Carmen Pallares Méndez
historiadora galega
María del Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada o 7 de febreiro de 1948, é unha historiadora galega.
Carmen Pallares Méndez | |
---|---|
Nome completo | María del Carmen Pallares Méndez |
Nacemento | 7 de febreiro de 1948 |
Lugar de nacemento | Agolada |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | historiadora e profesora universitaria |
Cónxuxe | Ermelindo Portela Silva |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Doutorouse en Historia. É catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).
ObrasEditar
- El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social, 1971 (con Ermelindo Portela Silva).
- El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval, 1979.
- Galicia na época medieval, 1991 (con Ermelindo Portela Silva).
- A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), 1993.
- De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder, 1993 (con Ermelindo Portela Silva).
- Ilduara, una aristócrata del siglo X, 1998.
- La reina Urraca, 2006, (con Ermelindo Portela Silva).
- Colectiva: A gran historia de Galicia, La Voz de Galicia, 2007.
- Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, 2011.
Vida persoalEditar
Casou co tamén historiador Ermelindo Portela Silva.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Santorum, Gracia (2009). Dicionario de escritores de Deza. A Estrada: Fervenza. p. 79. ISBN 978-84-96368-00-2.