Na arquitectura clásica, chámase crepidoma (κρηπίδωμα do grego krepìs, base) á plataforma graduada construída en pedra sobre a que se asenta un templo. A parte superior do crepidoma chámase estilóbata (chanzo ou plano sobre o que apoian as columnas) e os chanzos inferiores estereóbata. A estrutura de pedra sobre a que se apoia o crepidoma (en pedra menos traballada porque non se ve) chámase euthynteria.

Crepidoma no templo de Segesta.

Na orde dórica, está conformada por tres chanzos que teñen a función de sobreelevar o edificio, separando simbolicamente a residencia dos deuses do nivel do chan. O chanzo superior, a partir do cal arrincan as columnas, denomínase estilóbata; e os dous chanzos inferiores, estereóbata. Na orde xónica e corintia varía o número de chanzos.

A crepidoma pode presentar decoracións como moldura ou outros motivos nas caras visibles. Ás veces, encóntranse tamén efectos ópticos, como no Partenón, onde toda a base é lixeiramente convexa para parecer, en perspectiva, máis amplo visualmente. Este efecto recibe o nome de éntase.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • De Vecchi, Pierluigi e Cerchiari, Elda (1999). I tempi dell'arte. Milán: Bompiani. ISBN 978-88-451-7107-9. 
  • Bertelli, Carlo; Briganti, Giuliano e Giuliano, Antonio (1990). Storia dell'arte italiana. "Dall’antichità all’alto Medioevo". Milán: Electa-Bruno Mondadori. ISBN 978-88-424-4655-2.