Raio (descarga eléctrica)

descarga electroestática natural

Un raio é unha descarga eléctrica que se produce entre as nubes de chuvia ou entre unha destas nubes e a terra. A descarga é visíbel con traxectorias sinuosas e ramificacións irregulares que teñen ás veces moitos quilómetros de distancia, fenómeno coñecido como lóstrego ou relampo. Tamén se produce unha onda sonora chamada trono.

Unha treboada con descargas eléctricas.
Descarga eléctrica.

Como se produce o raio

editar

Estes fenómenos prodúcense polas diferenzas de potencial nas atmosferas da Terra e doutros planetas. Un exemplo de ocorrencia de raios noutros planetas é en Xúpiter, cuxas tempestades se detectan dende a terra a través dos radiotelescopios.

En xeral, os raios caen para restabelecer o equilibrio das masas electrónicas entre as nubes entre si, entre as nubes e o solo ou entre o solo e as nubes.

O raio cae no momento en que as cargas eléctricas acadan a enerxía suficiente para superar a resistencia eléctrica do ar, ocorrendo entón a descarga de forma explosiva, luminosa e violenta. O raio tende a caer por norma en lugares altos que o conduzan ata a terra, lugar onde debe ir a parar para perder por completo toda a súa carga eléctrica.

Tipos de raio

editar

Raio intra-nubrado e inter-nubrado

editar
 
Raios intra-nubrados no ceo de Tolosa.
 
Raios inter-nubrados en Marrocos.

A disposición das cargas eléctricas na tormenta, tal como se explica anteriormente, crea as diferenzas de potencial entre o cumio, o centro e a base da tormenta. Cando a potencia eléctrica é o suficientemente grande, o aire entre os diferentes niveis non basta como illante e prodúcese unha descarga. O raio xerado entón pode producirse entre as diferentes partes das nubes ou entre nubes veciñas.

Como estas capas están en xeral máis cerca entre elas que entre elas e o chan, este tipo de raios será o primeiro en producirse. A medida que a tormenta colle altura, estendéndose verticalmente e que a potencia eléctrica aumenta, o raio nube-chan predominará, pero sen estar nunca só por completo. O cambio de proporción entre o tipo inter ou intra-nubrado e nube-chan resulta ser por conseguinte unha indicación do estadio de desenvolvemento do cúmulonimbo.

Prevención do impacto dun raio

editar
 
Raio caendo sobre a torre Eiffel.
 
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Existen situacións nas que o perigo de recibir o impacto dun raio xérase en poucos minutos. Coñecer o dato da velocidade de propagación do son (que é de 340 m/s), podería impedir un accidente mortal, pois serve para calcular a que distancia caerá o raio. Para determinar se caen cerca os raios, só é necesario contar os segundos entre relampo e trono, e dividir este número entre tres. O resultado estará dado en quilómetros.

Só se deben abandonar as medidas de precaución se a tormenta se encontra a máis de dez quilómetros de distancia (30 segundos entre relampo e trono).

Outro elemento para saber se o raio pode "dispararse" en fraccións de segundo, é o campo electrostático, que erguenos o vello, aviso dunha descarga electromagnética mortal.

Os lugares máis seguros durante unha tormenta eléctrica son os edificios e os vehículos, xa que conducen a electricidade ata o chan pola súa parte exterior, sen danar aos seus ocupantes.

Dentro dun edificio deben tomarse as seguintes precaucións:

  • Pechar/situarse lonxe de portas e ventás.
  • Situarse lonxe de instalacións eléctricas.
  • Non usar teléfonos fixos, só inalámbricos ou móbiles.

Dentro dun vehículo deben tomarse as seguintes precaucións:

  • Pechar todas as portas e ventás.
  • Non tocar partes metálicas do vehículo.
  • Por ningún motivo abandonar o vehículo.

En caso de que o individuo sexa sorprendido pola tormenta eléctrica mentres está ao aire libre, recoméndase o seguinte:

  • En caso de haber un edificio ou vehículo moi cerca, intentar chegar a el.
  • Situarse lonxe de obxectos altos (árbores, postes ou calquera obxecto que sobresaínte).
  • Buscar unha zona que se encontre un pouco máis baixa que o terreo circundante.
  • Non deitarse, xa que a terra húmida conduce moi ben a electricidade.
  • Intentar agacharse o máis posible, pero tocando o piso só coas plantas dos pés.
 
Sabina fendida por un raio.

En caso de sufrir a caída dun raio, a probabilidade de morte non é tan grande como poida parecer, xa que o 94% dos afectados sobreviven. Non obstante, hai que ter presente que se ben o impacto non resulta mortal, as secuelas poden ser permanentes. Algunhas das consecuencias son as seguintes:

  • Perda da consciencia, amnesia temporal ou perda total da memoria.
  • Funcionamento irregular de órganos temporal ou permanente.
  • Morte de certos membros ou órganos do corpo.
  • Perda da capacidade de sentir frío: resulta frecuente en persoas con este problema contraer catarros, gripes, pulmonías e hipotermias, que si poden causarlles a morte.
  • Outras secuelas: en moitos casos, precísase de tratamento psicolóxico para que o afectado esqueza o accidente e perda o medo á chuvia, ás tormentas, ou incluso ás simples nubes.

Historia

editar

Foi no século XVIII practicamente que comezou o estudo sistemático da electricidade. Naquela época non se coñecía unha teoría que explicase o fenómeno das tempestades e os raios que nelas se manifestaban. Benjamin Franklin comprobou a hipótese da orixe eléctrica dos raios, concibindo ademais os pararraios coa finalidade de protexer as edificacións da acción dos mesmos.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar