Ramón Otero Túñez

historiador da arte galego

Ramón Otero Túñez, nado en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1925,[1] e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 2010,[2] foi un historiador da arte e catedrático de universidade galego.

Modelo:BiografíaRamón Otero Túñez
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1925
Santiago de Compostela
Morte9 de febreiro de 2010 (84 anos)
Santiago de Compostela
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónHistoriador da arte, catedrático de universidade
Membro de

BNE: XX965893 BUSC: otero-tunez-ramon-1925-2010 Dialnet: 49562

Traxectoria

editar

Formación

editar

Licenciouse en Filosofía e Letras, con premio extraordinario, na Universidade de Santiago de Compostela en 1946, e iniciou a especialidade de Historia da Arte baixo a dirección de Calixto García Seoane, doutorándose en 1950 na Universidade Central de Madrid coa tese La imaginería en Santiago de Compostela, dirixida por Francisco Javier Sánchez Cantón.[1]

Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para ampliar estudos nos Países Baixos (1952) e Italia (1954) e completou a súa formación con viaxes de estudo por todas as rexións españolas, Francia, Portugal e Israel.[1]

Labor docente

editar

En 1949 gañou por oposición a praza de profesor adxunto de Historia da Arte da Universidade de Santiago, cargo que logo desempeñou na Universidade de Madrid, ao lado de Sánchez Cantón. Tamén exerceu a docencia en Norteamérica (1962-1963). Neste último ano obtivo o número un nas oposicións a cátedras de Historia da Arte, exercendo durante un curso na Universidade de Murcia, trasladándose no curso seguinte á de Santiago, na que permaneceu até a súa xubilación.[1]

Cargos desempeñados

editar

Na Universidade de Santiago

editar

Otero Túñez foi director do Departamento de Historia da Arte da Universidade desde a súa constitución en 1967, secretario do Secretariado de Publicacións da Universidade (1953-1960), decano da Facultade de Filosofía e Letras (1967-1974), e primeiro decano da nova Facultade de Xeografía e Historia (1975-1980).[1]

Outros cargos

editar

Foi colaborador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do CSIC, e secretario do Centro de Estudo Xacobeos, entidade dependente da Arquidiocese de Santiago, e incorporado ao Patronato Marcelino Menéndez Pelayo do CSIC.[1] [3]

Labor de investigación

editar

Con Ramón Yzquierdo Perrín investigou o Coro pétreo do mestre Mateu da nave maior da Catedral de Santiago de Compostela, traballo que permitiu a reconstrución da maior parte do cadeirado alto nunha nova sala do Museo catedralicio, tarefa que se desenvolveu en varios anos.[2][4]

Recoñecementos

editar

Otero Túñez foi membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e da Academia Nacional de Belas-Artes de Lisboa,[1] e membro de número da sección de escultura da Real Academia Galega de Belas Artes.[5]

En 1974, Ramón Otero Túñez foi galardoado coa medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago.[1]

Con motivo da súa xubilación publicáronse dous libros na súa homenaxe:

Otero Túñez publicou catorce artigos en revistas, trinta e cinco artigos en obras colectivas, e sete libros, ademais de dirixir sete teses de doutorammento.[6]

Libros

editar
  • Arte barroco italiano. Santiago, 1952. (Reed. 1964).
  • El escultor Ferreiro (1738-1830). Santiago, 1957.
  • El escultor Francisco Asorey. Santiago, 1959.
  • La Catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea, 1977.
  • Plástiaca gallega. Entre dos siglos: Tres generaciones en la pintura gallega. Vigo, 1981.
  • El "Legado" artístico de la Compañía de Jesús a la Universidad de Santiago. Santiago, 1986.
  • El coro del maestro Mateo. (Con Ramón Yzquierdo Perrín). A Coruña, 1990.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar