Arte mudéxar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
A arte mudéxar é a arte que practicaban os mudéxares e mouriscos. Tivo lugar do século XII ao XVI, e foi un fenómeno autóctono e exclusivamente hispánico; con todo non tivo pegada en Galicia, Asturias e Cantabria, pola pouca influencia mourisca nestas zonas. Aínda que tamén chegou ás Américas, ás colonias españolas. Basicamente, é un estilo cristián mais que incorpora influencias, elementos ou materiais de estilo hispano-musulmán.
Estilo artístico
editarNesta arte influíu a situación fronteiriza, sempre móbil. O estilo europeo ía penetrando na península e ía paseniñamente condicionado polo mudéxar. A posterior conquista do Al-Àndalus deu un mudéxar máis novo e con influencias directas da arquitectura tradicional. Unha figura de importancia no mudéxar é o albanel ou alarife (obreiro entendido coma mestre de construción) e o seu mundo, en contraposición coa cantaría e os pedreiros. O alarife utilitzaba azulexos, xeso, escaiola, cachotaría, madeira etc. A súa situación de vencido transfórmao en man de obra barata e en condicións de construír o que lle ordenen os seus clientes, que foron igrexas, sinagogas, fortificacións, pazos etc. Posteriormente os cristiáns aprenderon esta tradición. Sen crebar na modestia esta arte pretende dar toda a animación que pode unicamente usando os materiais mencionados. Entre os elementos típicos saloientan: grellas (tipo xadrez), espiñas de peixe, pequenos cantos, arcos cegos, redes de rombos (sebka).
Escolas
editarNa arte mudéxar destacan tres escolas:
- Foco Leonés e Castelán: os máis antigos, con grandes influencias da arte románica. os seus edificios de azulexos ofrecen unha decoració con arcos cegos de medio punto, xogos de recadros con frisos con dentes de serra. Son moi numerosas as igrexas.
- Aragón: cunha personalidade moi característica, sorprende o seu colorismo que recibe o uso de azulexos exteriores e os innumerábeis recursos que extraen das baldosas cerámicas. Cómpre salientar as orixinais torres das igrexas.
- Andalucía: En Córdoba mantense o uso da pedra, mentres que en Sevilla predomina o ladrillo, as formas almohades e a construción de capelas funerarias. Principalmente esta escola está representada por igrexas, pazos e sinagogas.
No século XIX, xunto con outros estilos, rexorde a arte neomudéxar.
Obras mudéxares salientábeis
editarAragón
editar- Torres de Teruel ou de Tarazona; Daroca (Zaragoza); Palacio da Aljafería (Zaragoza); e diversas igrexas en todo Aragón.
Comunidade Valenciana
editar- Alfauir: Mosteiro de San Xerónimo de Cotalba, claustro mudéxar.
- Valencia: Banys de l'Almirall, baños de arquitectura mudéxar.
- Xèrica: Torre de la Alcudia, de inspiración mudéxar.
Castela
editar- Igrexas arredor do río Douro.
- Toledo: Igrexa de Illescas, Sinagoga do Transito, diversas casas.
- Valladolid: Palacio de Tordesillas, en Tordesillas.
- Ávila: Arévalo "La lugareja".
- Segovia: Alcázar.
- Burgos: Mosteiro de las Huelgas.
León
editar- Sahagún, igrexa de San lourenzo, mosteiros.
- Mosteiro de San Facundo en Oseja de Sajambre
- Salamanca
Estremadura
editar- Mosteiro de Guadalupe (Cáceres)
Andalucía
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arte mudéxar |