Xeremías (Anatoth, Xudea 650 a.E.C. - Daphnae, Exipto 585 a.E.C.) foi un profeta hebraico, fillo do sacerdote Hilcías. Xeremías viviu entre o 650-586 a.E.C. en Xudá, Xerusalén, Babilonia e Exipto. Foi coetáneo de Ezequiel e anterior a Daniel.

Infotaula de personaXeremías

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento650 a.C.
Anatote (Reino de Xudá) Editar o valor em Wikidata
Morte686 a.C.
Exipto Editar o valor em Wikidata
Profeta xudaísmo
Cohen (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Xudá Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoIsraelitas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónYahwisme Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote , escritor Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeséculo VII a. C. Editar o valor em Wikidata - século VI a. C. Editar o valor em Wikidata
ProfesoresZephaniah Editar o valor em Wikidata
AlumnosBaruque (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua aramea e Hebreo bíblico Editar o valor em Wikidata
Día de festividade relixiosa1 de maio Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiHilquias (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesHanamel (en) Traducir (curmán) Editar o valor em Wikidata
Xeremías, Miguel Anxo, 1509.

Chamamento e misión editar

É autor do volume da Biblia coñecido como o Libro de Xeremías. Atribúeselle a el a autoría dos libros dos Reis e do Libro das Lamentacións. O labor de Xeremías o profeta foi chamar ao arrepentimento ao reino de Xudá e principalmente aos reis Xosías, Xaquín e Sedequías, debido ao castigo imposto por Xahvéh de que serían conquistados polos caldeos se non volvían o seu corazón cara a Deus. A súa vida como profeta caracterizouse por soportar cunha férrea enteireza as múltiples premas e acusacións que sufriu a mans destes reis e dos principais de Israel, desde azoutes até ser abandonado en encoros ou encerrado na cadea.

A maioría das súas profecías foron escritas en rolos polo escriba Baruc, fillo de Nerías quen o acompañou nunha boa parte da súa misión.

Coas súas profecías sobre a invasión dos "pobos do norte" (Babilonia) desafiou a política e o paganismo dos reis de Xudea, Xaquín e Sedecías e anunciou o castigo de Xahvéh pola violencia e corrupción social, que rompían a alianza con Deus: Falan de paz, mais non hai paz, escribiu.

Segundo Xeremías 36:23, a primeira versión do seu libro profético foi destruída no lume polo rei Xaquín, baixo cuxo goberno o profeta viviu en continuo perigo de morte. A persecución contra Xeremías acrecentou baixo o mandato de Sedequías. Este, malia recoñecelo como portador da palabra de Deus, tratouno con crueldade e acusouno de espía dos babilonios, consecuencia de proclamar que Xudá sería destruída se non se arrepentía dos seus pecados e de non retomar a alianza con Xavhé. Xeremías chegou a se laiar polo seu fado, mais finalmente decidiu continuar a súa misión profética (Xeremías 20:7-11)

Xeremías chamou a libertar os escravos como mostra de conversión. En principio, o seu chamamento foi acatado, mais logo os amos volveron agrilloar os que foran ceibos. O profeta considerou que esta actitude selaba a sorte de reino de Xudá, de Sedequías e de Xerusalén (véxase Xeremías 34:8-22). O anuncio da derrota de Xudea foi acompañado, ademais, pola profecía sobre a futura destrución de Babilonia, (Xeremías 31:31) e a instauración da Nova Alianza.

No ano 587 a.E.C. Nabucodonosor derrotou os xudeus, levou presos os notábeis, escravizou milleiros de persoas, executou o rei e destruíu o Templo de Xerusalén. Unicamente os pobres foron respectados e Xeremías retirouse a Mizpah e despois a Exipto. Nabucodonosor ademais protexeu a Xeremías sacándoo da prisión de Ramá (Belén) onde estaba encadeado xunto aos principais cativos de Xerusalén e Xudá para que vivise entre os caldeos, este feito levouno a ser tratado como un traidor e espía dos babilonios. Moitos xudeus fuxiron a Exipto e foron tamén parte das profecías de Xeremías.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Philip Wilkinson, Religiões [Religions, 2008], Río de Xaneiro: Zahar, 2011.

Outros artigos editar