Abrir o menú principal

María Dolores Vila Jato

historiadora galega especializada en arte

María Dolores Vila Jato, nada en Lugo o 9 de xullo de 1950,[1] e finada o 2 de abril de 2001,[2] foi unha historiadora galega especializada en historia da arte.

María Dolores Vila Jato
Nacemento9 de xullo de 1950
 Lugo
Falecemento2 de abril de 2001
Nacionalidadeespañola
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónHistoriadora, catedrática de universidade
Linguacastelán e galego
XénerosHistoria da Arte
EstudosLicenciada en Filoloxía Francesa
Licenciada e Doutora en Historia da Arte
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Nacida en Lugo o 7 de xullo de 1950, licenciouse en Filoloxía Francesa e Xeografía e Historia (Sección de Historia da Arte), na Universidade de Santiago de Compostela (USC),[1][3] na segunda das cales obtivo o premio extraordinario de licenciatura.[1]

Na súa licenciatura en Historia da Arte presentou a súa tesina sobre Francisco de Moure,[1] escultor barroco compostelán, pero que realizou a súa maior produción artística en Ourense e, despois, en Lugo.[4]

En 1978 defendeu a súa tese de doutoramento La escultura del Renacimiento en Galicia. El manierismo, dirixida por Ramón Otero Túñez,[5] que foi cualificada coa máxima nota.[1]

En 1982 gañou por oposición a praza de profesora adxunta e, desde 1984, foi profesora titular de Historia da Arte Moderna e Contemporánea da USC.[1]

Foille concedida unha bolsa polo Ministerio de Educación para a formación do persoal investigador. Participou activamente en congresos da súa especialidade. A súa liña de investigación centrouse na arte moderna.[1]

A profesora Vila Jato foi académica correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Faleceu o 2 de abril de 2001.[2]

Morte e homenaxesEditar

Á súa morte, no salón nobre do Liceo de Ourense celebrouse unha homenaxe no seu recordo, no que o "Grupo Francisco de Moure" acordou nomeala, a título póstumo, a «amiga, mestra, conselleira e defensora a ultranza da arte ourensana», como «Membro de Honra» desa sociedade.[4] Pola súa parte, o Departamento de Historia da Arte da USC publicou un libro colectivo, en dous tomos, na súa homenaxe,[6]

Vida persoalEditar

Dolores Vila casou co profesor Ángel Sicart Giménez, historiador da arte coma ela, e tamén académico correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando,[7] e que desempeñou, entre outros cargos, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. A parella tivo un fillo.[4][8]

PublicaciónsEditar

A doutora Vila Jato foi autora de dezasete artigos de revistas, quince colaboracións en obras colectivas, dirixiu dúas teses de doutoramento e publicou seis libros:[5]

Artigos en revistasEditar

  • "José María Fenollera (1851-1918): un pintor valenciano en Galicia". El Mediterráneo y el Arte Español: Actas del XI Congreso del CEHA, Valencia, Septiembre 1996. Coord. por Joaquín Bérchez, Mercedes Gómez-Ferrer Lozano, Amadeo Serra Desfilis, 1998, ISBN 84-605-7165-3, páxs. 525-528.
  • "El Hospital Real de Santiago y el arte portugués". Anales de historia del arte, ISSN 0214-6452, Nº 4, 1993-1994. (Ejemplar dedicado a: Homenaje a José María de Azcárate y Ristori), páxs. 299-308.
  • "La capilla de la Virgen de los Ojos Grandes de la catedral de Lugo, un espacio de exaltación mariana". Ars longa: cuadernos de arte, ISSN 1130-7099, Nº 2, 1991, páxs. 29-34.
  • "Notas sobre la construcción de la fachada principal de la catedral de Lugo". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología: BSAA, ISSN 0210-9573, Tomo 54, 1988, páxs. 454-465.
  • "El retablo de San Benito en San Vicente del Pino (Monforte-Lugo): una obra del entallador Muniategui en Galicia". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, ISSN 0210-9573, Tomo 44, 1978, páxs. 213-220.
  • "El arzobispo Rajoy y su legado artístico en Pontedeume (La Coruña): aspectos de un mecenazgo". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, ISSN 0210-9573, Tomo 57, 1991, páxs. 503-516.
  • "Nueva obra de Juan de Muniategui en San Vicente del Pino (Monforte de Lemos, Lugo)". Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología, ISSN 0210-9573, Tomo 47, 1981, páxs. 464-466.
  • "Nuevas esculturas de Francisco de Moure". Boletín auriense, ISSN 0210-8445, Tomo 10, 1980, páxs. 217-226.
  • "Gregorio Español, en el retablo de la capilla de las reliquias de la catedral de Santiago". Archivos Leoneses: revista de estudios y documentación de los Reinos Hispano-Occidentales, ISSN 0004-0630, Nº 65, 1979, páxs. 123-132.
  • "Francisco de Lens en Lugo: el retablo de la iglesia de Vilabade (Castroverde)". Boletín do Museo Provincial de Lugo, ISSN 0212-8438, Nº 3, 1987, páxs. 57-68.
  • "Iconografía de San Rosendo en las sillerías corales de Galicia". Boletín auriense, ISSN 0210-8445, Tomo 7, 1977 (Ejemplar dedicado a: Milenario San Rosendo), páxs. 21-38.
  • "Notas sobre el primitivo retablo de San Froilán de la Catedral de Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo, ISSN 0212-8438, Nº 3, 1987, páxs. 49-52.
  • "Sobre el Renacimiento en Galicia: Mateo López y la arquitectura clasicista". Príncipe de Viana. Anejo, ISSN 1137-7054, Nº 12, 1991 (Ejemplar dedicado a: Jornadas Nacionales sobre el Renacimiento Español), páxs. 331-338.
  • "El Hospital Real de Santiago: un programa iconográfico de muerte y redención". Cuadernos de arte e iconografía, ISSN 0214-2821, Tomo 6, Nº 12, 1993, páxs. 241-246.
  • "El antiguo retablo mayor del monasterio de San Julián de Samos (Lugo)". Cuadernos de Estudios Gallegos, ISSN 0210-847X, T. 29, Nº 87-89, 1974-1975, páxs. 141-146.
  • "Clemente Sarela, arquitecto del pazo de Sistallo (Lugo)". El Museo de Pontevedra, ISSN 0210-7791, Nº 37, 1983, páxs. 303-314.
  • "El retablo renacentista en Galicia". Imafronte, ISSN 0213-392X, Nº 3-5, 1987-1989 (Ejemplar dedicado a: El retablo español), páxs. 33-50.

Artigos en librosEditar

  • "Tradición y renovación en la arquitectura monástica gallega en tiempos de Felipe II: Montederramo y San Clodio". Felipe II y las artes: Actas del Congreso Internacional. 9-12 diciembre 1998, 2000, ISBN 84-600-9595-9, páxs. 291-300.
  • "El coro de la Catedral de Lugo: un sermón penitencial". Los coros de catedrales y monasterios: arte y liturgia. Coord. por Ramón Yzquierdo Perrín, 2001, ISBN 84-89748-97-7, páxs. 275-290.
  • "La escultura en Galicia en el tránsito del manierismo al barroco". Tercer Congreso Español de Historia del Arte: Sevilla, 8-12 de diciembre de 1980, 1980, páx. 95.
  • "El influjo de fuentes textuales en la capilla de la Virgen de los Ojos Grandes de la Catedral de Lugo". Los caminos y el arte: VI Congreso Español de Historia del Arte, Santiago de Compostela, 16-20 de junio, 1986, Vol. 2, 2007 (El arte en los caminos), ISBN 84-7191-573-1, páx. 31.
  • "Precisiones sobre la construcción del monasterio de San Martín Pinario de Santiago". Tiempo y espacio en al arte: homenaje al profesor Antonio Bonet Correa, Vol. 1, 1994, ISBN 84-7491-491-4, páxs. 449-460.
  • "Los grandes centros monacales". La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-71-6, páxs. 265-316.
  • "Instituciones hospitalarias: hasta 1900". La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-71-6, páxs. 473-493.
  • "La iglesia". Santiago. San Paio de Antealtares. Monasterio de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela, 24 de junio-31 de diciembre 1999, ISBN 84-453-2448-9, páxs. 125-132.
  • "Instituciones de enseñanza: hasta 1900". La catedral de Santiago de Compostela. Coord. por José Raúl Seoane Prieto e José Manuel García Iglesias, 1993, ISBN 84-86614-71-6, páxs. 433-457.
  • "La Edad Moderna". Santiago. San Martín Pinario. Monasterio de San Martín Pinario, Santiago de Compostela, 27 de mayo, 31 de diciembre 1999, ISBN 84-453-2449-7, páxs. 185-200.
  • "Los espacios construídos en tiempos de Felipe II". El reino de Galicia en la Monarquía de Felipe II. Coord. por Antonio Eiras Roel, 1998, ISBN 84-453-2189-7, páxs. 499-522.
  • "Canteros cántabros y vizcaínos en el primer Renacimiento gallego". Homenaje al profesor Martín González, 1995, ISBN 84-7762-460-7, páxs. 275-278.
  • "El claustro de la catedral de Santiago". Estudios sobre Historia del Arte: ofrecidos al Prof. Dr. D. Ramón Otero Túñez en su 65º cumpleaños. Coord. por José López-Calo, 1993, ISBN 84-8121-072-2, páxs. 105-118.
  • "Capillas de la nave norte y las obras en el Pórtico". La catedral de Ourense. Coord. por José Manuel García Iglesias, 1997, ISBN 84-86614-74-0, páxs. 374-394.

LibrosEditar

Teses de doutoramento dirixidasEditar

  • "Escultura barroca orensana", de José Hervella Vázquez. Lida na Universidade de Santiago de Compostela en 1992.
  • "La arquitectura en Galicia en el paso del Renacimiento al Barroco 1600-1650: Santiago y su área de influencia", de Ana Eulalia Goy Diz. Lida na Universidade de Santiago de Compostela en 1995.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Vila Jato, María Dolores, na Gran Enciclopedia Galega. Tomo 32. Apéndice 1980-1990. Santiago/Gijón: Silverio Cañada. ISBN 84-7286-318-2.
  2. 2,0 2,1 [1]Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Archivo y biblioteca. Relación general de académicos (1752-2015).
  3. María Dolores Vila Jato en Galegos galiciadigital.com
  4. 4,0 4,1 4,2 Recuerdo para Dolores Vila Jato La Voz de Galicia. Ourense. 26/04/2002.
  5. 5,0 5,1 María Dolores Vila Jato en Dialnet.
  6. Homeaxe á Doutora María Dolores Vila Jato. USC.
  7. R.A.B.A.S.F. Académicos.
  8. Ángel Sicart Giménez, en Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. VV.AA., Santiago, Editorial Compostela, S. A., 2002, ISBN 84-8064-113-4.