, o 17 de maio de 1992.
- V Edición Premios San Martiño de nomalización lingüística (1995), no Concello da Estrada.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Cabada Castro |
Ligazóns externas
editar- Manuel Cabada Castro Arquivado 10 de agosto de 2022 en Wayback Machine. no dixital Terra e Tempo.