Compostellanum. Sección de Estudios Jacobeos (ou Compostellanum. Sección de Ciencias Eclesiásticas) é unha revista católica en castelán, fundada polo cardeal Fernando Quiroga Palacios, publicada en Santiago de Compostela desde 1956, de periodicidade trimestral.

Compostellanum
Sección de Estudios Jacobeos
ou
Sección de Ciencias Eclesiásticas
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Linguacastelán, galego
Especialidadeestudos xacobeos
Fundación1956
FundadorFernando Quiroga Palacios
Primeira edición1956
Circulación
Frecuenciatrimestral
ISSN0573-2018
OCLC409932394
editar datos en Wikidata ]

Descrición editar

Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica (Sección de Ciencias Eclesiásticas) e dous de estudos históricos (Sección de Estudios Jacobeos), preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.

 
Compostellanum alterna temática, equipo de redacción (e cabeceira).

Esta revista foi fundada polo mesmo creador do Centro, o cardeal Fernando Quiroga Palacios, o cal dixo explicitamente no número 1 da publicación que «a revista quería ser un vehículo portador das inquietudes e dos traballos e investigacións dos profesores do noso seminario e doutros estudosos, sacerdotes e segrares, no que se refire ás ciencias sagradas e ás profanas, en canto con aquelas se relacionan».

Trátase dunha publicación que mantivo vivo o estudo e espírito do fenómeno xacobeo nos últimos 50 anos. Nela, publicáronse traballos de gran calado científico sobre as investigacións torno o sepulcro de Santiago. Moitos destes traballos seguen a ser referencia obrigada para os estudosos do feito Xacobeo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar