Ermelindo Portela Silva
historiador galego
- Non confundir co pai Ermelindo Portela Gómez (1918-2003).
Ermelindo Portela Silva, nado na Guarda o 19 de marzo de 1947[1], é un historiador galego.
Ermelindo Portela Silva | |
---|---|
Nacemento | 19 de marzo de 1947 |
Lugar de nacemento | A Guarda |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiador, catedrático de universidade, medievalista e profesor universitario |
Pai | Ermelindo Portela Gómez |
Cónxuxe | María del Carmen Pallares Méndez |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Ermelindo Portela Gómez. Licenciado en Filosofía e Letras (1970) e doutor en Historia (1975). Foi bolseiro de investigación do Ministerio de Educación e Ciencia (1971-1974) e da Fundación Juan March (1977-1978). Foi profesor adxunto de Historia Medieval da Universidade de Santiago de Compostela (1970-78) e profesor adxunto de Historia Medieval Universal e de España da Universidade de Estremadura (1981-1982). Foi catedrático de Historia Medieval da USC dende 1982.
ObrasEditar
- El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social, 1971 (con Carmen Pallares Méndez).
- La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis, 1976.
- La colonización cisterciense en Galicia (1142-1250), 1980.
- AA.VV. (1991). Historia de Galicia (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
- De Galicia en la edad media: sociedad, espacio y poder, 1993 (con Carmen Pallares Méndez).
- García II de Galicia, el rey y el reino (1065-1090), 2001.
- La reina Urraca, 2006 (con Carmen Pallares Méndez).
- Catro números d'A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007 (con Carmen Pallares):
- Número 7. T. 4, vol. 1. Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): mulleres, homes e paisaxes.
- Número 8. T. 4, vol. 2. Da Galicia antiga á Galicia feudal (séculos VIII-XI): poder e mentalidade.
- Número 9. T. 5, vol. 1. De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): campos e cidades num espazo redefinido.
- Número 10. T. 5, vol. 2. De Xelmírez aos irmandiños, a Galicia feudal (séculos XII-XIV): o encadramento social e a loita polo poder.
Vida persoalEditar
Casou coa tamén historiadora Carmen Pallares Méndez.
NotasEditar
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Portela Silva, Ermelindo". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.