Construtivismo (arte)

O construtivismo é un movemento artístico e arquitectónico de orixe rusa que se pode encadrar dentro das vangardas ou "ismos" xurdido en Europa durante as primeiras décadas do século XX.

Construtivismo (arte)
Instancia deestilo artístico, escola filosófica, estilo e estilo arquitectónico Editar o valor en Wikidata
Influído porcubismo Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesBNE: XX530269
Wikidata ] C:Commons ]

A súa denominación procede dun crítico que a utilizou en 1913 para se referir a uns relevos de Vladimir Tatlin, pero como movemento non xurdiu até 1920, apoiado polo Manifesto realista dos irmáns Pevsner e Gabo. Fai fincapé no abstracto, relacionado coa industria e a técnica, e é xeométrico e funcional. Ten moitos puntos de contacto co cubismo, o futurismo, o suprematismo e o Dadaísmo. Entre outros autores construtivistas destacan Vladimir Tatlin, Pevsner e o seu irmán N. Gabo, Alexander Rodchenko, A. Vesnin e László Moholy-Nagy


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.