A estilóbata (do grego antigo στυλοβάτης, stylobátes, que significa base sobre a que se apoian as columnas)[1] é, en arquitectura, o último chanzo da base elevada que sustenta un templo grego.

Estereóbata do templo de Segesta. O grao superior é a estilóbata.

Xunto cos outros dous chanzos forma o que se coñece como estereóbata, aínda que algúns textos prefiren o termo crepidoma para referirse ó conxunto da base elevada, e reservar o termo estereóbata para designar ós dous primeiros chanzos.

  1. Lajo (1990), p. 75

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Lajo, Rosina (1990). Léxico de arte. Madrid: Akal. ISBN 84-7600-493-1. 
  • Marín Sánchez, Rafael (2000). La construcción griega y romana. Valencia: Univ. Politécnica. ISBN 84-7721-857-9.