De Stijl

(Redirección desde «Neoplasticismo»)

De Stijl (en galego O estilo, pronunciado [də ˈstɛɪl]) tamén coñecido ás veces como neoplasticismo, foi un movemento artístico holandés nado no ano 1917. O termo De Stijl úsase para referirse a un obxecto creado por artistas holandeses entre os anos 1917 e 1931. De Stijl tamén foi o nome dun xornal fundado polo crítico Theo van Doesburg, que facía propaganda das teorías do grupo.[1]

Historia

editar

Ademais de Van Doesburg, os principais membros do grupo eran os pintores Piet Mondrian e Bart van der Leck, e os arquitectos Gerrit Rietveld e J.J.P. Oud. A Filosofía artística na que se apoiaba o grupo era o neoplasticismo ; a nova arte plástica (ou Nieuwe Beelding en neerlandés).

De Stijl propoñía unha utopía ideal e espiritual de harmonía e orde. Evocaban a máis pura arte abstracta reducíndose as máis simples formas e cores. Eles facían simples composición visuais en vertical e horinzontal usando só cores primarias xunto co negro e branco.

Principios e influencias

editar

O movemento De Stijl foi influenciado polo cubismo, xunto con outros mitos e ideas sobre a forma xeométrica ¨ideal¨ (como a ¨perfecta liña recta¨) na Filosofía neoplatónica do matemático M. H. J. Schoenmaekers. Os traballos do De Stijl tamén foron influenciados polo estilo internacional da arquitectura e deseño de roupa e interiores do Bauhaus.

Na música, De Stijl só se influenciou do compositor Jakob van Domselaer. Entre 1913 e 1916 compuxo o seu Proeven van Stijlkunst ('Experimentos na arte artística'), inspirado polas pinturas do seu amigo Modrian.

Lista dos neoplasticistas

editar

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar