Orde xónica
A orde xónica é un termo arquitectónico que se refire ás normas canónicas creadas na Grecia antiga para rexer a construción dos edificios e en particular os templos. Forma coa Orde dórica as dúas ordes arquitectónicas clásicas, ás cales se engadiu no século V a orde corintia. A orde xónica, máis esvelta cá dórica, é orixinaria das cidades da costa de Asia Menor[1] e das illas gregas do Exeo influídas culturalmente por elas.[2]

Capitel xónico
Exemplos de edificios de orde xónica son:
- Templo de Atena Niké ou Nikè Àptera (421 a.C.), atribuído a Calícrates, na Acrópole de Atenas.
- Erecteion (421 a.C.-406 a.C.) de Mnesicles o Fílocles.
- Altar de Zeus (sobre o 188 a.C.) en Pérgamo, de autor descoñecido.
DefiniciónEditar
Lenda dos elementos :
- 1 - entaboamento.
- 2 - columna.
- 3 - cornixa.
- 4 - friso.
- 5 - arquitrabe.
- 6 - capitel.
- 7 - fuste.
- 8 - base.
- 9 - estilóbata.
- 10 - estereóbata.
O carácter da orde xónica vese:
- a columna apóiase nunha base circular formada, xeralmente, pola combinación de dous toros e unha escocia.
- o fuste esta xeralmente acanalado por arestas mortas (en lugar das estrías do dórico) separadas por pequenos listelos estreitos e finos (24, xeralmente).[1]
- o capitel, presenta as típicas volutas (do latín volvere).[3]
Exemplos da orde xónicaEditar
Asia MenorEditar
O templo de Diana en Éfeso na Asia Menor
Grecia AntigaEditar
O Erecteion, templo grego típico da orde xónica.
Fragmento de capitel do Templo de Atenea en Paestum.
Influencias posterioresEditar
Judd Jouse, en Ithaca (Nova York)
NotasEditar
Véxase taménEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orde xónica |
BibliografíaEditar
- Honour, Hugh; Fleming, John (1987). Historia del arte. Reverté. ISBN 84-291-1441-6.
- Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1.