Entaboamento
Chámase entaboamento ou cornixamento [1] ao conxunto de pezas que gravitan inmediatamente sobre as columnas na arquitectura arquitrabada.
Características
editarDivídense en tres seccións:
A orixe destes elementos parece proceder do feito de que os antigos construtores imitaran en pedra as formas coas que construían en madeira. Así o arquitrabe sería a transposición en pedra dunha viga de madeira. Os triglifos do friso serían as cabezas das vigas secundarias que apoian sobre a anterior, e a cornixa sería o bordo do taboado de madeira.
Sobre a cornixa apóianse formando un coroamento, outras dúas cornixas en ángulo ou unha soa arqueada chamándose a este conxunto triangular frontón. O espazo circunscrito polo triángulo resultante recibe o nome de tímpano. Os lados do frontón conforman os laterais da cuberta.
Entre as diferentes formas de frontón as máis comúns son:
- o frontón triangular (que é o máis habitual)
- o frontón circular
- o frontón partido
- o frontón aguzado
- o frontón rebaixado (segundo a altura do triángulo)
- o gablete ou piñón é un frontón aguzado e de puro adorno propio da arquitectura oxival. Tamén se chama muro piñón á parte alta dun muro nas construcións a dúas augas terminada en forma triangular.
Notas
editar- ↑ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: Dicionario visual da construción, 2004, px. 3-04.