Daroca
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Daroca (en galego antigo: Darouca[1]) é unha cidade aragonesa situada na comarca do Campo de Daroca, na provincia de Zaragoza. A súa poboación era de 2.274 habitantes en 2007. O seu concello ocupa unha área de 52,24 km², o que significaba unha densidade de poboación de 43,81 hab/km². A cidade dista 83 km da capital provincial, Zaragoza.


Xeografía Editar
Está enclavada na conca de Calatayud, na depresión do río Jiloca, a 797 metros de altura sobre o nivel do mar.
Historia Editar
Calat-Darawqa, como a denominaron os musulmáns, foi reconquistada polo rei Afonso I de Aragón en 1121, que lle deu unha primeira carta foral no ano 1141. Ramón Berenguer IV deulle unha segunda carta foral en 1142. Mercé este foro, Daroca tornouse na capital da Comunidade de Daroca. En 1366 o rei Pedro IV outorgóulle o título de cidade.
Logo da morte de Carlos II, Daroca abrazou en 1706 a causa do pretendente austríaco, o arquiduque Carlos, en contra dos intereses de Francia, encarnados polo duque de Anjou, Filipe V. A cidade foi submetida polas tropas do Borbón, o que deu fin a seis anos de autonomía municipal.
Durante a Guerra de Independencia española, as tropas de Napoleón entreranon en Daroca en xuño de 1808 e destruíron algunhas edificacións relixiosas, deixando unha gornición permanente. Daroca foi liberada en agosto de 1813. Na súa volta a España, o rei Fernando VII coñecerá o contido da Constitución de 1812 en Daroca.
No período das Guerras Carlistas foi praza pola que se interesaron os carlistas, que a ocuparon en 1834, 1837 e 1872. Porén as ocupaciéns foron breves xa que a cidade foi leal á monarquía constitucional.
A inauguración do ferrocarril Teruel-Calatayud non trouxo o necesario pulo para Daroca que se esperaba.
Sitios de interese Editar
- Murallas medievais (con máis de 4 km de perímetro).
- Portas da muralla.
- Igrexa de San Miguel.
- Igrexa de San Xoán.
- Fonte dos vinte canos.
- Pazo dos Luna, do século XV.
- Ruejo del Milagro, unha moa de muíño (ruello en aragonés, castelanizado localmente en ruejo) que salvou Daroca nunha chea.
Celebracións Editar
- Festival de Música Antiga (Xullo).
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Daroca |