Catedral de Santiago de Compostela

catedral católica da Arquidiocese de Santiago de Compostela, Galicia

A catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época, e segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «ano santo» ou «ano xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidise en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.

Catedral de Santiago de Compostela
Fachada do Obradoiro, obra de Casas Novoa.
Datos xerais
PaísEspaña España
RexiónGalicia Galicia
TipoCatedral
AdvocaciónSantiago o Maior
LocalizaciónSantiago de Compostela
Coordenadas42°52′50″N 8°32′40″O / 42.880555555556, -8.5444444444444Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′40″O / 42.880555555556, -8.5444444444444
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade (1985, en conxunto coa cidade vella)
Ben de Interese Cultural (1896)
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1075-1211 (Antigo Reino de Galiza )
EstiloRománico, barroco, gótico
Medidas100 x 70 m
Páxina webcatedraldesantiago.gal
Catedral de Santiago en Galicia
Catedral de Santiago
Catedral de Santiago
Localización da Catedral no mapa de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896[1], e a cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985[2].

Historia editar

 
Apóstolo Santiago (Codex Calixtinus, folio 4t).

Corre a seguinte lenda sobre a fundación da Catedral e da cidade de Compostela ó seu redor. Unha vez que Santiago conseguiu botar a tódolos mouros destas terras, decidiu erguer unha catedral. Buscou o mellor sitio ata que atopou unha carballeira que lle pareceu ben. Foi arrincando tódolos carballos, un a un, cunha soa man, ata abrir un claro amplo de abondo. Estendeu unha pelica no chan e marcou os lindes por onde debían facerse os muros, e logo foi colocando pedras sobre o perímetro ata terminar de levantar o templo. Por iso dise que "A vila de Sant-Iago,/ a vila santiaguesa,/ a vila de Sant-Iago/ algún día foi devesa"[3].

Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago o Maior difundiu o cristianismo pola Península Ibérica[4][5] nos anos 36/37 ó 40. No ano 44 foi decapitado en Xerusalén por orde de Herodes Agripa I (fillo de Herodes o Grande) e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra[6]. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno ao ano 814 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un milagre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei se converteu no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación[7]. O ano 997 esta igrexa primitiva foi reducida a cinzas por Almanzor, comandante do exército do califa de Córdoba. As portas e as campás da igrexa, portadas aos ombreiros por cativos cristiáns ata Córdoba, engadíronse á mesquita alxama[8]. Cando Córdoba foi tomada polo rei Fernando III de Castela en 1236, esas mesmas campás foron recuperadas e transportadas por prisioneiros musulmáns a Toledo, e incluíronse na catedral de Santa María de Toledo.

A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez.[9] Unha inscrición na capela do Salvador conmemora o momento: "A los treinta años del milésimo septuagésimo quinto despues de la Encarnación del Señor, en cuyo tiempo se fundó esta iglesia de Santiago". Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de san Sernín de Tolosa, probabelmente o maior edificio románico de Francia.

A construción detívose en distintas ocasións polo que se establecen tres etapas construtivas. A primeira remata en 1088, cando o bispo Diego Páez foi detido por traizón, o que supón a paralización das obras.

A segunda época comeza cando o conde de Galicia Raimundo de Borgoña nomea bispo a Xelmírez no ano 1100, e dura ata a morte deste en 1140. As obras da catedral reactívanse baixo a dirección do Mestre Estevo, o Mestre de Pratarías. As capelas absidais conságranse en 1105 . Segundo o Códice Calixtino, a última pedra foi colocada en 1122 e a catedral foi consagrada en 1128, sendo os arquitectos «Bernaldino o Vello, un mestre marabilloso», o seu axudante Galperinus Robertus[10] e, máis tarde, posiblemente «Estevo, mestre de catedrais». Na última etapa «Bernaldino, o Mozo» (que posiblemente era fillo de Estevo) terminaba o edificio[11], mentres que Galperinus estivo a cargo da coordinación. Tamén construíu unha fonte monumental diante da portada setentrional (da Acibecharía) en 1122.

A terceira e última etapa de construción comeza en 1168 cando o capítulo encarga as obras ao mestre Mateu. Mateu respecta o proxecto inicial e remata a construción dos últimos catro tramos da nave maior, mais a cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral é definitivamente consagrada en abril de 1211[12], na mañá do xoves da segunda semana de Pascua, polo arcebispo Pedro Muñiz, en presenza do rei Afonso IX e o seu fillo, ademais de numerosas autoridades eclesiásticas e civís[13][14].

A igrexa convértese en sé episcopal en 1075 e, en boa medida grazas ás xestións do bispo Diego Xelmírez e á súa crecente importancia como lugar de peregrinación, Calisto II consolídaa como sé arcebispal en 1120[15][16].

Ó longo dos séculos, a catedral foi obxecto de numerosas ampliacións e reformas, tanto no exterior como no interior.

Descubrimento do sepulcro editar

 
Afonso II, primeiro rei que peregrina a Santiago de Compostela e quen mandou construír a súa primeira basílica.

As orixes do culto a Santiago en Gallaecia pérdense nos anais dos tempos. A finais do século VII difúndese polo noroeste da Península Ibérica a lenda de que Santiago o Maior fora enterrado nesas terras, despois de evanxelizalas. Esta idea recóllea na península o tratado De Ortu et Obitu Patrum, de Isidoro de Sevilla e, en Inglaterra o bispo Aldhelmo de Malmesbury.[17][18][19] Tamén a recolleron san Xerome e Dídimo o Cego no século IV.

Segundo esta lenda, no ano 813 —outras fontes datan os feitos no primeiro cuarto do século IX—, oito séculos despois da morte do Apóstolo Santiago, un ermitán chamado Pelagius (ou Paio), xunto con outros fieis, veu unhas luces estrañas (fogos fatuos) nas proximidades dun lugar coñecido polo nome de Solovio, nun bosque chamado Libredón, e comunica este feito a Teodomiro, bispo de Iria Flavia.

Despois de tres días de xaxún, o bispo e os seus acompañantes foron ao lugar e descubriron entre as matogueiras un monumento feito de lousas de mármore, unha pequena casa abovedada en ruínas. Nunha cámara no interior había unha tumba marmórea e un altar, polo que non tiveron ningunha dúbida de que se trataba do sepulcro do Apóstolo e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro.

O bispo comunicou o achado ao rei de Asturias Afonso II o Casto, que viaxou de inmediato coa súa corte ao lugar e outorgou as terras próximas ao sepulcro ao bispo, máis as súas correspondentes rendas, e mandou construír unha pequena igrexa sobre o cemiterio (compositum), supra corpus apostoli ("enriba do corpo do Apóstolo"), xunto a un baptisterio e outra igrexa dedicada ao Salvador[20][21].

Tempo despois, nun documento datado o 4 de setembro de 834, o rei dicía:

Pois nos nosos días revelóusenos o prezado tesouro do benaventurado Apóstolo, é dicir, o seu santísimo corpo. Ao coñecelo, con gran devoción e espírito de súplica, apresureime a ir adorar e venerar tan precioso tesouro, acompañado da miña corte, e rendémoslle culto en medio de lágrimas e oracións como Patrón e Señor de España, e pola nosa propia vontade, outorgámoslle o pequeno obsequio antes referido, e mandamos construír unha igrexa na súa honra.
Afonso II o Casto, 4 de setembro de 834.[22]

Esta pequena igrexa foi a orixe da catedral de Santiago de Compostela ("Santo Jacobus do compositum"). Outros sosteñen que a palabra Compostela provén de campus stellae, "campo das estrelas", debido ás luces que bailaban sobre o cemiterio.

De feito, nas escavacións realizadas no subsolo da catedral atopouse un mausoleo romano con pavimento de mosaico paleocristián (dos séculos III-IV) e unha lápida que se conserva no mosteiro de Antealtares, coa seguinte inscrición "Dedicado ós deuses manes. Atia Moeta, por disposición testamentaria, fixo colocar este epitafio ó soño eterno de Viria Moeta, a súa boísima neta, falecida ós 16 anos, e dotou o seu propio enterramento". López Ferreiro atopou no centro dos restos das basílicas anteriores á actual unha cripta cuadrangular delimitada por un muro de pedra. Este espazo estaba dividido en dúas partes, nunha había restos dun mosaico con decoración vexetal e alí estaría a tumba do Apóstolo; na outra, moi modificada por reformas posteriores, atopou dúas tumbas de ladrillo que serían as dos seus discípulos.

Igrexa primitiva editar

 
Afonso II de Oviedo (760-842), no Tumbo A da Catedral de Santiago de Compostela.

Dada a importancia relixiosa e política do achado, o rei Afonso II mandou construír unha igrexa, pequena e sinxela. Derribou as columnas e construíu un muro preto da arca marmórea en forma de nave de planta rectangular, cunha pequena ábsida, e finalmente cubriu todo cun teitume de madeira[23]. A igrexa, que respectou a antiga cela do sepulcro, acollía este na cabeceira. Deste primeiro templo só se conserva o lintel da entrada e o arranque dos muros. Parece que tamén existía un baptisterio [24] exento, ó norte do templo.

No transcurso dunhas escavacións realizadas o ano 1878 baixo a ábsida da catedral dirixidas polo historiador López Ferreiro, sendo arcebispo de Compostela Miguel Payá y Rico, descubríronse os cimentos do sepulcro primitivo, denominado «Arca marmarica», con restos dun altar que constaba dunha laxe lisa sobre un fuste de pedra tamén liso. Presentaba unha planta duns oito metros por lado, con outro corpo central, máis pequeno e rectangular, construído con grandes perpiaños de pedra e os muros exteriores estaban realizados en cachotería. Tiña un pórtico con columnas e pavimento con laxes de granito; unha orla de mosaico romano rodeaba a tapa do sepulcro.

As escavacións realizadas baixo a nave maior da catedral evidenciaron tamén a presenza dunha necrópole cuxo uso se prolongou, como mínimo, desde a construción da igrexa por Afonso II ata a primeira metade do século XII, necrópole que ocupara o espazo dunha anterior (do século IV ó VII). Os enterramentos estendíanse pola fronte occidental da igrexa e ó seu arredor, con tumbas feitas con pedras e cuberta de laxes, outras escavadas na rocha do subsolo e outras cunha lápida monolítica, ás veces con inscricións; tamén hai sarcófagos monolíticos. Atopáronse tamén dous recintos funerarios adxacentes á basílica, nun dos cales apareceu a tumba de Teodomiro.

Igrexa prerrománica editar

 
Maqueta hipotética da Catedral (ano 899).

Durante o reinado de Afonso III, ante o número crecente de peregrinos e as pequenas dimensións da igrexa, decidiuse a construción doutra edificación, de estilo prerrománico e máis ampla e mellor construída que a anterior. Realizouse cunha planta de tres naves e ábsida cuadrangular, quedando integrada no seu presbiterio a anterior igrexa. Non se tocaron as sepulturas de Santiago e os seus discípulos.

Na cabeceira central colocouse un altar dedicado a san Salvador e nas absidiolas laterais á dereita situouse o altar de san Pedro e á esquerda o de san Xoán. Na fachada había un nartex porticado e no lado norte mantívose o edificio que correspondía co baptisterio. O teito era de madeira a dúas augas. Consérvanse restos da parte superior de tres ventás laterais, en arco de ferradura.

A consagración, con grande ostentación, tivo lugar en maio do ano 899 coa asistencia de «a familia real, 17 bispos, 14 nobres e outras personalidades». Nun libro de pergameo da catedral consérvase a escritura de doazón por parte do rei Afonso III de Asturias[25].

Ó redor da igrexa xorden outras edificacións, como o mosteiro de San Martiño Pinario e a súa igrexa de Santa María da Corticela, ó noroeste da basílica; ou o de San Paio de Antealtares. Tamén o primeiro pazo arcebispal, ó sur (cerca de onde se construirá o pórtico de Praterías).

No verán do 997 Santiago de Compostela foi atacada por Almanzor, o auténtico dominador do califato de Córdoba, despois de que, temendo as súas intencións, o bispo Pedro de Mezonzo evacuara a cidade. Almanzor e as súas hostes musulmás queimaron o templo prerrománico dedicado a Santiago, respectando o sepulcro. Iso permitiu a continuidade do Camiño de Santiago. Cara ao ano 1000 volveuse reconstruír polo bispo Pedro de Mezonzo[21][26].

Igrexa románica editar

 
Reconstrución da que podería ser a planta da catedral no século XII. Con posterioridade experimentaría múltiples modificacións.

O templo do século X tamén resultou insuficiente para atender as numerosas peregrinacións que acudían a Santiago de Compostela. Baixo o impulso do rei Afonso VI o Bravo e do bispo Diego Páez iniciáronse as obras dunha gran catedral románica no ano 1075, a cargo dos mestres de obra Bernardo o Vello (quen concibe e deseña o proxecto) e o seu axudante Galperinus Robertus con medio centenar de canteiros, segundo o Códice Calixtino. O bispo Diego Páez foi destituído en 1088, parándose as obras por algún tempo[27].

Cinco anos máis tarde as obras estaban en marcha, impulsadas polo recentemente nomeado administrador da diocese, Diego Xelmírez, co apoio do novo bispo Dalmacio e de Raimundo de Borgoña. En 1101 o Mestre Estevo abandona a cidade de Compostela deixando completadas as capelas do deambulatorio e iniciadas as obras da fachada das Pratarías. Desde este momento continuáronse con regularidade os traballos, e durante as dúas primeiras décadas do século XII rematáronse os traballos dos brazos do cruceiro (en 1111), ata a colocación da última pedra, que segundo as indicacións do Códice Calixtino tivo lugar no ano 1122[28]. Diego Xelmírez, nomeado bispo no 1100 e primeiro arcebispo de Compostela en 1120, foi a figura máis importante na tarefa de impulsar a actividade construtora en Santiago. Aínda que houbo diversas paradas durante a súa construción, a gran cantidade de esmolas conseguidas fixo posible a súa volta ao culto e a súa consagración en 1128.

A terceira etapa construtiva comeza en torno ó ano 1140, cando xa estaban construídos e cubertos seis tramos das naves. O mestre Mateu fíxose cargo da dirección das obras aínda que respectou a organización arquitectónica precedente e, en 1168, iniciou o Pórtico da Gloria. Aínda que continuaron as obras ata boa parte do século XIII, a catedral consagrouse definitivamente o ano 1211[28]. Nos motivos esculpidos nos capiteis da nave pódese confirmar esta evolución dos directores da obra: nos primeiros —a contar desde o cruceiro— aparecen parellas de animais fantásticos ou reais (aguias, leóns, pombas, sereas) e, ocasionalmente, figuras humanas; nos catro últimos tramos xa son claramente da man do taller de Mateu: follas lisas ou rizadas, ás veces con figuras humanas asomando entre elas; monstros, leóns, dragóns e lobos.

O deseño arquitectónico da catedral, cun ciborio central e dúas pequenas torres, foi imitado a seguir polas restantes basílicas da súa arquidiocese. Esta sorte de homenaxe ao templo de maior categoría aparece nas catedrais de Zamora, Salamanca, Toro, Plasencia e Évora.[29]

Peregrinación editar

Artigo principal: Camiño de Santiago.
 
A «Compostela», certificado acreditativo do remate do Camiño de Santiago.

Aproximadamente desde o 813, co achado das reliquias do Apóstolo e baixo a protección do rei Afonso II de Asturias, a noticia esténdese con rapidez por toda a Europa cristiá e os peregrinos empezan a chegar ao lugar, o denominado Campus Stellae (probablemente a orixe do termo Compostela), e que se converteu progresivamente nun centro de peregrinación coa fundación dun convento e diversas hospedaxes na propia cidade. O ano 850, Gotescalco, bispo francés de Le Puy-en-Velay peregrinou ata o sepulcro e está considerado como o primeiro peregrino estranxeiro documentado[21][30].

Relixiosos vinculados á Orde de Cluny elaboraron o Códice Calixtino (Codex Calixtinus) e a Historia Compostelá para o arcebispo Diego Xelmírez e os reis peninsulares favoreceron a constitución e proxección dunha rede de mosteiros cluniacenses no norte da península e especialmente nas proximidades do Camiño de Santiago, conseguindo así grandes edificacións de estilo románico. Concedeuse un privilexio, confirmado polo papa Alexandre III, consistente en que o ano en que o 25 de xullo, festa de Santiago o Maior, coincidise en domingo poderíanse gañar na igrexa de Compostela as mesmas grazas que se outorgaban en Roma os anos xubilares, que alí adoitan coincidir cada vinte e cinco anos. Trátase da bula de concesión máis antiga que se conserva, a Regis aeterni, datada en 1179. Nesta bula confírmase un privilexio outorgado polo papa Calisto II[31].

A chegada da Raíña Santa Isabel como peregrina á catedral compostelá en 1325.
A raíña deposita a súa coroa aos pés do arcebispo de Santiago de Compostela.

Durante o século XIV producíronse grandes convulsións sociais en Europa que desviaron aos peregrinos cara a outros destinos. Por outra banda, a Reconquista desprazou toda a atención económica e gobernamental dos reinos españois cara ao sur. O Cisma de Occidente en 1378 dana e divide a cristiandade. O século XV tampouco axudou á súa revitalización, pleno de desagradables acontecementos no vello continente: guerras, fame, peste e malas colleitas. A pesar de todo, moitos crentes continuaban acudindo ata a tumba do Apóstolo para cumprir a súa penitencia pero posteriormente o Camiño foi caendo no esquecemento, e logo da Idade Media e Moderna foi perdendo importancia. Desde o ano santo de 1993, o goberno autónomo galego decidiu potenciar o seu valor enfocándoo como un recurso turístico e dirixido a persoas co perfil do peregrino relixioso tradicional; deste xeito lanzouse unha gran campaña publicitaria para a Compostela dese ano: o «Xacobeo 93». Grazas a este plan de potenciación restauráronse tramos da ruta e as infraestruturas para os peregrinos e contouse coa colaboración das comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño. Este atópase indicado por frechas pintadas de amarelo, cunchas de vieira, cruces de Santiago e outros sinais. En 1993 foi considerado ben cultural Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO[32].

 
Diversos indicadores do Camiño de Santiago.

Os tramos son carreiros de gran percorrido que teñen xeralmente unha lonxitude de máis de cincuenta quilómetros e están pensados para camiñadas de máis de dúas xornadas. Os peregrinos que chegan á catedral teñen que mostrar a «credencial» do Camiño, que demostrará que percorreron e se aloxaron nos lugares que nela se mostran[33] A «Compostela» é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e que se entrega aos peregrinos cando acaban a súa peregrinación na catedral, e para obtela necesítase percorrer un mínimo de cen quilómetros a pé ou douscentos se se vai en bicicleta ou de a cabalo. Durante a Idade Media a «Compostelá» era un medio de indulxencia, que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, e se esta fora obtida nun ano santo compostelán, obtíñase a indulxencia plenaria[34].

Son numerosas as rutas de peregrinación compostelá que se foron creando ao longo dos séculos. En España iníciase nos portos de Somport (vía tolosana) ou de Roncesvalles (Navarra). Aínda que os camiños polos que chegan os fieis a Santiago son moi numerosos, un dos percorridos máis coñecido é o chamado camiño francés; trátase dun percorrido de gran riqueza cultural e artística ao que van sumándose outras rutas que os novos peregrinos van forxando cada ano, aproveitando os trazados históricos aos cales engaden novas rutas. Os peregrinos van en aumento ano tras ano[35].

A catedral ó longo dos séculos seguintes editar

Durante os séculos XVII e XVIII realizáronse profundas transformacións na catedral, introducindo diferentes elementos barrocos, tanto no interior como no exterior da basílica. As obras comezan a partir de 1643 cando Filipe IV outorga unha renda anual para sufragar as obras na cabeceira. En 1649 chega a Santiago José Vega y Verdugo, verdadeiro introdutor do barroco na catedral.

En 1657, o arquitecto madrileño Pedro de la Torre comeza a remodelación da capela maior.

No século XVIII, o arcebispo Malvar decidiu modificar a cabeceira da catedral, ampliándoa cara á Quintana, e encargou a Miguel Ferro Caaveiro os planos da obra. Este entregou en 1794 dous bosquexos, polo menos, seguindo "las ydeas del excelentisimo señor arzobispo", e os alzados que deseñou o arquitecto Melchor de Prado y Mariño. Os dous proxectos prevían a demolición do lenzo construído por José Peña de Toro na praza da Quintana para pechar a fachada leste, a propia Porta Santa e as capelas do Salvador e de Nosa Señora a Branca, para construír un corpo rectangular a continuación da ábsida no que localizar o coro situado na nave maior e abrir espazos para a sancristía e un panteón para os arcebispos. O segundo proxecto, máis amplo aínda, implicaba a demolición das capelas de San Pedro, de San Xoán, de San Bertomeu e do Espírito Santo, que se trasladarían á zona ampliada, así como a construción dun novo pórtico fronte á fachada de Praterías "con el fin de conservar los monumentos que hay en la antigua (que queda ilesa) a similitud de la principal o del Salvador".[36] A morte do arcebispo, en 1975, fanou definitivamente o proxecto de reforma.

Exterior da catedral editar

A catedral de Santiago foi modificada en numerosas ocasións desde a súa construción, con distintas obras e ampliacións (torres, claustro, muros, capelas etc.) que foron alterando substancialmente a planta de cruz latina orixinal. Hoxe é un edificio complexo do que o visitante non pode facerse unha idea cabal da súa arquitectura e distribución dos diferentes espazos e estruturas. Para conseguir esta visión global do edificio cómpre visitar a maqueta hoxe exposta no Museo das Peregrinacións e de Santiago[37].

A Guía do peregrino que escribiu Aimery Picaud entre 1135 e 1140, integrada dentro do Códice Calixtino, constitúe a primeira descrición detallada do que era a cidade de Santiago e a súa catedral no século XII, ás que dedica o capítulo IX completo[38]. Hoxe representa unha referencia obrigada para os historiadores e estudosos da catedral e permite entender moitos aspectos da súa construción orixinal que quedaron alterados polas reformas realizadas nos séculos posteriores.

Picaud describe as dimensións da basílica (53 alzadas de home, de longo, por 39, de ancho e 14 alzadas de altura interior; é dicir, 90, 66 e 24 metros, respectivamente. López Ferreiro corrixiu estas medidas en 97, 65 e 22 metros.[39], as súas nove naves (seis pequenas e seis grandes), 9 torres, 29 columnas, 63 fiestras, 3 pórticos principais e 7 pequenos etc.

Describe detalladamente as tres portadas principais: a porta setentrional ou Francíxena, a porta meridional (á que, como é lóxico, non nomea como de Praterías) e a porta occidental. Desta última dá moitos menos detalles (son tantos os motivos que a decoran que me resulta imposible describilos) pero menciona a imaxe e escenas da Transfiguración. O certo é que cando el visitou a catedral aínda non estaban rematados os últimos tramos da nave nin podía existir tal portada, e cabe supoñer que o que describía era o proxecto do que se ía facer, que nunca se levou a cabo e que Mateu deseñou de novo anos despois.

"A ambigüidade coa que o Códice Calixtino describe unha suposta Fachada Occidental da catedral anterior á obra de Mateu, así como a ausencia de vestixios arqueolóxicos ou arquitectónicos desta, levan a concluír que, aínda que é posible que existise un proxecto, e mesmo un obradoiro que traballase en pezas destinadas a esta portada, a Catedral non se chegou a pechar ata a realización da fachada exterior do Pórtico da Gloria"
Yzquierdo Peiró 2011, 56.

Hoxe, cada unha das fachadas forma coas súas respectivas prazas magníficos conxuntos urbanísticos. A fachada barroca do Obradoiro foi realizada por Casas Novoa en 1738 e protexe o Pórtico da Gloria, obra primordial da escultura gótica, concluída polo mestre Mateu en 1188. Tamén é barroca a da Acibecharía, obra iniciada por Ferro Caaveiro e Fernández Sarela e rematada por Lois Monteagudo, e só se conserva, aínda que tamén con modificacións, a de Praterías, construída polo Mestre Estevo en 1103.

A fachada occidental do mestre Mateu editar

Cando se di que o mestre Mateu rematou os últimos tramos da nave principal da catedral, estase a falar da construción da cripta ou catedral vella, do Pórtico da Gloria e da fachada occidental que se abría ó que hoxe é a praza do Obradoiro. Esta fachada exterior conservouse intacta ata que a principios do século XVI se fixeron as primeiras modificacións, consistentes no pechamento dos arcos de acceso á igrexa —daquela aberta ós peregrinos día e noite— cunhas grandes portas que esixiron a retirada das primeiras estatuas e outros elementos da fachada exterior. Aínda houbo outras modificacións, como unhas novas escaleiras de acceso ó templo, pero foi a construción da fachada barroca de Casas Novoa, en 1738, a que modificou substancialmente a fachada románica de Mateu, da que só se respectaron os dous corpos inferiores das torres laterais.

 
Fachada da catedral no século XVII, segundo José Vega y Verdugo.

Un debuxo realizado ó redor de 1657 por José Vega y Verdugo, cóengo fabriqueiro da catedral, para ilustrar as reformas que propoñía realizar ó Cabido compostelán, é a primeira representación gráfica que posuímos da fachada occidental, aínda que non recolle o estado real da fachada nesa data senón que inclúe no mesmo as reformas propostas. Estas reformas incluían igualar a altura das torres e anular os tellados que as remataban, e cambiar o cumio do corpo central por unha serie de capiteis barrocos. En calquera caso, non consta que se levaran a cabo estas reformas.

Segundo a reconstrución hipotética do que sería a catedral no século XIII, na fachada exterior abríase un grande arco central, tan ancho como a nave central e de non menos de 8 metros de altura, e dous arcos laterais, en correspondencia cos arcos do Pórtico e coas naves da catedral. Sobre os arcos laterais abríanse cadanseu rosetón.

Sobre este primeiro corpo formado polos arcos de acceso había un segundo corpo con catro grandes ventanais apuntados (das que Casas Novoa respectou as dúas ventás laterais e eliminou as centrais). Separando ámbolos corpos, un beiril con arcos de medio punto nos que se esculpiron bustos de anxos (consérvanse cinco pezas no Museo). Un terceiro corpo, centrado, estaba presidido por un enorme rosetón —que no XVI recibía o nome de espello grande— rodeado de catro pequenos óculos, na cara occidental da tribuna, mentres que nas outras tres caras abríase outros, de menor diámetro.

A ámbolos lados da fachada levantábanse dúas altas torres de base cadrada rematados en tellados a catro augas. No debuxo citado de Vega y Verdugo pode observarse que a torre da esquerda—hoxe da Carraca— tiña un corpo menos que a da dereita —hoxe das Campás.

En 1519 o cabido encargou ó Mestre Martín de Blas pechar os arcos de acceso. Dado o tamaño do arco central tivo que dividilo en dous cun piar para colocar dúas portas, o que trouxo consigo a eliminación da arquivolta do arco e dalgunhas das imaxes que había na cara externa das columnas laterais. A construción, no XVII, das escaleiras de acceso significou a destrución da portada románica da cripta, e a da fachada barroca de Casas Novoa, no XVIII, a retirada do resto das imaxes que Mateu situara na fachada exterior, así como algunhas da contraportada[40].

 
Dous profetas, expostos no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra, posiblemente Enoc e Elías.

Aínda que a maior parte dos elementos arquitectónicos da fachada románica desapareceron ou foron reutilizados sen que fose posible identificalos, algunhas destas estatuas retiradas si foron identificadas. Así por exemplo, as estatuas dos reis David e Salomón que foron colocadas no século XVI no socalco de acceso á catedral, sobre as escaleiras do Obradoiro e retiradas para ser restauradas e expostas no Museo en 2016 [41]; as estatuas de Abraham ou Xeremías e de Isaac ou [Ezequiel]], no Pazo de Meirás, en mans dos herdeiros de Franco,[42]; ou as figuras de Elías e de Enoc [43] hoxe no Museo de Pontevedra [8].

Outras figuras procedentes do Pórtico de Mateu son un posible rei bíblico, ou Fernando II de León e Galicia, ou mesmo o apóstolo Santiago en forma de Miles Christi, figura sedente e decapitada; unha figura masculina que podería representar ó profeta Malaquías, atopada en 2016 entre os entullos que recheaban a torre das campás da catedral, tamén decapitada; e unha cabeza de varón cuxa morfoloxía e estilo permite identificala como pertencese a outra das columnas-estatuas desta fachada.

Estas nove estatuas foron declaradas Ben de Interese Cultural (BIC) pola Xunta de Galicia en 2018 [44].

Algunhas pezas do rosetón principal da tribuna recuperáronse nas escavacións que se fixeron nas escalinatas da catedral (1961) e hoxe se expón, parcialmente reconstruído por Chamoso Lamas, no Museo da Catedral, aínda que Yzquierdo[45] sostén que corresponde só co núcleo central, faltando todo o anel que o rodeaba, decorado con elementos xeométricos; os outros rosetóns, menores, das caras norte, sur e leste, consérvanse in situ na tribuna da catedral. Tamén se conservan, musealizadas, algunhas doelas da arquivolta do arco central e outras do arco da dereita. Estas últimas son paralelas ás que están no arco dereito do Pórtico, con escenas semellantes do castigo ós pecadores.

A estrutura das torres, ata o segundo corpo, foi respectada nas reformas posteriores, que unicamente retocaron parte das fachadas e levantaron os corpos superiores.

O Pórtico da Gloria editar

Artigo principal: Pórtico da Gloria.
 
Reprodución do Pórtico da Gloria no Museo de Vitoria e Alberte de Londres.

O Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela é un pórtico de transición entre o románico e o gótico,[46][47][48] realizado polo mestre Mateu e o seu obradoiro por encargo do rei Fernando II, quen doou para este efecto cen marabedís anuais, entre 1168 e 1188, data esta última que consta inscrita en pedra na catedral como a da súa finalización. O 1 de abril de 1188 colocáronse os linteis do pórtico e a conclusión do conxunto demorouse ata o ano 1211, momento no que se consagrou o templo coa presenza do rei Afonso IX[13].

O pórtico divídese en tres arcos de medio punto que se corresponden con cada unha das tres naves da igrexa, sostidos por grosos piares con columnas encostadas. O arco central é o maior (o dobre que cada un dos laterais) e o único que posúe tímpano, está dividido por unha columna central, o parteluz, coa figura de Santiago. Verticalmente, a franxa inferior está formada polas bases das columnas, decoradas con animais fantásticos, a franxa media está formada por columnas que sustentan as estatuas encostadas dos apóstolos e a superior polos arcos que coroan as tres portas. O conxunto escultórico pretende ser unha representación iconográfica de diferentes símbolos tomados da Apocalipse de san Xoán e doutros textos do Antigo Testamento[49].

Tímpano
 
Pantocrátor do tímpano do Pórtico da Gloria.

A disposición do tímpano está baseada na descrición de Cristo que fai o evanxelista san Xoán na Apocalipse (Cap. 1,1-18). No centro, móstrase o pantocrátor, coa imaxe de Cristo en Maxestade, mostrando nas mans e nos pés as feridas da crucifixión. Rodeando a Cristo, o tetramorfo coas figuras dos catro evanxelistas cos seus atributos: á esquerda, arriba san Xoán e a aguia e abaixo san Lucas co boi; á dereita, arriba san Mateu sobre o cofre do recadador de tributos e abaixo san Marcos e o león[50].

A ambos os dous lados dos evanxelistas, detrás de san Marcos e san Lucas, aparecen catro anxos a cada lado cos instrumentos da Paixón de Cristo. Uns levan, sen tocalos directamente, a cruz e a coroa de espiñas (á esquerda) e a lanza e os catro cravos (á dereita), outros a columna na cal foi azoutado e a ámboa coa cal lavouse Poncio Pilato. Sobre as cabezas destes anxos, dous numerosos grupos de almas dos benaventurados, corenta en total. Na arquivolta do tímpano central atópanse sentados os vinte e catro anciáns da Apocalipse, sostendo cada un un instrumento musical, como preparando un concerto en honra de Deus[50].

Parteluz
 
Parteluz coa figura de Santiago.

No parteluz ou mainel atópase a figura sedente de Santiago Apóstolo cun bastón de peregrino, como patrón da basílica. Santiago aparece cun pergameo onde figura escrito Misit em Dominus (envioume o Señor). A columna acaba sobre a súa cabeza cun capitel onde se representan as tentacións de Cristo en tres das súas caras; na que mira cara ao interior do templo, rezan dous anxos axeonllados. Ao pé do santo hai outro capitel coas figuras da Santa Trindade. Baixo o Apóstolo represéntase a árbore de Xesé, nome que recibe a árbore xenealóxica de Xesucristo desde Xesé, pai do rei David; é a primeira vez que se representa este tema na iconografía relixiosa na Península Ibérica. A columna repousa sobre unha base onde hai unha figura con barba ata o peito (quizais unha imaxe de Noé) e dous leóns. Ao pé desta columna central, na parte superior interior mirando cara ao altar maior da catedral, está a figura axeonllada do propio mestre Mateu, sostendo un cartel no que está escrito Architectus. Esta imaxe coñécese popularmente como «Santo dos croques»[51], pola antiga tradición dos estudantes de golpear a súa cabeza contra a figura para recibir sabedoría, tradición que foi adoptada posteriormente polos peregrinos, aínda que se están tomando medidas para limitar o acceso para intentar frear a deterioración que por este motivo sufriu a obra.

Xambas
 
Apóstolos dunha das xambas do Pórtico da Gloria.

Nas columnas da porta central e nas dúas portas laterais aparecen representados apóstolos, profetas e outras figuras, cos seus atributos iconográficos. Todas están coroadas co seu respectivo capitel onde se representan diferentes animais e cabezas humanas con motivos de follas. Todas as figuras estaban policromadas e co seu nome inscrito nos libros ou pergameos que sosteñen nas súas mans.

Os catro puntais do pórtico susténtanse sobre fortes baseamentos onde se representan grupos de diversos animais e cabezas humanas. Para algúns autores estas figuras son imaxes de demos, e simbolizan que o peso da gloria (o pórtico neste caso) esmaga ao pecado. Outras fontes danlle unha interpretación apocalíptica, con guerras, fame e morte (representadas polas bestas), situacións que só se poden salvar grazas á intelixencia humana (as cabezas dos homes anciáns).

Portas laterais
 
A arquivolta da porta dereita representa o Xuízo Final.

O arco da porta dereita representa o Xuízo Final. A dobre arquivolta está dividida en dúas partes iguais por dúas cabezas. Algúns autores identifican estas cabezas coas figuras do arcanxo Miguel e Cristo, para outros son Cristo-Xuíz e un anxo, e outras fontes indican que representan a Deus Pai e Deus Fillo. Á dereita destas cabezas aparece representado o Inferno, con figuras de monstros (demos) que arrastran e torturan as ánimas dos condenados. Á esquerda, o Ceo cos escolleitos, con figuras de anxos con nenos que simbolizan as ánimas salvadas[52][53].

O arco da porta esquerda representa escenas do Antigo Testamento, cos xustos que esperan a chegada do Salvador. No centro da primeira arquivolta está Deus creador, que bendice ao peregrino e sostén o libro da Verdade Eterna; á súa dereita está Adán (espido), Abraham (co índice levantado) e Xacob. Con eles hai dúas figuras máis que poderían ser Noé (novo pai da humanidade para salvala do Diluvio) e Esaú ou Isaac e Xudá. Á esquerda de Deus vemos a Eva, Moisés, Aharón, o rei David e Salomón. Na segunda arquivolta, a superior, dez pequenas figuras representan as doce tribos de Israel[50].

Fachada do Obradoiro editar

 
Vista nocturna da fachada do Obradoiro.
Artigo principal: Fachada do Obradoiro.

A praza do Obradoiro á que dá esta fachada fai alusión ao obradoiro de canteiros que funcionaba na praza durante a construción da catedral.

Para protexer o Pórtico da Gloria da deterioración que estaba sufrindo polas inclemencias meteorolóxicas, esta fachada e as súas torres xa tiveran varias reformas desde o século XVI, como xa se dixo. No século XVIII (1738) o cabido decidiu construír a actual fachada barroca baseándose en "la rruina que padece el espejo y la falta que hace la torre por la ygualdad con la otra", para o que contratou a Fernando de Casas Novoa —discípulo de Domingo de Andrade—, quen derribou o que nesas datas quedaba da fachada medieval. A fachada deseñada por este arquitecto conta cunhas grandes ventás acristaladas que permiten iluminar a nave e atópase entre as torres das Campás e da Carraca. No medio do corpo central está Santiago Apóstolo e un nivel máis abaixo os seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro, todos vestidos de peregrinos. No medio, a urna (representación do sepulcro atopado) e a estrela (representación das luminarias que viu o ermitán Paio) entre anxos e nubes. Na torre da dereita está María Salomé, nai de Santiago, e na torre da esquerda o seu pai, Zebedeo. Sobre a balaustrada desta parte esquerda pode verse a santa Susana e san Xoán e sobre a da dereita a santa Bárbara e Santiago o Menor[54].

Para subir ata a entrada da basílica atópase unha escaleira, realizada en 1606 por Ginés Martínez, de estilo renacentista inspirada na de Giacomo da Vignola do Palacio Farnesio (Roma), en forma de rombo con dúas ramplas que rodean a entrada á antiga cripta románica do século XII do mestre Mateu, denominada popularmente «Catedral Vella»[55].

Entre o plano existente da fachada do Obradoiro e a antiga portalada románica (Pórtico da Gloria) atópase un nártice cuberto.

Esta fachada converteuse nun símbolo da catedral e da cidade de Santiago de Compostela. Proba da súa representatividade é o gravado que aparece no reverso das moedas de euro de España de 1, 2 e 5 céntimos de euro.

Fachada sur ou das Pratarías editar

Artigo principal: Fachada das Pratarías.
 
Fachada románica das Pratarías.

A fachada das Pratarías é a fachada meridional do cruceiro da catedral de Santiago de Compostela e é a única fachada románica que se conserva na catedral. Edificouse entre 1103 e 1117 e durante os séculos posteriores fóronselle engadindo elementos procedentes doutros lugares da catedral[56] (como do Pórtico do Paraíso ou do coro pétreo). Outras modificacións substanciais foron a construción da Torre do Reloxo no século XIV e da fachada do Tesouro. A praza das Praterías está delimitada pola catedral e o claustro en dous dos seus lados; contigua á catedral está a Casa do Cabido.

Consta de dúas portas de entrada en degradación con arquivoltas e tímpanos historiados. As arquivoltas están sobre once columnas encostadas, tres son de mármore branco (a central e as dos extremos) e o resto de granito. Na central aparecen as figuras de doce profetas e nas laterais os apóstolos. Sobre os tímpanos atópase un gran friso que está separado do corpo superior por unha franxa sostida por canzorros grotescos; neste piso atópanse dúas fiestras que están adornadas por arquivoltas románicas[56].

 
Escultura do rei David, polo Mestre Estevo.

No friso central atópase Cristo, con personaxes e escenas varias; á súa dereita seis pequenas figuras de meniños cantores que pertenceron ao coro pétreo do mestre Mateu e que foron colocadas neste Pórtico a finais do século XIX[57]. A disposición orixinal dos elementos iconográficos quedou desvirtuada desde que no século XVIII foron introducidas numerosas imaxes recuperadas da desmantelada fachada da Acibecharía. Nun medallón central aparece o Pai Eterno (ou a Transfiguración de Xesús) coas mans abertas e sobre os arcos no extradorso figuran catro anxos con trompetas que anuncian o Xuízo Final[56].

 
Inscrición na xamba da fachada que dá fe da data de comezo das obras.

No tímpano da porta esquerda aparece Cristo tentado por un grupo de demos. Á dereita aparece unha muller a medio vestir cunha caveira nas mans, que podería ser Eva ou a muller adúltera, sentada sobre dous leóns. Nas xambas aparecen santo André e Moisés. No contraforte esquerdo, o bíblico rei David sentado no seu trono coas pernas cruzadas, translúcidas a través da fina tea da súa roupa, e tocando unha viola, personifica o triunfo sobre o mal e é unha obra destacada do románico, esculpida polo Mestre Estevo ou mestre de Praterías[58]; aparece tamén a creación de Adán e Cristo bendicindo. Moitas destas figuras proceden da fachada románica norte ou do Paraíso (actual fachada da Acibecharía) e foron colocadas nesta fachada no século XVIII[56][59].

No tímpano da porta dereita aparecen varias escenas da paixón de Cristo e da adoración dos Reis Magos. Nunha das xambas aparece a inscrición que conmemora a colocación da primeira pedra:

ERA / IC / XVI / V IDUS / JULLII

Inscrición que segue o calendario romano e, segundo o cómputo da chamada era hispánica, corresponde ao 11 de xullo de 1078. Unha imaxe, non identificada, sobre un raposo que come unha lebre e, fronte a esta, unha muller mal vestida cun animal no colo, proceden doutro lugar. Apoiadas no muro da torre Berenguela aparecen outras imaxes que representan a creación de Eva, Cristo nun trono e o sacrificio de Isaac[56].

Fachada norte ou da Acibecharía editar

 
Fachada da Acibecharía.
Artigo principal: Fachada da Acibecharía.

A fachada da Acibecharía atópase na actual praza da Inmaculada, onde desemboca o último tramo urbano dos camiños Francés, Primitivo, do Norte e Inglés a través da antiga porta Francíxena ou porta do Paraíso. A portada románica foi construída en 1122 por Bernaldino o Tesoureiro do templo e foi demolida tras sufrir un incendio o ano 1757. Algunhas pezas escultóricas que se salvaron foron colocadas na fachada das Pratarías, outras forman parte da colección do Museo da Catedral e outras desapareceron.

A nova fachada foi proxectada en estilo barroco por Lucas Ferro Caaveiro, que comezou as obras e realizou o primeiro e segundo corpo. Cando presenta en 1762 o proxecto do remate da fachada, o cabido non o acepta e solicita un novo proxecto a Ventura Rodríguez, quen o presenta en 1765. A obra foi terminada en 1769 por Domingo Lois Monteagudo e Clemente Fernández Sarela en estilo neoclásico, aínda que conservou algúns trazos barrocos[60].

Na parte superior da fachada atópase unha estatua de Santiago do século XVIII, con dous reis aos seus pés en posición de oración: Afonso III e Ordoño II. No centro atópase a estatua da Fe[61][62].

Esta fachada foi restaurada no ano 2011, adquirindo un estado similar ó orixinal.[63].

Fachada leste ou da Quintana editar

Porta Real.
Porta do Perdón.
Artigo principal: Porta Santa.

No século XVII, José de Vega y Verdugo deseñou unha estrutura que pechase a cabeceira da catedral, formada daquela por distintas capelas e portas de disposición irregular[64]. Creouse así a fachada da catedral que dá á praza da Quintana, un muro uniforme de pedra que oculta a cabeceira orixinal, disposto en tres lenzos e con tres portas (máis outra accesoria a carón da Porta Santa). De sur a norte, son a Porta Real, a Porta Santa e a Porta dos Abades.

A Porta Real é de estilo barroco, iniciada baixo a dirección de José Peña de Toro en 1666 e finalizada por Domingo de Andrade en 1700, quen ergueu catro grandes columnas flanqueando a porta, que abarcan dúas plantas de ventás, unha balaustrada con grandes pináculos e unha edícula cunha escultura ecuestre de Santiago (hoxe desaparecida), moi adornado con decoración de acios de froitas e trofeos militares a grande escala. Coroa a porta o escudo real baixo un frontón curvo. Por esta porta accedían os reis de España á catedral, de aí o seu nome, e sobre o seu lintel atópase o escudo real[56][65].

A chamada Porta Santa ou Porta do Perdón é a máis próxima ás escalinatas. Está polo xeral pechada cunha reixa e ábrese só nos anos xubilares, o día 31 de decembro do ano anterior. Foi unha das sete portas menores e estivo dedicada a san Paio (cuxo convento está xusto en fronte), polo que tamén se coñeceu como Porta de San Paio[66].

 
Porta Santa, bronce de Suso León (2004).

Realmente, a Porta Santa non é a que se ve desde a praza da Quintana senón a porta do interior, aberta no muro románico ó deambulatorio. O pórtico que abre á Quintana presenta a ámbolos dous lados vinte e catro figuras de profetas e apóstolos (entre eles o propio Santiago), que proviñan do antigo coro de pedra do mestre Mateu. Sobre ela e nunhas fornelas, a imaxe de Santiago e os seus discípulos Atanasio e Teodoro ao seu lado, nun segundo corpo engadido en 1694. Este programa iconográfico explica a denominación popular de Porta dos 27 sabios[67].

Esta porta da Quintana dá a un angosto corredor onde reciben sepultura os Abraldes[68], e que conduce á verdadeira Porta Santa pola que se entra ao deambulatorio da ábsida do templo[56][69]. Desde o 2004, é unha porta de bronce, obra do escultor santiagués Suso León que veu substituír a anterior, de Paco Leiro[70]. Na cara externa represéntanse as imaxes de Xesús, Santiago e outros peregrinos; na cara interna, seis escenas da vida do Apóstolo: como pescador no lago Tiberíades, escoitando a Xesús, evanxelizando en Galicia, a decapitación, a translación do seu corpo e o descubrimento do sepulcro.

A Porta dos Abades, máis ó norte, abre á Quintana de Vivos ou de Palacios. É obra de José Peña de Toro.

Torre das Campás editar

 
Torre das Campás vista desde o claustro.

As primitivas torres que se atopaban na fachada principal da catedral. actual fachada do Obradoiro, eran románicas e foron modificadas entre os séculos XV e XVIII. Denomínanse respectivamente torre das Campás, a situada no lado da epístola, e torre da Carraca, no lado do evanxeo; as dúas teñen unha altura de entre 75 e 80 metros[71].

O primeiro corpo da torre construíuse no século XII; no século XV realizáronse diversas modificacións e o rei Lois XI de Francia doou en 1483 as dúas campás maiores das trece coas que conta[72].

Debido a unha inclinación que se detectou na súa estrutura entre os séculos XVI e XVII tivo que ser reforzada con contrafortes. Entre 1667 e 1670 José Peña de Toro realizou o corpo de estilo barroco en que se atopan aloxadas as campás, e que foi terminado por Domingo de Andrade. A arquitectura das torres ten un grande efecto de perspectiva grazas ás súas liñas verticais [73][74].

Torre norte ou da Carraca editar

 
Torre da Carraca.

Está situada á beira esquerda da fachada do Obradoiro, foi edificada como a súa compañeira do lado contrario sobre outra anterior da época románica. Foi proxectada por Fernando de Casas Novoa en 1738 imitando a torre das Campás realizada por José Peña de Toro e Domingo de Andrade no século XVII, conseguindo unha decoración barroca con todo tipo de ornamentación que deu unha unificación arquitectónica en toda a fachada[73].

En abril de 2010 instalouse unha réplica da antiga carraca, por non ser posible a súa restauración, que pasará a formar parte do Museo Catedralicio. A nova é unha copia fiel do antigo instrumento e foi realizada coa mesma clase de madeira de castiñeiro, consta de catro caixas de resonancia rectangulares cunha lingüeta en cada unha que ao virar sobre un eixe dentado e golpealas fainas soar; as caixas están colocadas en forma de cruz e cada brazo mide algo máis de dous metros. Este antigo instrumento, en desuso na liturxia, facíase tocar durante as celebracións de Semana Santa como símbolo de dó pola morte de Xesús, para acalar o son das campás durante esta época de recollemento[75].

Torre do Reloxo, da Trindade ou Berenguela editar

 
Parte superior da torre do Reloxo, tamén chamada da Trindade ou a Berenguela.
 
Detalle da greta na Berenguela.

A Torre do Reloxo, tamén chamada da Trindade ou, non con toda xustiza, a Berenguela, atópase na intersección da praza das Praterías e a praza da Quintana. Tradicionalmente considérase que se iniciou a súa construción en 1316, a instancias do arcebispo Rodrigo de Padrón, como torre de defensa e trala súa defunción continuou coa obra o seu sucesor, o arcebispo Berenguel de Landoria, aínda que algúns autores sosteñen que eses datos poden non ser correctos[72]. Cando foi nomeado mestre maior da catedral, Domingo de Andrade proseguiu a súa construción e entre 1676 e 1680 elevouna dúas plantas máis e coa utilización de diversas estruturas conseguiu un conxunto harmonioso e ornamental cun coroamento en forma piramidal e unha lanterna como remate final (en cuxo interior permanecen acesas, permanentemente, catro lámpadas de incandescencia). Elévase ata os setenta e cinco metros de altura[74].

En 1833 colocouse un reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre), realizado por Andrés Antelo e que fora un encargo do arcebispo Rafael de Vélez. Como parte do seu mecanismo conta con dúas campás, a das horas, chamada Berenguela, e outra máis pequena que marca os cuartos, as dúas fundidas en 1729 por Güemes Sampedro; a Berenguela ten un diámetro de 255 cm e unha altura de 215 cm, cun peso aproximado de 9.600 quilos, e a dos cuartos pesa 1.839 quilos cun diámetro de 147 cm e unha altura de 150 cm. Ámbalas campás sufriron un agretamento que obrigou a súa substitución; as réplicas actuais fundíronse en Asten (Países Baixos) pola casa Eijsbouts en 1989 e foron colocadas na catedral en febreiro de 1990[76][77].

Interior da catedral editar

 
Vista do interior da catedral, onde se aprecian as columnas das naves laterais.

A estrutura do edificio está situada sobre unha área de oito mil metros cadrados, consta dunha planta en cruz latina de tres naves dunha lonxitude duns cen metros cun cruceiro tamén de tres naves e de preto de setenta metros de lonxitude. A altura na nave central é de vinte e dous metros á clave de bóveda en todo o seu percorrido e alcanza os trinta e dous de máximo na bóveda do cruceiro. O ciborio, de finais do XIV e principios do XV, está situado sobre o centro do transepto, é gótico e substitúe o antigo de estilo románico[28].

 
Imaxe de Santiago matamouros en 2008.

Ó redor do altar maior, o deambulatorio estaba composto por cinco capelas románicas absidais, a central, do Salvador, de planta cadrada; e nas naves transversais abríanse outras catro capelas.

Sobre as naves laterais, separadas da central por corenta e dúas piares de núcleo cadrado e columnas acaroadas, atópase un triforio con cuberta de cuarto de canón e balcón de ventás de dobre arquería. A nave central cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faxóns e as laterais con bóvedas de aresta.

A iluminación provén das fiestras dos dous pisos das naves laterais do período románico, na capela maior son polilobuladas e as que corresponden ó deambulatorio son ollos de boi. A ornamentación interior pódese apreciar nos capiteis historiados da parte da ábsida e nos adornos vexetais da galería[56].

Contaba con tres pórticos principais, xa descritos, e sete portas menores.

Capela maior editar

 
Detalle da capela maior.

A capela maior era románica na súa orixe pero foi reformada completamente durante o barroco por orde do novo mestre de obras, José Vega y Verdugo, nomeado por Inocencio X, a partir de 1657. Sobre un proxecto inicial de Pedro de la Torre e baixo a dirección do salmantino José Peña de Toro, distintos artistas (como o catalán Onafre, Bernardo Cabrera, o ourive Xosé Clemente) foron realizando obras e introducindo modificacións. Os piares e columnas románicas foron revestidas por columnas salomónicas, xaspes vermellos e mármores negros. Cando Vega y Verdugo marcha a Granada en 1672 só estaba construído o primeiro corpo do baldaquino, que é continuado por Domingo de Andrade, que substitúe a cúpula prevista por unha forma piramidal de tres corpos.

No centro da capela sitúase o mausoleo do Apóstolo, coñecido como o camarín, e, sobre el, o altar, construído tamén por Andrade. Este deseñou tres representacións do santo: dentro do camarín está Santiago Apóstolo, unha imaxe sedente de pedra policromada de 1211 vestido como peregrino cunha esclavina de prata adornada con gran pedrería; porta unha cartela na que se le "Hic est corpus divi Iacobi Apostoli et Hispaniarum Patroni". Pódese subir pola parte posterior do altar para darlle o tradicional abrazo ao santo[78] a través dunha dobre escaleira que comunica cos lados do deambulatorio. Sobre o tabernáculo está representado Santiago peregrino, e catro reis fanlle honores: Afonso III, Ramiro I, Fernando o Católico e Filipe IV; as catro son esculturas do leonés Pedro del Valle.

Catro pares de anxos sosteñen o artesoado, sobre o que se atopa a terceira representación de Santiago, cabaleiro, obra de Mateo de Prado, rodeado en cada ángulo por unha representación das virtudes cardinais: a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza, tamén de Pedro del Valle. Finalmente, a arca do corpo do Apóstolo coroada cunha estrela e transportada por anxos.

O arcebispo de orixe mexicana Antonio Monroy foi o mecenas que doou a prata para a construción do frontal do altar, o sagrario, o expositor e a imaxe da Inmaculada[73]. Tras o camarín hai un pequeno retablo de Pedro de la Torre con escenas da vida do Santo.

Á entrada da capela hai dous púlpitos renacentistas a ambos os dous lados con escenas da vida do Apóstolo realizados por Juan Bautista Celma en 1578.

Cripta sepulcral editar

 
Clave dun anxo que sostén un chameante disco solar.

Un piar ao que se acaroan oito columnas, catro entregas; e outras tantas, acodilladas e máis delgadas, presídea e articula os seus espazos. Nel apóianse os arcos do deambulatorio que se xera ao seu redor, e as bóvedas de crucería dun transepto dianteiro, organización que deriva do gótico temperán francés[79] ao definir os seus espazos os arcos e fustes; incluso o vocabulario das súas molduras atópase en edificios góticos de París e a súa contorna de entre 1135 e 1170. Sobre este piar érguese o parteluz do pórtico.

A cabeceira da capela central de tan particular deambulatorio ten esveltas columnas que sosteñen uns arcos cuxos boceis son coma os que se acaban de citar, orixe igualmente atribuíble ás columnas pareadas da entrada. Os seus capiteis son relacionables cos da catedral de Noyon e outras obras francesas, aínda que é evidente que o conxunto deste deambulatorio inspírase na propia catedral compostelá[80], polo que se pode falar dunha excepcional mestura entre a tradición románica e un gótico nacente.

O transepto articúlase en catro tramos e salientan as súas bóvedas de crucería cuadripartita. Nas claves centrais vense un par de anxos astróforos: un cun chameante disco solar; outro, coas mans veladas, sostén un crecente lunar. Parecen emerxer da pedra e asoman entre unha coroa de follas que, pola súa profunda labra, chegan a lembrar á igrexa de San Lázaro de Avallon. Serafín Moralejo di: «estes anxos astróforos son obra de mans e obradoiros diferentes: o moderado relevo da clave do sol, que case non ofrece posibilidades para o xogo lumínico, contrasta coa valente proxección de volumes da outra clave, onde nos sentimos inclinados a recoñecer un xeito aproximado ao do que chamamos "mestre dos panos mollados", así como o seu valor iconográfico xa que o sistema simbólico non é cometido exclusivo das figuracións, senón tamén do total organismo arquitectónico que as sostén, que se converte así el mesmo en estrutura figurativa de carácter cósmico e escatolóxico»[81] baseado na Apocalipse.

 
Clave dun anxo que suxeita un crecente lunar.

Polo tanto, a cripta representa o mundo material iluminado por astros. Dende os extremos do cruceiro unhas estreitas escaleiras permitían acceder ás naves da catedral, o que hoxe só é posible dende o lado norte ao haberse enchido a do sur por problemas de estabilidade da torre das campás.

A articulación do transepto determina unha dobre portada cara ao oeste, que evoca as fachadas da igrexa superior. Salienta a súa rica decoración e o virtuosismo da labra, en especial das xambas, en cuxas rosetas e medallóns víronse modelos de Avallon e Vézelay[79]. Ante esta portada construíuse un sinxelo pórtico abovedado no século XIII que se estendía, polo menos, até o eixe das torres. Tanto este pórtico coma a fachada da cripta foron alterados ao erixirse, a comezos do XVII, a escalinata do Obradoiro.[82]

Coa fachada da cripta adoita relacionarse o acceso á lonxa da catedral. Hai quen cre que había unhas escaleiras que desembocaban ante as portas laterais do pinche e deixaban libre a portada da propia cripta[83].

Baixo o camarín[84] está o suposto sepulcro de Santiago e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro. Por temor ás frecuentes incursións de piratas ingleses, especialmente de Francis Drake que ameazara Compostela tras desembarcar na Coruña en 1589, por orde do arcebispo Juan de Sanclemente, as reliquias foron trasladadas aquel mesmo ano e escondidas no solo da ábsida do templo ao lado da capela maior.

Autenticidade dos restos
 
Urna de prata cos restos do apóstolo Santiago.
 
Detalle da parte central da urna cos restos do Apóstolo Santiago.

Co paso dos séculos foise esquecendo o lugar exacto onde se atopaban as reliquias do Apóstolo e non foron redescubertas ata que o cardeal Miguel Payá y Rico decidiu recuperalas, para o que ordenou diversas escavacións (dirixidas por López Ferreiro, como quedou dito). As escavacións culminaron o 28 de xaneiro de 1879 co descubrimento dunha urna na zona da ábsida que contiña ósos nun agocho de ladrillos macizos e laxes de pedra que semellaba estar feito con présa, no deambulatorio trala capela maior, tralo altar. López Ferreiro aproveita as obras para escavar e rehabilitar o mausoleo romano.

Despois dunha análise por parte da Universidade compostelá, a Santa Sé realizou un proceso que culminou na súa autenticación polo papa León XIII en 1884 mediante a bula Deus Omnipotens[85][86].

Realmente xamais se realizaron probas científicas sobre os restos que se conservan baixo o altar da catedral de Compostela, e a autenticidade dos mesmos foi posta en dúbida en numerosas ocasións, entre outros, polo historiador católico Claudio Sánchez Albornoz:

...pese a todos os esforzos da erudición de onte e de hoxe, non é posíbel, porén, alegar en favor da presenza de Santiago en España e do seu traslado a ela, unha soa noticia remota, clara e autorizada. Un silencio de máis de seis séculos rodea a conxectural e inverosímil chegada do apóstolo a Occidente, e de un a oito séculos a non menos conxectural e inverosímil traslatio. Só no século VI xurdiu entre a cristiandade occidental a lenda da predicación de Santiago en España; pero ela non chegou á península até finais do século VII.
C. Sánchez Albornoz: "En los albores del culto jacobeo", en Compostellanum 16 (1971) páxs. 37-71.

Por unha parte, documentouse arqueoloxicamente a existencia previa dun cemiterio de orixe céltica e reutilizado en distintas épocas por diversos grupos: polos primeiros cristiáns chegados á zona de Galicia (despois do ano 250, aproximadamente), polos suevos, que ocuparon o reino de Galicia entre 411 e 585) e polos visigodos ("godos do oeste", pobo xermano que ocupou Hispania entre 585 e 711, que conquistaron o reino suevo, e que nese período tiña a súa capital en Toledo).

Estes descubrimentos só proban que Compostela era unha necrópole precristiá, pero non soluciona nada con respecto á tumba de Santiago, cuxos restos poderían pertencer ben ao mesmo apóstolo (o tráfico de reliquias comezaba a desenvolverse nese período), ben a calquera outro mártir cristián.

Mesmo, no 1900 o haxiógrafo Louis Duchesne sostén que quen realmente está enterrado en Compostela é o relixioso herexe Prisciliano[87].

En todo caso, unha vez recoñecidos pola Santa Sé os restos do Apóstolo, realizáronse reformas na cripta para mostrar as reliquias nunha nova urna de prata cicelada de estilo románico coa imaxe central de Maiestas Domini dentro dunha mandorla rodeado polo tetramorfo e os apóstolos a ambos os lados, que foi realizada segundo deseño de José Losada en 1886 e colocada sobre un altar de mármore.[88]

Outras capelas editar

Ó redor da planta principal da catedral ábrense diferentes capelas de diversa antigüidade, dimensións e riqueza ornamental. O Códice Calixtino relacionaba nove capelas, cinco absidais e catro nas naves menores. As primeiras tiñan unha disposición radial, ó redor do deambulatorio, e eran as seguintes: A capela do Salvador, no centro; as de san Pedro (hoxe da Azucena) e san Xoán Evanxelista, ós lados; e as de santo André e Santa Fe de Conques (hoxe de san Bertomeu) nos extremos. Nas naves menores, as de san Nicolao e a da Santa Cruz (hoxe de Mondragón), na nave que dá á Acebechería; e a de san Martiño ou de san Froitoso (capela que, fusionada coa de santo André, hoxe se coñece como de Pilar) e o altar de san Xoán Bautista (hoxe ocupado polo Pórtico Real), na nave que dá a Praterías. Co paso dos séculos foron construíndose novas capelas e anulándose outras.

Na seguinte enumeración faise un percorrido comezando polo Pórtico da Gloria e en sentido inverso ás agullas do reloxo:

Capela de Alba editar

Erguida en 1529 e accesible dende o extremo noroeste do claustro, posúe un retablo no que se representa a Transfiguración, vencellado ao obradoiro de Xosé Gambino.

Capela das Reliquias editar

Esta capela foi construída entre 1520 e 1535 por encargo do arcebispo Alonso III de Fonseca ao arquitecto Juan de Álava (discípulo de Juan Gil de Hontañón) que a realizou cunha cuberta de bóveda de crucería. Inicialmente era unha dependencia para o uso do Cabido e en 1535 acolleu o Panteón Real, para converterse en 1617 en capela de Reliquias.

Contén unha importante colección de reliquias que se iniciou durante a Idade Media ao ser utilizada para conter os restos mortais dos diferentes bispos da catedral. Os relicarios están colocados nun retablo neogótico que veu substituír un anterior de Bernardo de Cabrera e Gregorio Español do ano 1630 e que quedou medio esnaquizado por un incendio en 1921, aínda que non sufriron dano os relicarios nin as súas reliquias[89]. O novo retablo foi deseñado por Rafael de la Torre e tallado polo escultor compostelán Maximino Magariños, en 1924;[90] foi doazón da emigración galega en Cuba.

Panteón Real editar

Na mesma capela sitúase o Panteón Real, constituído por diversas sepulturas da coroa galego-leonesa que foron trasladadas en 1535 desde a súa localización orixinal na capela de santa Catarina. Un século máis tarde construíronse uns arcosolios nos muros da capela onde foron colocados os sepulcros de Fernando II[91], Berenguela de Barcelona[92], Afonso VIII[93], Fernando Afonso (atribuído a Raimundo de Borgoña)[94] e Xoana de Castro, segunda esposa de Pedro I[89]. No ano 1926 incorporouse outra sepultura, obra de Maximino Magariños, cos restos do Conde Pedro Froilaz de Trava[95].

Capela do Pilar editar

 
Capela do Pilar.

Esta capela está formada pola unión das antigas capelas de Santo André e San Froitoso (ou de San Martiño) construídas baixo o mandato do arcebispo Diego Xelmírez. A nova edificación foi iniciativa do arcebispo Antonio de Monroy co fin de utilizala como sancristía. Encargou a obra en 1696 a Domingo de Andrade e foi continuada polo novo mestre de obras Fernando de Casas Novoa tras a defunción do anterior en 1712. En 1713, Monroy decide convertela en capela e situar alí o seu sepulcro, o que obriga a Casas a redeseñar o espazo. As obras finalizaron en 1719 aínda que non se deu por rematada a decoración ata 1723.

A capela ten unha planta rectangular e cúpula oitavada, profundamente labrada con cunchas de vieira e escudos do mecenas e do cabido, cunha lanterna adornada con tallas de motivos militares e heráldicos. Foi utilizada como sancristía ata 1879 cando, por orde do cardeal Miguel Payá y Rico, pasou a ter unicamente a función de capela[73].

O retablo foi realizado por Miguel de Romay seguindo o deseño de Fernando de Casas. É de mármore branco con incrustacións de cor. A imaxe central da Virxe do Pilar é de pedra e tallada en Zaragoza, coa estatua do propio arcebispo Monroy, orante ante a Virxe, realizada por Diego Fernández de Sande. Tamén existen un Xesús crucificado en alabastro e outras estatuas dos santos Domingos de Guzmán, Sebastián, Tomé[96] e Xoán, todas elas de Fernández de Sande.

Capela de Mondragón editar

 
Lamentación sobre Cristo morto, relevo realizado en terracota, na capela de Mondragón.

A capela de Mondragón, tamén coñecida como capela da Piedade ou da Santa Cruz, foi fundada en 1521 polo cóengo Juan Ibáñez de Mondragón con licenza do arcebispo Alonso III de Fonseca e terminada o ano seguinte. É de estilo oxival gótico flamíxero do século XVI[97], construída por Xácome García.

Destaca o retablo co relevo en terracota do Descendemento de Cristo ou Lamentación sobre Cristo morto, obra de Miguel Perrín, de Sevilla, do ano 1526[74].

O lugar onde agora está esta capela talvez sexa o que ocupaba unha das portas menores da catedral a de San Paio.

Capela da Azucena editar

 
A Exaltación de san Pedro, na bóveda da capela da Azucena da catedral de Santiago.

Situada xunto á Porta Santa, a seguinte capela polo deambulatorio é a chamada antigamente de san Pedro e posteriormente da Azucena; tamén se denomina do Maxistral porque a súa atención corresponde ó cóengo que desempeña este cargo. Foi fundada por Mencía de Andrade en 1571, quen ten tamén na capela o seu sepulcro con estatua xacente realizada por Juan Bautista Celma. O retablo barroco foi deseñado por Fernando de Casas Novoa e construído por Francisco das Moas en 1731, e nel pódense ver as imaxes da Virxe da Azucena, na fornela central, e dos santos Pedro, Xosé, Xudas Tadeo e Rita de Casia[98][99]. Tamén destacan as pinturas murais, descubertas tras unha restauración de 1998, obra de Juan Bautista Celma e que representan a Exaltación de san Pedro e a Conversión de san Paulo.

Capela do Salvador editar

 
Retablo do século XVI na capela do Salvador.

É a capela que está situada no centro do deambulatorio, por onde se comezou a construción da catedral románica no século XI polo mestre Bernaldino o Vello, como demostran as inscricións nos dous capiteis do arco da entrada na capela datadas en 1075, un coa representación do rei Afonso VI con dous anxos portadores dunha banda onde se pode ler:

REGNANTE PRINCIPE ADEFONSO CONSTRVCTVM OPVS
Reinando o príncipe Afonso construíuse esta obra.

e o outro, que representa ao bispo Diego Páez, coa inscrición que sosteñen os anxos que reza:

TEMPORE PRESVLIS DIDACI INCEPTVM HOC OPVS FVIT
En tempo do prelado Diego comezouse esta obra.

Nesta capela atópase un retablo en mármore policromado de estilo plateresco obra de Juan de Álava en 1532, cuxo comitente foi o arcebispo Alonso III de Fonseca. Contén este retablo as imaxes do Salvador, no centro, de estilo gótico, e da Nai de Deus co Neno e de Santiago peregrino[100]. O retablo oculta o fondo da capela, cunha ventá central de medio punto e dous ventanais laterais en arco de mitra; esta mesma disposición foi reproducida polo mestre Mateu na capela central da cripta sobre a que construíu o Pórtico da Gloria.

A capela do Salvador recibía os antigos peregrinos a Santiago, e nela podían confesar na súa lingua e recibir a Compostela.

Capela da Nosa Señora a Branca editar

A capela da nosa Señora a Branca, fundada a finais do século XIII, tamén se coñece como dos España, en memoria do seu fundador Juan de España (cuxo sepulcro se atopa nesta capela) e familia, os cales ao morrer sen sucesión cedérona a Pedro de Arosa. Presenta planta de pentágono irregular porque tivo que adaptarse ás capelas románicas contiguas. Foi modificada no século XV para darlle a súa estrutura actual.

O seu retablo neogótico é de 1906, tallado por Maximino Magariños. Contén no centro a imaxe barroca da Nosa Señora a Branca, talla de Gregorio Fernández Prieto[101] de 1744, e nun lateral atópase a imaxe da Virxe de Montserrat e noutro a Virxe de Walsingham. Nesta capela o gremio de prateiros dá culto a santo Eloi[102][103][104].

Capela de San Xoán editar

A capela de San Xoán, antigamente de santa Susana, foi fundada polo arcebispo Diego Xelmírez para renderlle culto a este santo. Posteriormente foi ampliada por Xácome García no século XVI e, de novo, no XVII, o que se evidencia ó ver a bóveda románica primitiva seguida pola barroca en forma de cuncha de vieira; suponse que esta modificación foi obra de Simón Rodríguez, enterrado na mesma capela [105].

O seu retablo, tamén de Simón Rodríguez, contén as imaxes de san Xoán Evanxelista, do século XV, e dúas obras modernas, de santa Susana (realizada por Aniceto Marinas en 1902) e de santo Domingo de la Calzada (de Lorenzo Frechilla, doada en 1960). En 1917 reestruturouse o retablo para colocar no centro a estatua de santa Susana, nomeada ese ano copatroa da cidade, e deixou de ser a sé da parroquia santiaguesa de San Xoán Apóstolo.

Nesta capela atópase a sepultura do bispo Miguel Novoa Fuente no chan e a da irmá do arcebispo Juan de Sanclemente[106].

Capela de San Bartolomeu ou da Santa Fe editar

Retablo da Virxe do Bo Consello.
Sepulcro de Diego de Castela.

A capela, chamada antigamente da Santa Fe de Conques e agora de San Bartolomeu, ten un retablo plateresco en mármore policromado, obra do flamengo Mateo Arnao, que contén as imaxes da Virxe do Bo Consello no centro (Polo que tamén se a coñece como capela da Virxe do Bo Consello), coas representacións de san Bartolomeu e de Santiago peregrino a ambos os dous lados. No frontón está representado o Varón de dores, prefiguración de Xesucristo.

Na mesma capela atópase o sepulcro renacentista realizado tamén polo mestre Arnao, onde se atopan sepultados os restos do cóengo Diego de Castela, bisneto do rei Pedro I o Cruel, falecido no ano 1521[104]. Conta a sepultura coa figura dun corpo xacente vestido con capa pluvial e adornos de bordados, a cabeza está sobre dúas almofadas e os pés repousan sobre un león. Debaixo atópase unha inscrición que di:

É un eloxio do defunto e configura parcialmente o seu retrato espiritual, resaltando o rango, prestixio e condición do personaxe.

Sobre o sarcófago hai un baixorrelevo da Resurrección de Xesús e dous anxos que sosteñen unha coroa de loureiro para honrar o morto.

Capela da Concepción ou da Prima editar

A capela da Concepción de María, chamada tamén da Prima porque os cóengos celebraban nela a «missa prima», foi reformada e proxectada por Juan de Álava e realizada por Xácome García en 1523 ou 1525. A capela ten dúas entradas: a primitiva é a esquerda e daba acceso á primitiva capela absidal da Santa Cruz; á da dereita foi aberta cando se dedicou á Inmaculada Concepción, a Virxe do O, cuxa imaxe foi realizada en pedra policromada por Cornielles de Holanda no século XVI (e repintada no XVIII). Esta Virxe é o único que se conserva do retablo que fixera Cornielles de Holanda en 1528.

O seu retablo con dobre altar é obra de Simón Rodríguez e a imaxe do Descendemento da Cruz do altar da esquerda é obra de Diego Fernández de Sande, todo realizado en 1721. Antonio Alfonsín e Manuel de Leis tallaron as outras imaxes.

No chan está soterrado o arquitecto Domingo Antonio de Andrade[107], así como o cóengo Antonio Rodríguez Agustín.

Capela do Espírito Santo editar

 
Imaxe da Virxe da Soidade (1666) na capela do Espírito Santo.

A capela do Espírito Santo atópase preto da porta de entrada á igrexa-capela da Corticela, no brazo norte do cruceiro. Foi fundada a finais do século XIII como capela funeraria, con dotación para doce clérigos aos cales, no século XV, o arcebispo Álvaro de Isorna outorgoulles o título de «racioneiros do Espírito Santo» coa obriga, entre outras, de cantar todas as tardes a Salve Regina á nosa Señora. Foi ampliada no século XIV e reformada con posterioridade en diversas ocasións (séculos XVI e XVII).

Está vencellada á familia Moscoso, como se ve polo seu escudo sobre a portada. Destacan nesta capela os magníficos sepulcros dos séculos XIII ao XVI, entre eles o do propio arcebispo Moscoso (falecido en 1367), así como as pinturas murais sobre o Descendemento, do século XVI. Este sepulcro está na fronte decorado con relevos de anxos turiferarios baixo arcos trilobulados que, xunto ó que fai de lintel na porta da capela, constituirían un baldaquino que imita os doseis do coro pétreo do mestre Mateu, baldaquino que podería pertencer á capela antes das reformas do século XVI.

Tamén está o sepulcro do chantre [108] Juan de Melgarejo (finado en 1534), da escola do mestre Arnao e réplica do sepulcro de Diego de Castela (sito na capela de San Bertomeu).

A imaxe da Virxe da Soidade, realizada en 1666 en Madrid, foi trasladada desde o trascoro da catedral ata esta capela para o seu culto, en 1945. O manto bordado é un agasallo do arcebispo e relixioso capuchino, frei Rafael de Vélez. A peaña, os anxos e as pezas ornamentais son tamén pezas doadas, e o frontal de prata realizouno Antonio Morales en 1747[104]. O cadro da Dolorosa é do pintor Marius, de 1872.

Capela de San Nicolao editar

É unha das pequenas capelas absidais románicas da catedral. Realizada polo Mestre Estevo en 1105 foi chamada parroquia de estranxeiros, xa que era a primeira capela coa que se atopaban os peregrinos ao entraren na catedral. Aínda hoxe se albiscan diversos elementos arquitectónicos orixinais. Desde o século XVII constitúe o acceso á capela da Corticela.

Capela da Corticela editar

 
Tímpano da porta da capela da Corticela.

Tivo a súa orixe nun oratorio dedicado a Santa María, chamado da Corticela, que estaba situado fóra da catedral e que foi destruído no século IX. Pertenceu máis tarde aos beneditinos do mosteiro de San Martiño Pinario. Reconstruído en 1213 polo taller do mestre Mateu, foi integrado no trazado da catedral cara ao século XVIII; accédese a esta capela por un corredor do cruceiro norte[109] e cumpre o papel de parroquia de estranxeiros desde 1527 (cando deixou de selo a capela de San Nicolao).

Construída en perpiaños de granito e con cubertas de madeira e tella.[110] A porta románica consta de diversas arquivoltas con columnas de fuste liso e capiteis decorados con motivos vexetais e zoomorfos, e no tímpano represéntase a adoración dos Reis Magos. A planta lonxitudinal consta de tres naves separadas por arcos de medio punto con columnas de capiteis tamén decorados con motivos vexetais. A ábsida da cabeceira ten unha ventá con decoración xaquelada (axadrezada). Na nave lateral dereita atópase a sepultura do cardeal Gonzalo Eans, falecido en 1342, coa súa figura xacente instalada baixo un arco oxival con moldura decorada de puntas de diamante[111][112].

No muro norte hai un conxunto de Xesús no Horto das Oliveiras realizado en granito policromado que data do século XV.

Capela do santo André editar

Foi construída en 1674. Empregada inicialmente coma cuarto de gardas, ao contar cunha porta exterior, non será ata 21 anos máis tarde cando pasa a ser a Capela de Santo André e parroquia do mesmo nome, anteriormente radicada onde agora está a capela do Pilar.

Fernández Espantoso foi o encargado de erguer o seu retablo maior en 1707. Nun altar lateral está a virxe do Carme; noutro, san Xosé.

Capela de santo Antón editar

É unha capela pequeniña ao carón da porta da Acibecharía. Asociouse a san Nicolao cando a capela dedicada a este foi derruída para acceder á Corticela. Manuel de Leis foi o encargado de dotala cun retablo en 1729.

A virxe de Fátima procede desta localidade portuguesa e foi traída en 1948.

Capela de santa Catarina editar

Está dedicada á santa Catarina de Alexandría e tamén está situada á beira da porta da Acibecharía, no lugar onde estaba localizado o Panteón Real ata 1536, ano no que foi trasladado á súa localización actual na capela das Reliquias. Obxecto de sucesivas reformas, o retablo que presenta hoxe é de finais do século XVIII.

A imaxe de Santiago Cabaleiro é de Xosé Gambino.

Capela da Comuñón editar

 
Capela da Comuñón.
 
Cristo de Burgos.

Atópase na nave do lado do evanxeo. Tamén é chamada do Sagrado Corazón, da Nosa Señora do Perdón (no muro de entrada atópase unha imaxe de alabastro da Virxe do Perdón) e dos Mendoza (a capela foi fundada polo arcebispo Lope de Mendoza (1399-1445) para a súa sepultura).

A capela foi construída en 1769 baixo o mandato do arcebispo Bartolomé de Raxoi, transformando o arquitecto Miguel Ferro Caaveiro (fillo de Lucas Ferro Caaveiro) boa parte da capela ao estilo neoclásico, en forma de planta redonda cunha cúpula sobre oito grandes columnas de orde xónica, cun grande óculo cenital. Nos entrepanos abre nichos para altares, enterramentos e portas ás sancristías. O retablo, coa imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, é de Francisco de Lens, procedente da capela das Reliquias, e contén catro imaxes de doutores da Igrexa realizadas polo astorgano Gregorio Español e por Xoán Davila, de ascendencia castelá, quen tamén executaron o cadeirado do coro da catedral entre 1599 e 1608 que se conserva no mosteiro de San Martiño Pinario. A capela contiña outra estatua, da Virxe, santa Ana e o Meniño (cara 1500) que hoxe se expón no Museo da Catedral.

O sepulcro do arcebispo Raxoi atópase á dereita da capela e na parte esquerda está o do arcebispo Lope de Mendoza, axeonllado ós pés da Virxe[73][104][113], obra de Ramón Constenla (1900). Hai outros sepulcros, do bispo de Ourense Álvaro López de Valladolid e de Martín López (1477), cóengo da catedral.

Capela do Cristo de Burgos editar

A capela do Cristo de Burgos debe o seu nome á imaxe dun Cristo tallado en madeira en Burgos en 1754 de autor anónimo. Foi fundada polo arcebispo Pedro Carrillo y Acuña como capela funeraria (de aí o nome de capela de Carrillo) e nela atópase a súa escultura en actitude de oración na parte esquerda da capela, tallada por Pedro del Valle.

A súa construción realizouse por parte de Melchor de Velasco y Agüero entre 1662 e 1664 con planta en forma de cruz grega e unha cúpula de artesóns. Conta con dous altares laterais de estilo barroco executados por Melchor de Prado; no altar da parte dereita represéntase a escena evanxélica de María Salomé intercedendo en favor dos seus fillos Santiago e Xoán ante Cristo, e no altar esquerdo móstrase a escena do lamento de san Pedro logo de negar a Xesús[104].

A imaxe do Cristo é copia do Cristo de Burgos.

Nos laterais están os sepulcros dos arcebispos Carrillo e García Cuesta, e no chan a do arcebispo Zacarías Martínez Núñez.

Coros editar

Coro de pedra
Artigo principal: Coro pétreo do mestre Mateu.

Realizado polo mestre Mateu e o seu obradoiro en torno a 1200, existiu un coro de pedra que ocupaba catro tramos da nave central, tiña forma de rectángulo con crestería e os asentos cerimoniais estaban decorados con imaxes de apóstolos e profetas que se atopaban entre edificios, nunha representación do Xerusalén celestial. Foi desmantelado da catedral en 1603 para substituílo por outro de madeira, e as súas pezas foron utilizadas para outros fins e tamén utilizadas como cachotería. Vinte e catro esculturas de apóstolos, profetas e patriarcas procedentes deste coro pétreo atópanse na porta da fachada da praza da Quintana. En diversas obras de escavación e restauración da catedral fóronse atopando pezas que pertencían ao coro, que están expostas no museo da catedral e noutros lugares. O militar e cronista do Apóstolo Santiago Mauro Castellá Ferrer, testemuña da súa destrución, escribiu: «se ha desecho el mas lindo Coro antiguo que avía en España»[114].

Coro de madeira

O novo coro de madeira foi obra dos escultores Xoán Davila e Gregorio Español por encargo do arcebispo Juan de Sanclemente (Xoán V) a principios do século XVII, que decidiu o desmantelamento do anterior para a colocación da cátedra arcebispal que lle faltaba ao anterior e para adecualo ás disposicións do Concilio de Trento. Realizouse baixo deseño de Davila con dúas filas de asentos: a primeira consta de trinta e cinco asentos con respaldos de figuras de medio corpo, e a segunda consta de corenta e nove asentos con personaxes de pé representando apóstolos, profetas, doutores da Igrexa, mártires e outros santos fundadores e locais. A cadeira arcebispal colocada no centro do segundo piso preside o conxunto. Logo de ocupar un espazo na nave central da catedral, en 1945 decidiuse a súa desmontaxe e traslado ao mosteiro de San Martiño Pinario e un segundo traslado ao de Santa María de Sobrado en 1973. Estas viaxes tiveron como consecuencia que se producisen importantes danos no conxunto do cadeirado, polo cal decidiuse proceder á súa restauración e a súa montaxe de novo no mosteiro de San Martiño Pinario, obra que se realizou entre outubro de 2002 e novembro de 2004[115].

Cruces de consagración editar

 
Cruz de consagración.

Nos muros da nave pódense ver as cruces que se utilizaron o día da consagración da catedral, en abril de 1211. Son doce cruces, distribuídas simetricamente: seis na nave principal (tres a cada lado), dúas en cada brazo do cruceiro, tamén enfrontadas, e outras dúas no deambulatorio, a ámbolos lados da capela do Salvador[116]. Case todas elas conservan a súa situación orixinal, aínda que algunhas foron elevadas ou desprazadas: as dúas máis próximas ó Pórtico da Gloria e a que está sobre a porta da capela do Espírito Santo.

En tódolos casos trátase dunha cruz inscrita nun círculo cun texto gravado, sempre cos catro brazos iguais, como se representaba no románico final. Sobre os brazos horizontais da cruz represéntase o sol e a lúa (porque no ceo xa non hai día nin noite) e baixo os mesmos, penduran o alfa e o omega (principio e fin). No brazo inferior obsérvase unha cuña que serviría para suxeitar as cruces a un hastil. Tódolos elementos (cruz, círculo, sol, lúa, alfa e omega) están pintados en ouro (no seu estado orixinal estaban douradas con pan de ouro). As inscricións do nimbo circular das cruces —nalgúns casos repetidas— recollen fórmulas litúrxicas e doutrinais. Tres fan referencia á data da consagración e ó crego oficiante.

Segundo o historiador Xosé Carro Otero, o ritual comezaba cunha vixilia. O arcebispo Pedro Muñiz percorreu o exterior da igrexa antes de entrar nela, debuxando no chan co seu báculo as letras alfa e omega. Logo depositou as reliquias no altar e consagrou este para, finalmente, percorrer o interior da igrexa unxindo cos santos óleos as doce cruces, que tamén son incensadas unha tras outra, á vez que se acende un cirio baixo elas.

Outros elementos de interese editar

A catedral dispón de dous grandes órganos situados na parte central dos tramos altos da nave principal. Doazón do arcebispo Monroy, foron fabricados entre 1708 e 1712 por encargo do capítulo catedralicio ao mestre Manuel de la Viña e a caixa ao arquitecto Antonio Afonsín e ao escultor Miguel Romay. En 1978 fusionáronse nun só, a consola foi substituída e incluíronse mecanismos electrónicos e informáticos por unha empresa italiana[117]. Abarcan dous tramos da nave maior e están coroados por unha imaxe de Santiago matamouros, á esquerda, e da aparición da Virxe a Santiago, á dereita.

Ó pé dos piares que flanquean a capela maior hai dúas estatuas con función de esmoleiros: Santiago Alfeo a un lado e María Salomé, nai do apóstolo Santiago, ó outro. A estatua do primeiro é do século XIV e mostra unha cartela na que está inscrito "Ecce arca Hoperis Beati Iacobi Apostoli". A estatua de Salomé está datada en 1527.

Nun piar do cruceiro está acaroada unha pequena columna de bronce, do século XIII, que a tradición di que contén o báculo do Apóstolo e o do italiano san Franco de Sena, peregrino a Santiago que recuperou a vista grazas ó Apóstolo.

A basílica está cuberta por un tellado de lousas de granito en chanzos (que foron cubertas de tella no século XVIII). As cubertas foron pensadas con usos rituais, e aló estaba a Cruz dos farrapos, gran cruz de bronce do século XIV-XV colocada sobre un Agnus Dei, ante a que era tradición que os peregrinos queimasen a súa roupa vella unha vez alcanzado o final da viaxe. Hoxe son visitables dentro dos percorridos guiados organizados polo cabido.

Museo e tesouro catedralicio editar

 
Olifante de Roldán no museo da catedral.

Fundado no ano 1928[118] o Museo da Catedral de Santiago de Compostela é unha institución que acolle e expón diversas obras artísticas e arqueolóxicas, propiedade da sé compostelá, que abarcan desde a época romana en adiante. A colección do Museo divídese nun bloque arqueolóxico, formado polos restos atopados nas escavacións realizadas na catedral e por pezas que foron retiradas nas sucesivas reformas e modificacións, e un bloque artístico-relixioso, formado por distintas pezas acumuladas ó longo dos séculos como ofrendas e doazóns.

O museo está situado na mesma catedral, distribuído en diversos espazos, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia:

  • Museo-Claustro, con ingreso desde o lado meridional da praza do Obradoiro.
  • Cripta do Pórtico da Gloria, accédese pola escalinata de ingreso á catedral, na mesma praza indicada.
  • Tesouro e Panteón Real, pódese visitar desde a entrada ao Museo-Claustro.
  • Pazo de Xelmírez, dedicado a exposicións temporais. Éntrase nel desde o lado norte da mesma praza do Obradoiro.

Á beira da capela das Reliquias atópase unha capela gótica que contén diversos tesouros catedralicios entre os que destaca a custodia procesional realizada en 1544 polo ourive Antonio de Arfe; mide metro e medio de altura e ten catro pisos formados por columnas de estilo plateresco con gran cantidade de figuras dos apóstolos e un Cristo resucitado, e na peaña atópanse gravadas escenas da vida do Apóstolo Santiago. Ademais móstranse outras cruces pertencentes a diversos arcebispos e de diferentes épocas, imaxes de prata dos séculos XVI e XVII, crucifixos de marfil así como unha Virxe, tamén deste material, do século XVI[89].

Claustro e Arquivo editar

 
Claustro da catedral, coa Fons Mirabilis no centro.

O claustro actual foi construído entre 1521 e 1559 sobre un claustro anterior do século XIII, segundo os planos dos arquitectos Juan de Álava e Rodrigo Gil de Hontañón, remodelado por Casas Novoa no século XVIII. É de estilo gótico na súa estrutura e renacentista no seu desenvolvemento e decoración, da escola castelá, e coróase cunha balaustrada calada con pináculos. Como é habitual nos antigos claustros, cumpre función de cemiterio de cóengos e outros personaxes relacionados coa catedral.

Ten planta cadrada de trinta e catro metros de lado e acolle, nun ángulo, as campás orixinais da torre Berenguela, substituídas en 1990. No centro está situada a Fons mirabilis, construída en 1122 polo mestre Bernardo para acoller os peregrinos que chegaban á catedral pola Porta Francíxena (na actual fachada da Acibecharía). No lado norte do claustro atópase a capela de Alba, fundada en 1530, que garda no seu interior un retablo coa Transfiguración de Xesús, obra que data do século XVIII.

Desde o claustro accédese á sala capitular, reconstruída por Lucas Ferro Caaveiro a partir de 1751, e ó Arquivo-Biblioteca da catedral, de Clemente Fernández Sarela. O arquivo conserva numerosos e valiosos manuscritos como o Códice Calixtino (roubado o 5 de xullo do 2011 e recuperado o 3 de xullo de ano seguinte) do Liber Sancti Iacobi, entre moitos outros libros e documentos que fan referencia á catedral e á historia de Galicia desde a Idade Media ata os nosos días.

Tapices editar

A catedral conta cunha colección de tapices que se atopa en cinco salas habilitadas para a súa exposición, unha delas dedicada só para os doce de Francisco de Goya que foron legados á catedral en 1814 por Pedro Acuña y Malvar. Estes tapices foran realizados na Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara por encargo do rei Carlos III de España para os Reais Sitios de El Pardo entre os anos 1776 e 1780[119]. Nas outras salas móstranse diferentes tapices de David Teniers, Mariano Salvador Maella, Ramón Bayeu e Peter Paul Rubens[120].

O botafumeiro editar

 
O botafumeiro.
Artigo principal: Botafumeiro.
 
Moeda conmemorativa de cinco pesetas do ano Xacobeo, coa imaxe do apóstolo e do botafumeiro.

O botafumeiro é un inmenso incensario de latón bañado en prata que pesa 62 quilogramos baleiro e mide 1,60 metros de altura. O botafumeiro anterior pesaba 60 kg, pero no ano 2006 engadíuselle un baño de prata que incrementou o seu peso ata os 62 kg. A corda que o sostén, atada ao cruceiro da catedral, dun material sintético, ten unha lonxitude de 65 m, 5 centímetros de diámetro e pesa 90 kg. Anteriormente as cordas estaban feitas de cánabo ou esparto. O botafumeiro énchese cuns 40 kg de carbón e incenso (co que supera os 100 kg de peso ao comezo dos seus movementos), despois átase con fortes nós a unha longa corda que vai ata o teito do edificio, e desprázase mediante un mecanismo de poleas pola nave da igrexa. Para conseguilo, un grupo de oito homes, que reciben o nome de «tiraboleiros», empúxano primeiro para polo en movemento, e despois tiran cada un dun cabo da corda para ir conseguindo velocidade.

O movemento do botafumeiro pode alcanzar unha velocidade de 68 km/h durante o seu desprazamento polo cruceiro da catedral, desde a porta da Acibecharía á porta das Praterías, describindo un arco de 65 m e unha altura máxima de 21 m (un ángulo de 82º). Para chegar a esta altura máxima necesítanse 17 percorridos completos[121].

A tradición di que o uso do incensario na catedral de Santiago empezou no século XI, coa idea de arrecender o templo e eliminar o mal cheiro que deixaban os peregrinos, cansados, suorentos e desaseados e moitos deles enfermos. No ano 1200 cambiouse o sistema inicial de poleas por un sistema de rodaxes que permitía o desprazamento lateral, co cal podía percorrer uns 150 cm, que era a distancia que permitía a corda. O rei Lois XI de Francia doou á catedral en 1400 unha suma de diñeiro para substituír o incensario medieval, que non se realizou ata 1554. O mecanismo de rodaxe actual do botafumeiro instalouse en 1604. O novo incensario foi realizado completamente en prata, pero foi roubado polas tropas de Napoleón en abril de 1809 durante a guerra da Independencia española, sendo substituído polo actual, que foi creado polo ourive José Losada en 1851[122].

Unha proba da importancia simbólica do botafumeiro en España é o deseño das moedas de 5 pesetas do ano 1993, cun gravado do incensario compostelán.

Notas editar

  1. Ministerio de Educación, Cultura y Deportes de España (ed.). "Igrexa Catedral Metropolitana". Patrimonio Histórico. Base de datos de bienes inmuebles. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  2. «Sede de uno de los más célebres lugares de peregrinación de la cristiandad y símbolo de la lucha de los cristianos españoles contra el Islam, esta ciudad del noroeste de España fue arrasada por los musulmanes a finales del siglo X. Totalmente reconstruida en el siglo siguiente, Santiago de Compostela es una de las zonas urbanas de mayor belleza del mundo, realzada por sus monumentos románicos, góticos y barrocos. Los más antiguos se concentran en torno a la catedral, tumba del apóstol San Santiago, a la que se accede por el magnífico Pórtico de la Gloria».UNESCO (ed.). "Ciudad vieja de Santiago de Compostela (1985)". World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 9/10/2010. 
  3. Lenda recollida por Fermín Bouza-Brey de María Vázquez, do lugar de Moimenta, en Macenda (Boiro), publicada en Nós nº 56, 15.08.1928, 158.
  4. Orlandis, J. (1990). "Algunas consideraciones en torno a los orígenes cristianos en España". En Universidad de Murcia. Cristianismo y aculturación en tiempos del imperio romano (en castelán). pp. 63–71. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de abril de 2011. 
  5. Lligadas, J. (2005). El libro de los santos. Centro De Pastoral Liturgic (en castelán). ISBN 84-9805-041-3. 
  6. Franco Maside, R. e Pereira Menaut, G. (2005). Universidade de Santiago de Compostela, ed. "Muerte Y Ritual Funerario en la Historia de Galicia". SEMATA. Ciencias Sociais e Humanidades 17: 35–60. ISSN 1137-9669. 
  7. Garrido Torres 2000: p. 100
  8. Garrido Torres 2000: p. 101
  9. "El arte románico". Enciclopedia Temática de Galicia. Arte (en castelán) 5 (4ª ed.). Barcelona: Ediciones Nauta. 1990. p. 26. ISBN 84-278-1210-8. 
  10. "Os mestres canteiros que comezaron a construción da basílica de Santiago chamábanse don Bernardo o Vello, admirable mestre, e Roberto" (López Pereira, X. Eduardo: Guía medieval do peregrino. Códice Calixtino, libro V. Xerais 1993, p. 139.
  11. Gómez Moreno 1947: p. 121
  12. Na páxina web do 800 aniversario da catedral que se celebrou en 2011 estabelécese como data da consagración o 21 de abril de 1211, e existe bibliografía ([1][2][3]) que cita a mesma data, malia que a Pastoral do Arcebispado de Santiago de Compostela, a raíz do aniversario fala do día 3 Arquivado 13 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., e outros autores ([4][5][6]) tamén citan ese día como data da consagración.
  13. 13,0 13,1 Bravo Lozano 1999: p. 235
  14. Armesto, V. (1971). Galicia feudal (2ª ed. ed.). Editorial Galaxia. pp. 188 e 287. 
  15. Portela Silva, E. (2003). Universidade de Santiago de Compostela, ed. Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). pp. p. 176. ISBN 84-9750-137-3. 
  16. González López, E. (1978). Grandeza e decadencia do reino de Galicia. Editorial Galaxia. pp. 219–220. ISBN 84-7154-303-6. 
  17. Santiago y los orígenes del cristianismo en España
  18. "Santiago en los textos literarios". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2009. Consultado o 12 de agosto de 2009. 
  19. "Xacobe, fillo do Cebedeo ... predicou o Evanxeo ós pobos de Hispania e nos lugares occidentais, infundindo a luz da predicación no ocaso do mundo. Morreu ferido a espada polo tetrarca Herodes. Foi sepultado en Marmarica" (Santo Isidoro). "Como primicia do Evanxeo, Santiago converteu coa súa predicación os pobos hispanos" (Adhelmo de Malmesbury).
  20. Flórez, Enrique e Risco, Manuel (1756): España Sagrada: Theatro Geographico-Historico De La Iglesia De España: Tomo XIX. Antonio Marín, páxs. 64-65.
  21. 21,0 21,1 21,2 Villanueva, Jesús (2010). "Santiago de Compostela. La ciudad del Apóstol". Historia National Geographic (en castelán) (79): 64–78. ISSN 1696-7755D. 
  22. Bravo Lozano, Millán (1999): Camino de Santiago Inolvidable. León: Everest. ISBN 84-241-3905-4, páx. 5.
  23. Navascués 1997: p. 219
  24. Parte dunha igrexa ou edificio adxacente onde está a pía bautismal (DRAG). Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine.
  25. Navascués 1997: p. 220
  26. Vaqueiro 1998: p. 448
  27. Navascués 1997: p. 221
  28. 28,0 28,1 28,2 Navascués 1997: p. 222
  29. Sadia, José María (2022-08-06). "El desconocido origen de los cimborrios románicos apunta a Compostela". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-08-11. 
  30. Bravo Lozano 1999: p. 6
  31. Santana, José María. venacompostela.com, ed. "Que é un Ano Santo Compostelán?". Arquivado dende o orixinal o 15/07/2010. Consultado o 4/01/2011. 
  32. UNESCO (ed.). "Camino de Santiago de Compostela (1993)". World Heritage Centre (en castelán). Consultado o 14/10/2010. 
  33. Esta «credencial» é un pequeno caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, que, polo xeral, é selada un par ás veces ao día.
  34. Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela (ed.). "La Compostela y La Credencial" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21/08/2011. Consultado o 15/10/2010. 
  35. Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela (ed.). "Peregrinos en los últimos años" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03/03/2016. Consultado o 15/10/2010. 
  36. Aínda hoxe poden verse na torre do Reloxo o arranque dos arcos deste pórtico.
  37. A maqueta, de 5 por 4 metros, e 3,25 m de altura, foi construída por Fernando Fernández Hidalgo en 1991 para o pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla de 1992. Aquí pode verse unha fotografía da maqueta cando estaba exposta no Pavillón de Galicia da Expo’92 (fotografía 6) e aquí outra na súa localización actual no Museo das Peregrinacións (fotografía 3).
  38. Este capítulo está asinado conxuntamente polo papa Calisto II e o propio Picaud. Cómpre tomar esta atribución con certas cautelas pois cando Picaud escribía este texto, o papa Calisto II levaba xa 10 anos morto (morreu en 1124).
  39. Segundo K. J. Conant, arquitecto estadounidense (1894-1984) que se doutorou cunha tese sobre The Early Architectural History of the Cathedral of Santiago de Compostela (A historia da arquitectura temperá na Catedral de Santiago de Compostela) (1926), esta medida dun status hominis equivalía a 1,70 m.
  40. Na contraportada actual só se conservan seis estatuas, ignorándose cantas puido haber orixinalmente.
  41. A cabeza de Salomón non é a orixinal, pois foi destruída en 1729 por un raio e houbo ser substituída por outra de torpe factura.
  42. Foran compradas polo concello de Compostela en 1948 ó Conde de Ximonde, e o Concello regalounas pouco despois a Franco.
  43. Con identificación dubidosa.
  44. Resolución de 22 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o expediente para declarar ben de interese cultural nove esculturas do mestre Mateu procedentes da desaparecida fachada occidental da catedral de Santiago de Compostela (DOG nº 25, de 5 de febreiro de 2018).
  45. Yzquierdo 2010, 145.
  46. "En todos eles salienta o naturalismo que, na face de Daniel, acada a representa-lo sorriso, o que permite comparalo coas mellores esculturas do gótico francés de entón... ". Yzquierdo Perrín, Ramón. Artigo "PÓRTICO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  47. "El maestro Mateo es la figura decisiva de los primeros momentos, el creador de la obra más valiosa hecha en Galicia, el Pórtico de la Gloria, inaugurado en 1188. Encasillado erróneamente en el románico...". Cegarra Martínez, Basilio. Atlas Arte. Galicia. Capítulo 16 ESCULTURA GÓTICA, páx. 40.
  48. "A arte francesa, en especial a procedente de Saint-Denis e da Borgoña, inflúe no mestre Mateu e nas súas execucións, no século XII, á fronte do Pórtico da Gloria... Reflíctese aquí, pois, o xermolo do gótico, o gótico temperán ou protogótico, no que aínda aparecen elementos da tradición románica..." Sicart Giménez, Ángel. Artigo "GÓTICO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  49. Vázquez/Yzquierdo/García/Castro 1996: 76-77
  50. 50,0 50,1 50,2 Arteguias (ed.). "Pórtico de la Gloria y el Maestro Mateo". Románico en La Coruña (en castelán). Consultado o 17/10/2010. 
  51. Centro virtual Cervantes (ed.). "El Maestro Mateo o el Santo dos Croques". El camino de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28/04/2012. Consultado o 17/10/2010. 
  52. Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela (ed.). "La Catedral Metropolitana". Pórtico de la Gloria (en castelán). Consultado o 17/10/2010. 
  53. Rincones de Santiago (ed.). "El Pórtico de la Gloria, Alzado" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30/01/2013. Consultado o 17/10/2010. 
  54. Rincones de Santiago (ed.). "Fachada del Obradoiro" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21/12/2012. Consultado o 17/10/2010. 
  55. Bendala Galán, Manuel (2003). Silex, ed. Manual del Arte Español (en castelán). Madrid. pp. 542–543. ISBN 84-7737-099-0. 
  56. 56,0 56,1 56,2 56,3 56,4 56,5 56,6 56,7 Navascués 1997: p. 223
  57. Fundación Barrie (ed.). "Fachada de Platerías" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07/01/2009. Consultado o 18/10/2010. 
  58. Gómez Moreno 1947: p. 128
  59. Miguel Ángel García Guinea (1998). Santa María la Real, ed. Vida cotidiana en la España medieval: actas del VI Curso de Cultura Medieval, celebrado en Aguilar de Campóo (Palencia) del 26 al 30 de septiembre de 1994. pp. 133–134. ISBN 84-86547-46-6. 
  60. Belda Navarro, Cristóbal (1997). Los siglos del barroco. Madrid: Akal. pp. p. 116. ISBN 84-460-0735-5. 
  61. Sitio web de turismo de Santiago de Compostela (ed.). "Exteriores: fachadas e prazas". Catedral. Percorrido da Catedral. Consultado o 18/10/2010. 
  62. RuralPoint Turismo Rural (ed.). "Santiago de Compostela". Consultado o 18/10/2010. 
  63. "Concluyen las obras de restauración de la fachada de Azabachería de la catedral de Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01/12/2013. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  64. No seu Informe sobre la construcción de varias obras en la Catedral de Santiago de Compostela recoñecía "la baxeça de la fachada de nuestra iglesia" en contraste coa fachada de San Paio Gallaecia fulget (1495-1995), Universidade de Santiago de Compostela, 1995, p. 61.
  65. Vila, Mª Dolores. Junta de Castilla y León, ed. "Vega y Verdugo y la introducción del Barroco". Artehistoria Revista Digital (en castelán). ISSN 1887-4398. Arquivado dende o orixinal o 19/02/2012. Consultado o 19/10/2010. 
  66. Na descrición da catedral que escribe Aimery Picaud no Libro V do Códice Calixtino, di que a igrexa ten tres pórticos principais e sete pequenos: "Dos sete pórticos pequenos, o primeiro chámase de Santa María [...] o terceiro, de San Paio [...]" (López Pereira, 1993, pp. 128-129).
  67. Ferro Ruibal recolleu a expresión popular ¡Vaillo contar ós vinte e sete da Porta Santa! para mandar a paseo algún impertinente ou mostrar total incredulidade ante o que se escoita.
  68. A casa dos Abraldes foi unha liñaxe galega documentada desde primeiros do XVI, da que podemos citar a Pedro Abraldes Feijóo (de principios do XVI) e Benito Abraldes (cabaleiro de Santiago en 1630). Tivo casa soar en Santiago, onde hoxe se abre a rúa do Vilar, e tivo señorío sobre Guimeráns, as torres de Aríns (en Santiago) etc.
  69. Otero Pedrayo 1965: 405-406.
  70. A porta que fixera Paco Leiro en 1993 pode verse agora no museo da catedral.
  71. Campaners de la Catedral de València, ed. (2010). "Catedral do Apóstolo Santiago - Santiago de Compostela (Galicia)". Inventario de las campanas de las Catedrales de España (en castelán). Consultado o 19/10/2010. 
  72. 72,0 72,1 Vázquez Castro, J. (1998). "La Berenguela y la Torre del Reloj de la Catedral de Santiago". Semata Ciencias Socias E Humanidades (Universidad de Santiago de Compostela) 10: 111–148. ISSN 1137-9669. 
  73. 73,0 73,1 73,2 73,3 73,4 Navascués 1997: p. 226
  74. 74,0 74,1 74,2 Centro Virtual Cervantes (ed.). "Santiago de Compostela. Catedral" (en castelán). Consultado o 19/10/2010. 
  75. Concha Pino (31/12/2010). "A carraca, muda e musealizada". La Voz de Galicia. Consultado o 9/3/2011. 
  76. Llop i Bayo, Francesc (2010). Campaners de la Catedral de València, ed. "La torre del reloj de la catedral" (en castelán). Consultado o 20/10/2010. 
  77. Pedrals, Joan (2010). Campaners de la Catedral de València, ed. "Les campanes originals del rellotge de la Catedral de Santiago de Compostela" (en catalán). Consultado o 20/10/2010. 
  78. Goikoetxea, I. (1993). Guía práctica para recorrer el camino de Santiago. Txertoa, Editorial. pp. p. 175. ISBN 84-7148-280-0. 
  79. 79,0 79,1 Stratford, Neil (1991). Compostela and Burgundy?' Thoughts on the Western Crypt of the Cathedral of Santiago. Actas do Simposio Internacional sobre "O Pórtico da Gloria e a Arte do seu Tempo". 
  80. Pita Andrade, José Manuel (1955). Varias notas para la filiación artística de Maestre Mateo. C. Bermejo. 
  81. Moralejo Álvarez, Serafín (1973). Esculturas compostelanas del último tercio del siglo XVII. Cuadernos de Estudios Gallegos (IEGPS). 
  82. Fernández Fernández, Xosé (1999). Arquitecturas da provincia da Coruña. Deputación Provincial da Coruña. 
  83. Puente Míguez, José Ángel (1991). La fachada exterior del Pórtico de la Gloria y el problema de sus accesos. Actas do Simposio Internacional sobre "O Pórtico da Gloria e a Arte do seu Tempo". 
  84. Un camarín é unha capela pequena, situada detrás dun altar, na que se venera algunha imaxe.
  85. Llorca Vives, B.; García Villoslada, R. & Montalbán, F. J. (1960). 'Historia de la Iglesia Católica en sus cuarto grandes edades: Antigua, media, nueva, moderna. Volume I: Edad antigua (1-681). Editorial Católica, páx. 142.
  86. O achado dos restos tivo lugar o 29 de xaneiro de 1879, e a promulgación da bula Deus Omnipotens o 1.11.1884 (Yzquierdo Perrín: Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación. Ediciones Encuentro, Madrid 2003, 19).
  87. En contra desta teoría, José Guerra Campos suxire que estaría enterrado na capela de San Mamede nos Martores (en San Miguel de Valga, Pontevedra) (Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago. Cabildo de la Catedral. Santiago de Compostela 1983). Para Celestino Fernández de la Vega estaría enterrado en Santalla de Bóveda, localidade próxima a Lugo (Gran Enciclopedia Gallega, s. v. "Lugo").
  88. Yzquierdo Perrín, R. (2003): Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación. Ed. Encuentro. ISBN 84-7490-693-8, páx. 19. [7]
  89. 89,0 89,1 89,2 Navascués 1997: p. 228
  90. Escultor Maximino Magariños Rodríguez
  91. Elorza, Juan e Lourdes Vaquero (1990). Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social: Editorial Evergráficas, ed. El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla. pp. p. 57. ISBN 84-241-9999-5. 
  92. Vila Jato, Dolores e Jaime Díaz (2000). Catedral de Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. pp. p. 57. ISBN 84-241-3622-5. 
  93. Vila Jato, Dolores e Jaime Díaz (2000). Catedral de Santiago de Compostela. León: Editorial Everest. pp. p. 56. ISBN 84-241-3622-5. 
  94. Moralejo Álvarez, Serafín (1990). ¿Raimundo de Borgoña o Fernando Alfonso?. Un episodio olvidado en la historia del panteón real compostelano (PDF). Sociedad Española de Estudios Medievales. pp. 161–180. 
  95. Chamoso Lamas, Manuel (1979). Escultura funeraria en Galicia. Instituto de Estudios Ourensanos "Padre Feijoo". p. 513. 
  96. ¿Ou Santo Tomé de Aquino?
  97. Villa-Amil 1866: p. 124
  98. Villa-Amil 1866: 125-126
  99. Villaverde Solar, D. (2008). "La representación de la muerte en Galicia durante el siglo XVI". Cuadernos de Estudios Gallegos (en castelán) LV (121): 235–262. ISSN 0210847X. 
  100. arquivoltas.com (ed.). "Santiago de Compostela: Catedral" (en castelán). Consultado o 23/10/2010. 
  101. Non confundir co escultor galego afincado en Valladolid, Gregorio Fernández.
  102. Charco, Orosio. "La catedral de Santiago de Compostela". La Voz de Galicia. Atlas Visual de Galicia (en castelán). Consultado o 23/10/2010. 
  103. Dinamis: Art, Bíblia i Símbol (ed.). "Las cinco miradas a la Catedral de Santiago" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18/01/2012. Consultado o 23/10/2010. 
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 104,4 Barros Guede, José (2010). Ecclesia digital, ed. "El Apóstol Santiago, sus Caminos y Compostela en el Año Santo Xacobeo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06/02/2012. Consultado o 25/10/2010. 
  105. Simón Rodríguez foi o autor da escalinata e plataforma existentes ante a fachada de Praterías e, xa no interior da Catedral, da portada que dá acceso ás escaleiras que baixan á cripta do Pórtico e de dous altares na capela da Prima.
  106. Fraguas 2004: p. 20
  107. Fraguas 2004: p. 19
  108. "Eclesiástico que antigamente dirixía o canto no coro das colexiatas e catedrais" DRAG Arquivado 18 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
  109. Castro Fernández, Belén María. Universidad de Santiago de Compostela, ed. Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985) (en castelán). 
  110. "Igrexa de Santa María a Antiga da Corticela". Turismo. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 26 de xullo de 2016. 
  111. Rincones de Santiago (ed.). "La Corticela" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06/01/2012. Consultado o 25/10/2010. 
  112. Chamoso Lamas, M.; Oronoz; Taranilla de la Varga, C. J. (1981). Catedrales de España. Volume 1 (2ª ed. ed.). Everest. pp. p. 85. ISBN 84-241-4673-5. 
  113. Villa-Amil 1866: 145-146
  114. Fundación Pedro Barrié de la Maza (ed.). "Reconstrucción del coro pétreo del maestro Mateo. Historia" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26/09/2010. Consultado o 21/10/2010. 
  115. A restauración e montaxe no mosteiro de San Martiño Pinario foi sufragada pola Fundación Caixa Galicia, cun orzamento de medio millón de euros El País, 21.11.2004.
  116. Aquí pode verse a distribución das cruces e os seus textos.
  117. Jiménez Gómez, E. (agosto 2004). "In corpore et anima: el despertar de los órganos" (PDF). Música de órgano'04 Santiago de Compostela (en castelán): 9–12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07/06/2012. Consultado o 21/10/2010. 
  118. Unha inscrición a lapis nun dos bancos do Museo recolle a data de creación, 11 de xullo de 1928; o impulsor, o fabriqueiro Robustiano Sández; e o construtor, José Lerramendi Rey (Yzquierdo Peiró, p. 6). Fabriqueiro é o Cóengo encargado de administrar os fondos destinados á conservación e mantemento dunha igrexa (DRAG).
  119. Museo de la Catedral de Santiago de Compostela (ed.). "Tapices de Goya" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12/04/2012. Consultado o 27/10/2010. 
  120. Acompostela.com (ed.). "Museo da Catedral" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23/07/2013. Consultado o 27/10/2010. 
  121. Pontevedra, Silvia R. (11/7/2007). "Debú para peregrinos ingleses". El País (en castelán). Consultado o 28/10/2010. 
  122. Sanmartín 1984: 937-945

Véxase tamén editar

 

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar