Abrir o menú principal

MonaLisa sfumato.jpeg

A historia da arte é unha disciplina que estuda a evolución das expresións artísticas, a constitución e a variación das formas, dos estilos, dos conceptos transmitidos a través das obras de arte ao longo do tempo.

O termo historia da arte acostuma a designar o conxunto das obras dunha época, país ou escola das artes visuais. A arte é a expresión do momento, sexa histórico ou persoal. Os historiadores de arte procuran determinar os períodos que empregan un certo estilo estético por 'movementos'. A arte rexistra as ideas e os ideais das culturas e etnias, sendo, así, importante para a comprensión da historia da humanidade e do mundo.

Na linguaxe común, o termo historia da arte acostuma a referirse á historia das artes visuais. Se ben as ideas sobre a definición de arte sufriron mudanzas ao longo do tempo, o campo da historia da arte tenta categorizar as mudanzas na arte ao longo do tempo e comprender mellor a forma como a arte modela e é modelada polas perspectivas e impulsos creativos dos seus practicantes. Aínda que moitos pensen na historia da arte simplemente como o estudo da a súa evolución occidental, o asunto inclúe toda a arte, dos megálitos da Europa Occidental ás pinturas da dinastía Tang, na China.

(Á dereita, detalle d'A Gioconda de Leonardo da Vinci)

PeriodizaciónEditar

O campo de arte tornouse bastante abranguente e pode subdividirse da seguinte maneira:

Arte prehistórica
Arquitectura prehistórica | Arquitectura neolítica (Dolmen | Menhir | Megálito)
Arte rupestre (Pintura)
Arte antiga
Arte mesopotámica
  Arte sumeria
Arte asiria
Arte babilónica
Arte persa (Arquitectura)
Arte do vale do Nilo
  Arte exipcia (Arquitectura | Pintura | Escultura)
Arte exea
  Arte cicládica
Arte minoica
Arte micénica
Arte fenicia
  Arte fenicia
Arte da antigüidade clásica
  Arte etrusca
Arte grega (Arquitectura | Escultura | Pintura)
Arte helenística
Arte romana (Arquitectura | Escultura | Pintura)
Arte do cristianismo
  Arte paleocristiá
Arte medieval
  Arte islámica
Arte bizantina
Arte prerrománica
  Arte céltica
Arte merovinxia
Arte carolinxia
Arte otoniana
  Arte románica (Arquitectura | Escultura | Pintura)
Arte gótica (Arquitectura | Escultura | Pintura)
Arte do Renacemento á modernidade
  Renacemento (Arquitectura | Escultura | Pintura)
Manierismo
  Barroco (Música)
Rococó
  Neoclasicismo
Academicismo
Romanticismo
Arte moderna
  Naturalismo
Realismo
  Impresionismo
Post-impresionismo
Puntillismo
Divisionismo
  Simbolismo
Decadentismo
Art noveau
Arts & crafts
Arte contemporánea
  Expresionismo
Fauvismo
Die Brücke
Der blaue Reiter
  Cubismo
Abstraccionismo
Construtivismo
De Stijl
Bauhaus
Suprematismo
Realismo socialista
Futurismo
Dadaísmo
Mail Art
Surrealismo
Pós-modernidade
Pop art
Op art
Minimalismo
Neoconcretismo
Arte conceptual
Realismo socialista

Por localización xeográficaEditar

Arte europea
Arte africana
Arte bérber | Arte mourisca
Arte asiática
Arte do Próximo Oriente: Arte islámica
Arte do Extremo Oriente: Arte chinesa (Cerámica) | Arte xaponesa (arquitectura | cerámica) | Arte tibetana | Arte indiana
Arte americana
Arte precolombiana: (Mesoamérica) - Arte olmeca | Arte tolteca | Arte maia | Arte azteca | (Andes) - Arte inca
Arte norteamericana: Arte india
Arte oceania
Arte aboríxene

Véxase taménEditar