Ermelindo Portela Gómez
médico e político galego
- Non confundir co fillo, Ermelindo Portela Silva (A Guarda 1947).
Ermelindo Portela Gómez, nado na Guarda en outubro de 1918 e finado no mesmo concello o 8 de xaneiro de 2003,[1] foi un médico e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1918 A Guarda, España |
Morte | 8 de xaneiro de 2003 (84 anos) A Guarda, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | médico , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Ermelindo Portela Silva |
Traxectoria editar
Fillo de Ermelindo Portela Melón. Foi director do Centro Secundario de Hixiene Rural. Foi nomeado alcalde da Guarda o 11 de febreiro de 1949, permanecendo no cargo até o 23 de abril de 1960[2]. Foi presidente da Comisión de Festas do Monte Tecla en 1952, e o último presidente da Sociedade Pro Monte Santa Tecla.
Vida persoal editar
Casou con María Luz Silva e foi pai de Francisco Javier, María José, María Lucía e Ermelindo Portela Silva.
Recoñecementos editar
Foi nomeado fillo predilecto da Guarda en marzo de 2004.[3]
Notas editar
- ↑ La Voz de Galicia, 9-1-2003, p. 41.
- ↑ "Alcaldes da Guarda". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
- ↑ "A Guarda nomea a Hermelindo Portela fillo predilecto". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 14 de decembro de 2016.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Rafael Salcidos Sobrino |
Alcalde da Guarda 1949 - 1960 |
Sucesor: Agustín Pena Pacheco |