Vladimir Tatlin

artista ruso

Vladimir Evgrafovich Tatlin (en ruso: Владимир Евграфович Татлин), nado en Moscova [1] o 28 de decembro de 1885 e finado en Moscova o 31 de maio de 1953, foi un pintor e arquitecto soviético. Xunto con Kasimir Malevitch converteuse nunha das dúas figuras máis importantes do movemento artístico do Avant-garde soviética na década de 1920.

Vladimir Tatlin
Nacemento16 de decembro de 1885
Lugar de nacementoKhárkiv
Falecemento31 de maio de 1953
Lugar de falecementoMoscova
Causadoenza infecciosa
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeImperio Ruso, Unión Soviética e Rusia
Alma máterPenza Art School
Ocupaciónpintor, arquitecto, escultor, profesor universitario, ilustrador, escenógrafo, deseñador, gravador, assemblage artist, collagist, artista gráfico e architectural draftsperson
FillosAnatoly Romov
Coñecido porMonumento à III Internacional
Na rede
Find a Grave: 13688218 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Tatlin foi fillo dun enxeñeiro de raís ruso e unha poeta de orixe ucraína. Traballou como cadete nun barco mercante e pasou algún tempo no mar. A súa carreira artística comezou como pintor de iconas en Moscova, mentres asistía á Escola de Pintura, Escultura e Arquitectura de Moscova.

Tatlin gañou fama como o arquitecto que deseñou o xigantesco Monumento á Terceira Internacional, tamén coñecido como a Torre de Tatlin. Ideado no ano 1920, o monumento tiña que ser unha alta torre de metal, cristal e ferro a cal podería aloxar á Torre Eiffel de París no seu interior (era un terzo maior). Dentro da estrutura de ferro e metal xiratoria o deseño propoñía a construción de tres bloques de edificios, cubertos de fiestras de cristal, e poderían rotar segundo o tamaño unha vez ó día, ó mes ou ó ano. O seu alto orzamento fixo que Tatlin non puidese executa-lo proxecto.

Tatlin tamén fundou a arte construtivista que cuestionaba a antiga idea da pintura. Destacaron nesta arte Manuel Rendón Seminario, Joaquín Torres García, László Moholy-Nagy, Antoine Pevsner e Naum Gabo.

Aínda que eran grandes amigos cando comezaron as súas carreiras, Tatlin e Malevich diverxeron cando Malevich non se puxo de acordo co Construtivismo de Tatlin. Isto fixo que Malevich desenvolvese o seu programa Supremacista na cidade de Vitebsk, onde fundou unha escola chamada UNOVIS (Campións da nova arte). O Supremacismo viu a luz no ano 1915 na "0.10 exhibition", unha das exposicións máis importantes do Avant-garde ruso, tamén chamada "a exhibición dos últimos futuristas".

Tatlin tamén se dedicou ó estudo e deseño de roupa, obxectos etc. Ó final da súa vida comezou a estuda-lo voo dos paxaros, buscando un xeito de cumpri-lo soño da humanidade, poder voar.

Tatlin morreu o 31 de maio de 1953 e foi soterrado no Cemiterio Novodevichy, en Moscova.

Notas Editar

  1. Lynton, Norbert (2009). Tatlin's Tower: Monument to Revolution. New Haven: Yale University Press. p. 1.